Foz
En Foz celebrarase un evento o día 20 de novembro, sábado, para elixir ao rei ou raíña do Entroido 2022. Será na Praza Conde de Fontao ás 19:00 horas, onde tamén haberá actuacións musicais.
Ademais ese día haberá menús especiais na hostalaría de Foz e animación musical polas rúas durante toda a xornada.
Está organizado pola asociación O Noso Foz coa colaboración do Concello e do Centro Comercial Aberto de Foz.
Foz acolle unha nova edición do ciclo de charlas médicas que organizan o Concello e o Hospital Público da Mariña. Serán os días 10, 18 e 24 de mes na Casa da Cultura focense e foron presentadas hoxe polo alcalde, Fran Cajoto, e a concelleira de Sanidade, Transparencia e Innovación, Kathy Alonso.
A concelleira explica que “estas charlas, xa celebradas en anos anteriores, tocarán importantes temas de actualidade impartidas por diferentes especialistas. Comezarán este mércores, día 10, coa exposición do xinecólogo Antón Castro López, que falará de Actualización do cancro de mama. Continuarán o xoves 18 co nefrólogo Secundino Cigarrán cunha charla sobre Fomento da vida saudable por medio da dieta atlántica. E finaliza o mércores 24 o médico de familia José Luis Fernández co tema Xestos sanadores. Poderán disfrutar destas interesantes...
leer másHoxe, venres, o Concello de Foz presentou no Centro de Interpretación da Basílica de San Martiño o primeiro punto no que xa se pode selar a credencial e acreditarse como peregrinos para facer o Camiño do Mar.
Na presentación participaron o alcalde de Foz, Fran Cajoto; o concelleiro de Turismo, José María Linares; o presidente de ACIA Foz-CCA, José Carlos Paleo; e o presidente da asociación Amigos do Camiño do Mar, Manuel Vicente.
Fran Cajoto comentou que “o Camiño do Mar xa está recoñecido pola Igrexa e danos esa Compostela ao chegar a Santiago e é en Foz precisamente onde podemos facer esa acreditación, a primeira que hai en todo o Camiño do Mar. Parécenos un impulso moi importante para todo o sector da hostalería e do comercio, para todo o sector turístico, que se recoñeza unha vía de peregrinación a través do...
leer másO Concello de Foz organiza unha programación denominada Novembro Musical, xunto a coa Escola Municipal de Música e a Banda.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, anuncia que “novembro comeza cargado de ritmo en Foz. A Escola de Música Municipal Arcadio Mon levará a cabo na sala Bahía dúas actuacións os días 6 e 13 de novembro ás 20 horas. A primeira será da DKBand, un combo da Escola de Música que interpreta composicións de blues, rock e pop rock. A segunda actuación será do Combo de Jazz, que nos deleitará coas mellores pezas deste xénero”.
Na presentación destas actuacións o alcalde de Foz, Fran Cajoto; a edil de Cultura, Inés López; e o director da Escola Municipal de Música, Felipe Sánchez, mostráronse satisfeitos de que se recupere a actividade musical.
Inés López deu a...
leer másAciaFozCCA súmase á campaña Días Azuis do Comercio Galego, que terá lugar do 1 ao 20 de novembro.
Días Azuis do Comercio Galego é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta coa colaboración de Abanca e as federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia.
A campaña terá lugar entre o 1 e o 20 de novembro de 2021 e nela poden participar todos os clientes do comercio de proximidade de Galicia que merquen nestas datas. Entre eles sortearanse 14.000 euros en premios, distribuídos en 32 tarxetas prepago regalo de 250 euros (8 por provincia) e 40 tarxetas de 150 euros (10 por provincia), que deberán ser empregadas para volver mercar nos establecementos tradicionais galegos ata o 30 de Xuño de 2022. O sorteo dos Días Azuis do Comercio Galego realizarase ante...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz participará no III Día do Sendeirista de Galicia, que se celebrará en Cabeza de Manzaneda o vindeiro 14 de novembro.
A saída será o 13 de novembro ás 16:00 horas de Foz e ás 16:15 h. de Ferreira.
As persoas interesadas en participar deben anotarse a través dos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prazo para inscribirse remata o 5 de novembro. O prezo para os socios federados é de 80 euros, para os socios non federados 84€ e para os socios temporais 89 euros. Inclúe aloxamento en pensión completa.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e mascarilla e informa que a ruta ten un nivel de dificultade medio.
O Concello de Foz colabora...
leer másDesde Libraría Bahía explican que “contamos coa presenza de escritores importantes da nosa lingua como Susana Sánchez Arins, Manuel Gago, Xurxo Mariño e Luisa Martínez aos que poidemos escoitar intercambiar, explicar e compartir a súa experiencia e a súa tarefa, levados da man da filóloga María Liñeira, que actuou como moderadora. Un formato ao que non adoitamos ter moito acceso en vilas como a nosa e que foi moi apreciado polo público, tamén polos escritores e escritoras participantes. Pola súa banda, as pícaras e pícaros tiveron a súa ración de literatura da man da escritora e contadora Charo Pita, que estivo con nós o pasado sábado 23”.
E engaden: “rematamos este Outubro Literario cunha proposta distinta, pero que complementa moi ben as anteriores. Trátase dunha sesión de narración oral para persoas adultas. Nesta ocasión é a...
leer másAciaFozCCA organiza unhas Xornadas de Tapeo de Carne de Poldro que se celebrarán os días 30 e 31 na Ponte de Santos.
Un total de quince establecementos hostaleiros participan nesta iniciativa ofrecendo tapas gratuítas con cada consumición.
Os locais que ofrecerán as súas preparacións con carne de poldro son: A Rambla- Pachán, A Viela, Anduriña, As Brasas, Augas Santas, Casa Damián, Dandy, Hotel Oca, O Lar, O Muelle Bar, Pizzería Xoiña, Portochico, Tangarte e Xoyma.
AciaFozCCA quere potenciar deste xeito a oferta gastronómica cun produto de calidade nunhas preparacións que poden resultar novidosas. O presidente, José Carlos Paleo, anima a focenses e visitantes “a saborear as propostas con carne de poldro de pura raza galega que vai elaborar a nosa hostalería durante a última fin de semana...
leer másEste xoves, 21 de outubro, terá lugar a segunda xornada do Outubro Literario organizado pola Libraria Bahía en Foz.
Nesta ocasión estarán Manuel Gago e Susana Sánchez Arins para falar de Memoria e Literatura.
Susana Sánchez Arins é autora da novela SEIQUE coa que acadou o premio ao mellor libro de ficción otorgado polas librerías de Madrid ademáis de un gran recoñecemento de público e crítica.
Nesta novela a autora achéganos a represión franquista da postguerra a través dunha persoa da súa propia familia, o tío Manuel, do que sempre se falou entre marmurios… de ahí o título da novela.
Manuel Gago é autor de varias novelas ambientadas en distintas épocas da historia de Galicia. A última, Nús, desenvólvese durante a transición, unha época apenas tratada na narrativa galega.