Foz
O Concello de Foz, dende a súa Delegación de Cultura, dá comezo este venres á primeira edición do Certame de Teatro Afeccionado, que leva o nome dun dos seus máis ilustres teatreiros, José Luis López Lorenzo, coñecido como O Poto, xa falecido.
A concelleira Inés López Couto explica que “despois de máis de dous anos de dificultades sobrevidas pola pandemia da COVID, dende a Delegación de Cultura fíxose un chamamento ás agrupacións teatrais do concello. Foz conta con seis grupos de teatro afeccionado, que durante este tempo esforzáronse por sobrevivir e poder seguir espallando cultura e levando sorrisos a aqueles que o pasaron mal. Ao longo deste tempo organizaron representacións con menos actores e actrices, actuaron con máscara ou foron capaces de dramatizar situacións habituais que fomos vivindo coas novas normas da pandemia. Este...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta polos Canóns do Sil, os días 25 e 26 de xuño.
A saída será o sábado 25 ás 16:00 horas de Foz e ás 16:15 de Ferreira.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 8 de xuño nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 100 euros para os socios federados; 104 para os socios non federados; e 108 para o socio temporal. Inclúe hotel con pensión completa en habitación dobre.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta pola costa naviega para o domingo 19 de xuño.
A saída será ás 8:00 horas de Foz e ás 8:15 de Ferreira.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 13 de xuño nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 25 euros para os socios federados; 29€ para os socios non federados; e 33 euros para o socio temporal. Está incluído o xantar.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.
Este venres, 3 de xuño, ás oito e media da tarde na Libraría Bahía, de Foz, terá lugar un encontro coa escritora Antía Yáñez e a psiquiatra Iria Veiga para falar da novela Non penses nun elefante rosa da escritora burelesa.
Este encontro celébrase dentro das actividades promovidas pola libraría no marco do club de lectura A carón dos libros e é aberto para todo o público que desexe asistir.
“Na novela de Antía Yáñez a enfermidade mental é unha das grandes protagonistas encarnada nunha muller que padece un trastorno obsesivo-compulsivo. De aí que, xunto coa autora, contemos coa psiquiatra Iria Veiga, no diálogo coas dúas pretendemos afondar na novela e tamén na realidade das enfermidades mentais, realidade presente sempre na nosa sociedade pero sistematicamente ignorada ou tratada desde os prexuízos e o estigma...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha ruta circular polo monte Rebollín, en Salas (Asturias), o día 12 de xuño.
A saída será ás 7:00 horas de Foz e ás 7:15 h. de Ferreira.
As persoas interesadas poden anotarse ata o 8 de xuño nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 37 euros para os federados, 41 para os socios non federados e 45 euros para o socio temporal. Está incluído o xantar.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora na organización desta actividade.
O grupo teatral O Centiño de San Martiño, de Foz, estrea a obra A morte morrida. A representación terá lugar o 29 de maio ás 19:00 horas no local social de Ferreiravella, en San Martiño. Haberá prazas limitadas.
A obra aborda o tema da xubilación e da morte para crear unha mestura que podería semellar macabra pero que remata sendo divertida. Conta a historia de Crispín quen ven de xubilarse no banco e está deprimido. Non soporta a inactividade da súa forma de vida e cre adiviñar que así, sen estímulo para vivir, a morte virá buscalo axiña. Faille a vida imposible a súa muller Benilde e o seu amigo Reigosa tenta animalo para recuperar o ánimo.
O Concello de Foz celebra o Mes das Letras con diversas actividades que terán lugar do 19 ao 26 de maio.
Na Casa da Cultura o 19 de maio haberá un obradoiro creativo de animación á lectura. Denomínase O conto estrelado e será impartido por Michel Casado e Raúl Marín desde as oito da tarde e está destinado a nenas e nenos de 3 a 6 anos.
O sábado, 21 de maio, O Feitizo, a Banda de Música de Foz e ACM Dambara ofrecerán un Pasarrúas por Foz a partires das doce do mediodía. E xa pola tarde a partir das 19 horas no Campo da Cabana haberá un concerto ofrecido por estas tres formacións. Tamén o sábado está prevista a proxección dunha longametraxe finalista dos Mestre Mateo. Será na Casa da Cultura ás 18:30 horas.
As actividades do Mes das Letras seguirán o 26 de maio con teatro infantil...
leer másSe trata del Grado en Ingeniería de la Energía, el Grado de Educación Infantil y el Grado de Ciencias Ambientales.
-El Grado en Ingeniería de la Energía, nace para hacer frente a los retos tecnológicos, formando a los futuros ingenieros en materias de sostenibilidad, eficiencia global, ética profesional y cuantos elementos que permitan a particulares, empresas e instituciones instaurar políticas energéticas de ahorro, sostenibilidad y racionalidad en la generación y el uso de la energía.
-El Grado de Educación Infantil, está destinado a formar especialistas en educación de niñas y niños escolarizados entre los 0 a los 6 años, contribuir al desarrollo integral y armónico del alumnado en todas sus dimensiones: física, emocional, sexual, afectiva, social, cognitiva y artística, potenciando la autonomía personal y...
leer másO filme “A poeta analfabeta”, sobre a escritora e activista Luz Fandiño, proxectarase durante este mes de maio en Vilalba, A Pobra do Brollón, Foz , Sarria e Chantada, dentro do Ciclo Mestre Mateo, promovido pola Academia Galega do Audiovisual e a Vicepresidencia da Deputación.
Trátase da segunda proxección programada neste circuíto, que contempla a exhibición dos oito filmes finalistas dos Premios Mestre Mateo nas categorías de mellor longametraxe documental e mellor longametraxe de ficción, cunha proxección cada mes durante todo o ano.
A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, convidou a “asistir a estas proxeccións programadas nas distintas comarcas co obxectivo de achegar o cine en galego a todo o público e afianzar a demanda de produción audiovisual no noso idioma, que é algo que entendemos...
leer más












