Foz
AciaFozCCA regalará 15 soldos por mercar en Foz. Son 6.000 euros en vales de compra ós que destina ás campañas do día do pai e da nai, que foron presentadas hoxe nun acto no que participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, o concelleiro de Comercio, Chema Linares, e o presidente da asociación empresarial focense, José Carlos Paleo.
Todas aquelas persoas que fagan as súas compras nos establecementos asociados a AciaFozCCA desde o 11 de marzo ao 1 de maio entrarán no sorteo de 5 soldos mensuais de 100 euros e 10 soldos mensuais de 50 euros, que as afortunadas e os afortunados poderán gastar entre xuño e novembro. José Carlos Paleo explicou que “quixemos facer esta campaña especial coa dobre celebración do día do pai e do día da nai para tentar dinamizar o noso comercio tanto nas compras...
leer másCatorce escolas de hostalería de Galicia, Asturias, País Vasco e Castela e León participarán no XIV campionato de baristas organizado polo IES de Foz, que se celebra este xoves e venres. Foi presentado hoxe, luns, no salón de actos do centro polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias; a xefa territorial da Consellería de Educación, Mariña Gueimunde; o alcalde de Foz, Fran Cajoto; e o director do IES focense, Nicolás Asensio. No acto participou tamén o director do CIFP Porta da Auga, de Ribadeo, Isidro Berdeal, xa que se aproveitou a presentación para inaugurar a food truck do IES de Foz, vehículo que foi acondicionado coa colaboración do centro de formación profesional ribadense.
O delegado da Xunta destacou que “es una muestra del gran trabajo que se hace a través de los centros, por parte de los profesores y de...
leer másO Concello de Foz conmemora o Día da Muller cunha concentración, o 8 de marzo, e dúas representacións teatrais, que serán os días 9 e 17 deste mes. Tamén haberá unha exposición con photocall de debuxos denunciando o maltrato cara as mulleres, realizados por alumnado do IES de Foz. O programa foi presentado hoxe, venres, polas concelleiras de Muller, Ana Rojo, e de Cultura, Inés López.
O martes 8 de marzo, Día da Muller, de 10:00 a 13:30 horas haberá puntos de información e realización de actividades de sensibilización e igualdade na praza do Concello e na Conde de Fontao, na Glorieta de Vilalba e no parque Martínez Otero. E ás 19:00 horas na Praza do Concello terá lugar a concentración con lectura dun manifesto e de textos de autoras galegas por parte do alumnado do IES de Foz ademais da solta de globos lilas.
E...
leer másAta o 12 de marzo pódese visitar no Cenima, en Foz, a exposición do Entroido que neste 2022 está dedicada a Pé do Molete, unha peña focense que foi a pregoeira deste ano.
Trátase dun percorrido fotográfico polos seus anos de inxenio, acompañado do colorido dos disfraces.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta por terras de Lalín o 13 de marzo.
A saída será ás 6:00 horas de Foz, diante de Cenor, e ás 6:15 desde Ferreira.
As persoas interesadas poderán anotarse ata o 9 de marzo nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Os prezos serán de 50 euros para os socios federados, 54€ para os socios non federados e 58 euros para os socios temporais. Está incluído o bus e o xantar.
A ruta, cun nivel de dificultade medio, percorrerá a zona do Castro de Doade e os participantes desfrutarán dun cocido ademais de visitar un museo con obxectos tradicionais e castrexos.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo, pasaporte covid e mascarilla.
... leer másA asociación cultural A Pomba do Arco organiza o domingo, 27 de febreiro, a partir das 20:30 horas no salón de actos do colexio Martínez Otero de Foz, unha nova edición do Touporroutou, espectáculo xa clásico do Entroido focego, que como en anteriores ocasións correrá a cargo do grupo Touporroutou Teatro, o grupo de pandeireteiras da Subela e o grupo de rock focego Os Kentakis.
A organización deste evento implica o retorno á actividade desta entidade cultural após o parón imposto nos últimos dous anos pola pandemia. Neste sentido a directiva do colectivo lembra que a última actividade promovida pola Pomba do Arco en 2020 foi precisamente o Touporroutou. Ao tempo, significa que a asociación programa para o mes de marzo e abril un completo programa de actos onde se recolle a recuperación das Xornadas de Arte.
A...
leer másA organización do Entroido de Foz continúa avanzando e abre as inscricións para o seu desfile, que se celebrará o sábado 26. Ata o día 22 de febreiro ás 14.00 horas tod@s aqueles que queiran desfilar poderán anotarse no correo electrónico desfileentroidofoz22@gmail.com ou na Delegación de Cultura do Concello de Foz.
Para desfilar será necesario cumprimentar a documentación relativa a participantes (de todas as idades), vehículos e presentar os certificados COVID para que a organización os valide, no momento da presentación da documentación ou ben o día do sorteo de postos. En ningún caso se permitirán inscricións o mesmo día do desfile, xa que por motivos organizativos faise imposible. As dúbidas dos posibles participantes serán resoltas no teléfono 982.14.00.27, extensión 3 (Cultura)....
leer másLibraría Bahía de Foz organiza o club de lectura A Carón dos Libros que comezará a funcionar no mes de marzo.
As persoas interesadas en participar poden inscribirse na propia Libraría Bahía, na Avenida A Mariña, 40. A cota será de 10 euros mensuais cos que se pretenden sufragar parcialmente as actividades que se desenvolvan.
Este club de lectura estará dirixido por María Liñeira, doutora en Filoloxía con experiencia docente na universidade, con quen se celebrarán reunións mensuais para comentar os libros recomendados. Ademais realizaranse actividades complementarias, como a visita de autores e autoras ou encontros con outros clubs de lectura.
As actividades deste club darán comezo o 3 de marzo ás oito e media da tarde co libro Azucre de Bibiana Candia, autora que probablemente participe...
leer másXa se coñecen os nomes dos gañadores do sorteo de San Valentín de AciaFozCCA, que puxo en xogo 10 vales de compra de 50 euros cada un. Todas as persoas que acudiron ás pastelerías Amarena, Anduriña e Xoyma a adquirir os doces afrodisíacos para celebrar San Valentín recibiron papeletas para participar nesta cita.
O sorteo tivo lugar esta mañá en Radio Foz e as afortunadas e afortunados son: Nilo Rego, Marisol Lombardía, Katherina Alonso, Mónica González, Santi Fraga, Nuria Fernández, Carmen Seco, Helen Grela, Ilse Gagliardi y Saturnino Fernández.
O concelleiro de Comercio, José María Linares, a xerente de AciaFozCCA, Ana Segade, Mara Río (de Anduriña), Fernando López (de Xoyma) e Ángel Casas (de Amarena) acudiron ao sorteo celebrado esta mañá na emisora municipal focense.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha viaxe á Alberca por terras salmantinas, que terá lugar do 14 ao 17 de maio.
A saída será o sábado 14 ás 6:00 horas de Foz e ás 6:15 horas de Ferreira.
As persoas interesadas en participar poden anotarse ata o día 6 de marzo, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 276 euros para os socios federados; 286 euros para os socios non federados e 291 euros para os socios temporais. Inclúe pensión complete en habitación dobre.
As rutas teñen un nivel de dificultade medio e o guía da viaxe será Santos Cordovilla, con quen se visitarán cinco conxuntos históricos como San Martín del Castañar e Mogarraz e de regreso visitarase o Canal de Castilla, obra de enxeñería do...
leer más