Foz
O próximo 14 de agosto celebrarase a duodécima edición da Marcha Nocturna, que organiza a asociación Sendeiros de Foz. Como sempre, será pola ruta das praias de Foz e dará comezo ás 22 horas diante do Concello. Os organizadores lembran a importancia de levar farol ou lanterna.
Para participar é obrigatorio anotarse antes do 12 de agosto nos teléfonos 606718482 ou 670369017 e no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo a pagar será de 5 euros para os non federados, que incluirá seguro de accidentes. Ademais haberá chocolate e biscoito.
O evento conta coa colaboración do Concello. Pasando por diferentes puntos da vila, a marcha rematará na praia da Rapadoira.
Esta mañá presentouse no Cenima de Foz a segunda edición do festival Vrao Sons Independentes, que se celebrará o día 12 deste mes, sábado, na praza Conde de Fontao da vila focega.
O promotor do festival, Antonio Paz, explicou: “despois do éxito acadado o ano pasado creemos que este formato de festival chegou para quedar e proba diso é o apoio institucional recibido por parte principalmente do Concello de Foz, a Deputación de Lugo e a ACIA; e desde a organización non podemos estar máis agradecidos a estas institucións por permitirmos seguir promocionando a cultura musical realizada na nosa terra”.
E o alcalde de Foz, Fran Cajoto, destacou a variedade de programación que promove o Concello de Foz durante a tempada de verán e fóra dela: “estamos a falar de todo tipo de actividades, probas deportivas, actuacións de...
leer másO Concello de Foz e a asociación O Noso Foz presentaron hoxe, venres, o cartel das festas do San Lourenzo.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “coma todos os agostos, Foz énchese de música e cor coas súas festas do San Lourenzo. A asociación O Noso Foz e o Concello presentan un cartel cheo de actividades para todos os públicos, que engade ao municipio atractivo para visitalo”.
Inés López engade que “esta semana o pistoletazo de saída dáse o domingo 6, día en que se celebrará o IV Festival de Bandas Vila de Foz. Organizado pola Banda de Música de Foz coa colaboración do Concello, contará coa actuación da Banda de Música Municipal de Meira e da Banda Sons e Soños, ademais da anfitrioa. O concerto será ás 20.00 horas na praza Conde de Fontao. A vindeira semana será a grande das festas do San...
leer másCD Lugo e SD Compostela disputarán este sábado, 5 de agosto, ás 18:00 horas no campo Martínez Otero a XXXIV edición do trofeo de fútbol Vila de Foz. Foi presentado hoxe, xoves, na Casa do Concello polo alcalde, Fran Cajoto; a concelleira de Xuventude, Zoraida Coira; e o presidente do CD Foz, Pepe Rivera.
Rivera destacou: “este ano temos un cartel con dous equipos históricos da nosa Galicia, o Club Deportivo Lugo e a Sociedad Deportiva Compostela, e parécenos que vai ser un derbi interesante. Queremos poñer en valor a axuda do Concello e tamén agradecemos a todos aqueles directivos e outras persoas que se acercaron ao campo para axudar nos traballos de última hora. O partido empezará ás seis da tarde, pero as taquillas xa se abrirán ese mesmo día, o sábado, de 12 a 14 horas e tamén de 16 a 18 horas; é importante para todos aqueles que non...
leer másO vindeiro 6 de agosto celebrarase en Foz o IV Festival de Bandas ás 20 horas na Praza Conde Fontao, que contará coa participación da banda Sons e Soños, a Banda Municipal de Meira e a propia Banda de Música de Foz.
En primeiro lugar intervirá a banda Sons e soños, dirixida por Armando Morales Blanco, que conta con músicos de Rábade, Begonte, Outeiro de Rei e Friol.
Seguidamente, a Banda Municipal de Meira, dirixida por Francisco Javier García Canto, que celebrou recentemente o seu 20 aniversario e mesmo están a sacar un disco para a ocasión. Ademais contou coa participación da propia banda de Foz.
E por último a banda da vila de Foz actuará tamén neste evento musical baixo a dirección de Pablo Peláez.
Os Sendeiros de Foz organiza unha nova andaina. Nesta ocasión será para realizar a ruta circular de Fazouro con saída ás 9 horas desde a Ponte de Ferro (Fazouro) o vindeiro sábado, 5 de agosto.
O último día para anotarse será o venres 4 e os prezos, como de costume, serán de 5 euros para os non federados e de balde para os que si o sexan.
Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo, xa que a dificultade da ruta a realizar é media. As persoas interesadas en anotarse ou recibir máis información poden dirixirse aos teléfonos 670.369.017 e 606.718.482 e ao correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Os Sendeiros conta coa colaboración do Concello de Foz.
Este venres, 28 de xullo, terá lugar a inauguración da exposición “Somos Mar” ás 19.30 horas en Foz, no Cenima. A sociedade cultural A Rula é a organizadora do evento artístico, que será de visita libre no horario do propio Cenima (9 a 14 horas de luns a venres) situado no Paseo da Ribera, 4. Tamén poderá facerse a través dunha visita guiada, na que se convida aos participantes a compartir os seus coñecementos e experiencias.
A mostra pretende dar a coñecer o pasado mariñeiro da vila de Foz dende a emoción do relato da memoria colectiva do pobo, que aparece representada en cada unha das pezas recollidas. Ademais simboliza unha homenaxe a todos os homes e mulleres que fixeron do mar o sustento e parte da identidade da vila.
Tanto a asociación como a propia mostra nace do esforzo de Salustiano Alonso e...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco organiza na Casa da Cultura Poeta Manuel María, de Foz, unha nova edición das xornadas de historia de Foz. As conferencias celébranse entre 31 de xullo e 3 de agosto a partir de 20:30 horas.
O 31 de xullo ás 20:30 Antón Niñe falará do escultor Xosé Rivas e a súa relación con Foz e A Mariña.
O 1 de agosto ás 20:30 Alexandre Vigo falará de San Martiño, Mailoc e o mosteiro Maximum.
O 2 de agosto ás 20:30 Xavier Rivera disertará sobre a II Guerra Mundial na comarca da Mariña.
E o 3 de agosto ás 20:30 Alba Díaz falará de motíns e as revoltas na Mariña do século XIX.
AciaFozCCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará do 20 ao 22 de xullo.
Durante esas xornadas os establecementos comerciais participantes sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.
Nesta nova edición do Comercio na Rúa daranse cita 34 negocios, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Antigüedades Álvarez, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Chuvia Complementos, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, La Flor Abulense-2, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mexicosas, Mi Casa, OfiFoz, Sensación Surf, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet, Xanela Complementos, Xoguetería Bahía e Yo te mimo.
O...
leer más
A Libraría Bahía acollerá o xoves, 20 de xullo, ás 21 horas a presentación do libro Consciencia: a ciencia que nos rescatou da pandemia, de Sonia Villapol. A autora é neurocientífica, procedente de A Pastoriza mais afincada en Houston, onde investiga e dirixe o Centro Médico de Texas.
No seu libro, conta as consecuencias e incluso beneficios da reacción mundial fronte á COVID a hora de idear coas vacinas en tempo récord para que cesasen as mortes e que a vida puidera volver ao seu cauce habitual o antes posible.
A Libraría Bahía, situada na Avenida da Mariña, 42, de Foz, ofrece a posibilidade de adquirir o libro tanto alí como na súa páxina web.