Foz
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta por terras de Trabada o 23 de xaneiro. A saída será ás 9:00 horas de Foz, diante de Cenor, e ás 8:45 de Ferreira.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 21 de xaneiro nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. A actividade é gratuíta para os socios federados e ten un prezo de 4€ para os socios non federados e 5 euros para o socio temporal.
A ruta, que discorrerá pola fraga do monte Roxal, en Teixido-Trabada, ten unha lonxitude duns oito quilómetros e un nivel de dificultade medio.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo con botas e bastóns, pasaporte covid e mascarilla.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade...
leer másA Sala Bahía, de Foz, acolle este sábado, 15 de xaneiro, dúas representacións da obra de teatro infantil Tilintilonia, a cargo da compañía O Baúl da Tía Tola. Os pases serán ás 17:00 e ás 18:30 horas.
É un espectáculo para bebés que pretende o estímulo dos sentidos e que viaxa a través das sensacións e das emocións. Está dirixido preferentemente a nenos e nenas de 6 meses a 5 anos.
O Baúl da Tía Tola explica que “Tilintilonia é un pequeno planeta habitado por dúas mulleres, (Tilín e Tilón, cada unha co seu son). Elas descubrirán un mundo cheo de texturas, cores, sons e fantásticos seres que xorden coa música e onde o vento e a auga convértense en elementos de xogo. Dous seres espertan en Tilintilonia a un mundo máxico no que descubrir novos sons e melodías, novas texturas, onde deixarse levar pola fantasía e os...
leer másUna vecina de la parroquia focense de Santa Cilla, Sabela Pico Lombán, es la ganadora del fin de semana de turismo rural sorteado hoy por Pastelería Anduriña, de Foz, entre los clientes que compraron roscones de Reyes en este establecimiento durante la pasada Navidad.
El premio consiste en una estancia de un fin de semana para dos personas, con cenas y desayunos, en Casa Castiñeira, de Muxía.
El sorteo se realizó esta mañana en Radio Foz por parte del presentador de esta emisora Anxo Rivas y asistió Moncho Castro, copropietario de Pastelería Anduriña.
Electricidad Núñez gañou o concurso de escaparates Nadal 2021, convocado por AciaFozCCA. O segundo posto foi para Antigüidades Álvarez e o terceiro premio compárteno dous negocios: Viajes Rodríguez e Amarena.
O xurado decidiu outorgarlle un premio especial a Pastelería Anduriña “pola súa decoración interior” e tamén a Fauna “pola súa orixinalidade”.
Desde AciaFozCCA agradecen a participación e o esforzo realizado polos locais para encher de luz e de maxia os seus escaparates e pola súa contribución a crear un agradable ambiente de Nadal.
Este Nadal AciaFozCCA repartiu 6.000 euros en vales de compra superando os 70 premiados. O presidente, José Carlos Paleo, felicita “a todos os premiados tanto no concurso de escaparates como ás persoas que conseguiron eses vales de compra. Quero...
leer másOs Reis Magos xa están de camiño e chegarán a Foz o día 5 de xaneiro.
Para que todos os nenos e nenas os poidan ver, realizarán un percorrido polas rúas da vila.
Desde a organización subliñan que “como temos que continuar con precaución pola covid19, os Reis viaxarán nas súas carrozas sen acompañantes e non farán a súa parada no Concello. Pero todas as nenas e nenos poderán saudalos de forma ordenada na Sala Bahía".
O GALP A Mariña Ortegal realizará a presentación publica do proxecto audiovisual “Historia dos Estaleiros da Mariña Ortegal” mañá, 28 de decembro, as 19:00 no salón de actos da Casa de Cultura de Foz.
Esta presentación tamén pode ser seguida desde calquera outro lugar, xa que ó mesmo tempo se realizará a estrea a través da canle de youtube do Galp A Mariña Ortegal ou ben na dirección habilitada https://youtu.be/6Jtvhcnk-iE
O obxectivo deste proxecto é dar a coñecer o presente e pasado da industria naval na Mariña e Ortegal, ó longo da historia; un percorrido por todos aqueles pobos e concellos costeiros que ó longo do tempo tiveron relación con esta actividade.
Desde a carpintería de ribeira e as primeiras embarcacións de madeira construídas...
leer másPastelería Cafetería Anduriña, de Foz, sortea un fin de semana de turismo rural entre los clientes que compren sus roscones de Reyes hasta el 9 de enero de 2022.
Todos los tickets de Pastelería Anduriña que incluyan algún roscón de Reyes entrarán en el sorteo de una estancia de un fin de semana para dos personas, con cenas y desayunos, en Casa Castiñeira, de Muxía.
Pastelería Anduriña elabora el roscón tradicional y también los hace rellenos de crema, de nata, de chocolate y de trufa. Además de en el propio establecimiento, que está en la avenida Álvaro Cunqueiro, pueden comprarse también on line, a través de la web www.andurinafoz.com.
El sorteo del fin de semana de turismo rural se realizará el 11 de enero de 2022, martes, en Radio Foz.
... leer másO Concello de Foz vén de poñer en marcha unha nova aplicación no CENIMA (Centro de Interpretación da Mariña), que se une ás xa existentes, como a de realidade aumentada patrimonial ou de recreación histórica. Denomínase O paso do tempo con intelixencia artificial, unha pantalla na que se poden visualizar as fotos que estiveron expostas no CENIMA antes da creación da Oficina Virtual de Turismo e onde se reviven momentos do pasado a través de escenas cotiás e os ambientes de Foz en décadas pasadas, anuncia o concelleiro de Turismo Chema Linares.
O edil explica que “esta aplicación foi realizada por Ilux Virtual Tegnology, a mesma empresa que fixo o proxecto de A Mariña Virtual e que se encarga do mantemento e asistencia técnica en todas as aplicacións. Tratamos así de recuperar, conservar e preservar o noso patrimonio inmaterial, onde...
leer másA UNED de Foz organiza unha exposición sobre a emerxencia climática, que está aberta ao público no Cenima de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas ata o 17 de xaneiro.
Os organizadores da mostra explican que “a exposición Emerxencia climática: feitos e datos, enfocada desde a educación ambiental e baseándose en información científica contrastada, pretende proporcionar os fundamentos básicos que argumentan a crise climática que vivimos. Preséntase como un percorrido secuencial, pero tamén pode facerse un achegamento á exposición tendo en conta catro grandes bloques de contidos diferenciados: bases de coñecemento climático; desde o global até pisar o noso territorio; motivos para a esperanza, proposta de acción; e estratexias, alianzas e actores para a emerxencia climática.
A coordinadora da Aula Universitaria de Foz...
leer más