Foz
O Concello de Foz acaba de instalar diante do Cenima tres paneis informativos relativos ás rutas de sendeirismo que hai no municipio. Anunciouno o concelleiro de Turismo, Chema Linares, quen explica: “trátase de tres tótems a dobre cara realizados en aceiro corten nos que recollemos toda a información necesaria sobre as rutas de sendeirismo. Cada ruta aparece cun color que a identifica e cun mapa moi intuitivo e fácil de interpretar, relaciónanse os recursos turísticos ao longo da ruta e inclúe unha información técnica sobre a dificultade, a distancia e dureza da mesma, cun breve texto descritivo da ruta en galego e castelán así como códigos QR de enlace a plataformas dixitais do sector, como Google Maps, Wikiloc, Avenza, e unha selección de fotografías características das rutas”.
Chema Linares engade que “é o resultado dun longo traballo...
leer másComezan as actividades de Nadal en Foz co acendido da iluminación este venres, 2 de decembro, ás 18:30 horas na praza Conde de Fontao.
O alcalde, Fran Cajoto, anuncia que “Foz prepárase para acoller un Nadal familiar e especial. Por iso dende o Concello trabállase arreo para que todo estea listo para que as próximas datas sexan o máis especiais posibles, sobre todo para os máis pequen@s. Cremos que o alumeado e a decoración de Nadal son absolutamente necesarios, transmiten ilusión e fantasía nunhas datas familiares que invitan ao reencontro. Somos coherentes coas medidas actuais e o custo da enerxía, polo que decidimos reducir o tempo de acendido e por iso estará en funcionamento entre as 18.30 e ás 23.30 horas, acurtando así o consumo. Todo o alumeado contará con reloxos que realizarán a conexión e desconexión. En canto ás figuras...
leer másEste xoves, 1 de decembro, ás 20:30 horas terá lugar na Libraría Bahía, en Foz, a presentación de Kéltiga, cartas mitolóxicas galegas.
Trátase dun xogo de cartas que representan figuras, lugares e sucesos da mitoloxía galega e que veñen acompañadas dun libro que explica a orixe e sentido das mesmas.
Kéltiga é unha obra de Carmen Tomé, Katova de nome artístico, antropóloga e artista plástica autora das cartas e dos estudio antropolóxico que as acompaña.
Na presentación este xoves estará xunto coa autora, Jacinta Martín coa que relizará unha representación de tres historias utilizando o teatro xaponés Kamishibai.
O luns, 28 de novembro, ás oito e media da tarde, no marco das actividades do club de lectura A carón dos libros, na Libraría Bahía contarán coa presenza da escritora e académica María López Sández “coa que compartiremos conversa sobre a súa novela O faro escuro”, explican.
Esta é unha actividade aberta e gratuíta para todo o público que se queira achegar á libraría. Antes, esa mesma tarde, María estará no IES de Foz conversando co alumnado.
A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha ruta pola localidade asturiana de Luarca o domingo 4 de decembro. Trátase da ruta denominada La Cangrexa. A saída desde Foz será ás 07:30 horas e ás 07:45 horas desde Ferreira do Valadouro.
Esta actividade inclúe o xantar e os prezos son: 36 euros para socios federados, 40 euros para socios non federados e 44 euros para socios temporais.
O prazo para anotarse remata o 30 de novembro e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta ruta, que é de dificultade media, a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
Afundación e ABANCA asinaron un convenio de colaboración co Concello de Foz para a realización da exposición «O noso planeta» que se poderá visitar de luns a venres de 09.00 a 14.00 horas no CENIMA desde o vindeiro 2 de decembro ata o 5 de xaneiro. «O noso planeta», reflexo do compromiso de Afundación coa sostibilidade e a protección do medio ambiente, está baseada na recoñecida serie homónima producida por Netflix e que bateu todos os récords de audiencia da súa programación, superando calquera serie ou película da súa carteleira. Ao acto de rúbrica asistiron Francisco Cajoto Caserío, alcalde de Foz; Óscar Rodríguez Rodríguez, coordinador institucional de ABANCA en Lugo e Ourense; e Beatriz Fernández-Anguiano, coordinadora institucional de Afundación en Lugo e Ourense.
A proposta da Obra Social de ABANCA consiste en presentar unha...
leer másPara conmemorar o Día internacional contra a violencia de xénero o Concello de Foz organiza unha concentración este venres, día 25, con lectura dun manifesto e tamén de textos por parte do alumnado do IES de Foz contra a violencia de xénero e na defensa dos dereitos das mulleres de todo o mundo.
A concelleira focega Ana Rojo explica que “este ano o Concello de Foz, a través da área de Muller e Igualdade, conmemora o 25N (Día internacional contra a violencia de xénero) cunha serie de actos que comezou cunha andaina organizada pola asociación de camiñantes de Barreiros, coa colaboración de Mulleres en Igualdade da provincia de Lugo, xunto coa asociación Os Sendeiros de Foz, onde recollemos o testigo como símbolo da loita contra a violencia de xénero e a repulsa de todo o pobo de Foz. Ano tras ano este testigo irase pasando entre todos os...
leer másSerá o vindeiro venres, día 26, ás 21,30 horas, na antigo local da báscula de Marzán, onde ten a súa sé a Asociación Torques de Marzán, en Foz.
“Os do grupo teatral O Centiño estaremos, como adoitamos facer, presentando a nosa última obra, A morte morrida, na que o pobre Crispín, que vén de xubilarse, perde o ánimo para seguir vivindo e comete o erro de identificar xubilación con morte”, explican desde o grupo de teatro.
Este domingo, 20 de novembro, celebrarase a segunda das 4 etapas do “Camiño Gastronómico do Mar 2022”, que organiza a Asociación Amigos do Camiño do Mar Peregrinación a Santiago de Compostela en colaboración coa Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela.
Unha vez superada a primeira etapa, que uniu Ribadeo e Barreiros o pasado domingo, esta semana celébrase a segunda etapa do “Camiño Gastronómico do Mar 2022”, que durante catro fins de semana está a percorrer os oito concellos da costa lucense polos que pasa o Camiño do Mar, visitando cada domingo dous deles.
Para participar en cada etapa é necesario inscribirse antes de cada xoves na web da asociación (https://www.asocaminodelmar.com/acciones/camino-gastronomico). Para esta...
leer másO Concello de Foz inicia este mércores, día 9, unha nova edición do ciclo de charlas médicas, actividade que foi presentada hoxe, luns, coa participación do alcalde, Fran Cajoto; da concelleira de Sanidade, Katherina Alonso; e da xerente do Hospital Público da Mariña, María José Cortés.
A concelleira de Sanidade, Katherina Alonso Machado, explica que “o Concello de Foz volve apostar por achegar información de saúde á veciñanza coas súas charlas médicas. Coma en anos anteriores, serán no mes de novembro, comezando este mércores 9 falando dun tema de moito interese e que cada ano foi indo en aumento, as alerxias, co título Alerxia no mundo actual: de onde vimos e cara a onde imos. Será impartida polo alergólogo do Hospital Público da Mariña, Nicola Giangrande. A segunda charla terá lugar o día 16, abordando tamén un tema moi actual como e a...
leer más