Foz
O primeiro torneo de baloncesto Celtas Praias de Foz disputarase o vindeiro 7 de setembro, martes, no Pavillón Torques de Marzán ás 20 horas entre o Club Baloncesto Breogán e o Oviedo Club Baloncesto.
A creación deste torneo parte da Concellería de Xuventude e Deportes, que dirixe Gema Méndez, quen destacou na presentación deste evento deportivo “a importancia deste deporte en Foz e a importante labor social e deportiva desenvolvida durante varias décadas polo Club Celtas Foz, que neste ano e medio de pandemia pasouno moi mal, tendo que interromper a súa actividade. Por iso queremos que o baloncesto volva con forza a Foz, e non podía ser de mellor forma que con dous grandes clubs coma o Breogán e o Oviedo, que casualmente teñen como directores deportivos a dúas persoas que formaron parte do Celtas, como son Tito Díaz e Héctor Galán, que...
leer másEn Foz celébranse actividades para conmemorar a Festa Normanda ata o 29 de agosto. No Cenima está instalada unha exposición viquinga e hai mercado na zona portuaria do xoves 26 ao domingo 29.
Ademais o grupo musical UPSALA Medieval animará as rúas o venres 27 e o sábado 28. Este segundo día tamén haberá dúas representacións teatrais da lenda de San Gonzalo na praza Conde de Fontao, unha infantil a cargo de nenos e nenas de Foz ás 13:00 horas, e a outra por parte de veciñas e veciños de San Martiño ás 21:30 horas. E o cuarteto Illa Pancha actuará polas rúas ás 20:30 horas.
E o domingo 29 ás 13:00 horas na praza de Conde de Fontao haberá unha obra de teatro infantil de Pakolas.
Foz acollerá unha milla urbana e unha carreira de relevos o día 11 de setembro, sábado.
Empezarán ás 11:00 e ás 15:00 horas respectivamente. A saída e a chegada será na Avenida do Cantábrico, número 21 da vila focense, no paseo da praia da Rapadoira.
Para a milla urbana haberá seis categorías: pícaros, benxamín, alevín, infantil, cadete e absoluta.
As inscricións xa poden facerse na web www.championchipnorte.com.
A Feira do Libro de Foz celebrarase desde este xoves, día 19, ata o domingo 22 na Praza Conde de Fontao de 17:30 a 22:00 horas.
O lema é Libros no Camiño e será inaugurada mañá, xoves, ás 19:00 horas co pregón a cargo de Marilar Aleixandre e ata o domingo haberá 15 actividades de presentacións e sinatura de publicacións, ademais de recitais poéticos e musicais.
Participarán a Deputación de Lugo, Librería Aguirre, Editorial Planeta, Libraría Pedreira, Aenea, Libraría Cortizas e Librería Bahía. Ofrecerán un desconto do 10 por cento en todos os libros.
A feira está organizada pola Federación de Librarías de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Foz.
Os Sendeiros de Foz organizan unha ruta ao castro de Fazouro. Será o 28 de agosto. Hai que anotarse.
A Asociación Os Sendeiros de Foz organiza o último andareiro do verán deste ano, que terá lugar o 28 de agosto polo Castro de Fazouro.
A saída será ás 9:00 horas da Casa do Concello.
As persoas interesadas poden anotarse, ata o venres 27, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 3 euros para os socios non federados e 4€ para os socios temporais. A actividade é gratuíta para os socios federados.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta, dunha lonxitude de 15 quilómetros, ten un nivel de dificultade baixo. Ademais cumpriranse os protocolos anticovid con compartindo material e levando mascarilla sempre que non se teña o 1´5 metros de distancia de seguridade.
... leer másÁrea 51, el libro de relatos cortos de temáticas variadas, tendrá un 30% de descuento y además los primeros 20 compradores se llevarán la camiseta promocional del libro.
José Díaz explica que "es la primera presentación en vivo del libro con lo que aunque hace meses que está a la venta, es como si acabara de salir. Es mi tercer libro, y aunque el último siempre es al que más cariño se le tiene, también es verdad que quizá sea el más trabajado en lo que respecta a la forma. Los contenidos guardan similitud con 69, sigo buscando historias impactantes donde cada línea de texto tenga interés".
El escritor cuenta que "me gustan los libros atractivos de alma y cuerpo, por eso este incluye ilustraciones de Otto Tretto, un brillante artista cubano que deja su sello en este".
Díaz, que es concejal...
leer másAciaFozCCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará os días 19, 20 e 21 de agosto.
Desde este xoves e ata o sábado os establecementos comerciais participantes sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais. En caso de que as condicións meteorolóxicas non sexan favorables a campaña desenvolverase no interior dos locais.
Nesta nova edición do Comercio na Rúa participan un total de 27 establecementos, que son: 5 Lobiños, Arrullos, Buxo Xogos, Calzados Pirde, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Isla, La Flor Abulense, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Longarela Moda, Lourdes Moda Íntima, María Docampo Moda, MC Automotive, N 1 Zapatillas, OfiFoz, Sensación Surf, Sueños, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet, Xanela Complementos e Xoguetería...
leer másDo 14 ao 22 de agosto terá lugar o XXIII Torneo de Tenis Vila de Foz.
Presentaron esta nova edición: Ramón Cajoto e Xosé Veiga, do Foz Club de Tenis, e a concelleira de Xuventude e Deportes, Gema Méndez.
Xa quedan poucas prazas por cubrir no cadro, posto que este torneo é xa un clásico do verán mariñano. Haberá participantes da casa, da comarca e tamén visitantes, que auguran uns partidos moi atractivos.
Para inscribirse chamar ao 619 60 44 95
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza outro dos andareiros de verán, este sábado, 14 de agosto, pola Ruta dos Nazarenos na localidade focega.
A saída será, ás 9:00 horas, diante do Concello.
As persoas interesadas en participar poden anotarse antes do venres 13 de agosto, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es. Os prezos serán de 3 euros para os socios non federados e 4€ para os socios temporais. A actividade é gratuíta para os socios federados.
A organización recomenda levar equipo de sendeirismo e informa que a ruta ten un nivel de dificultade baixo e unha lonxitude de 13´5 quilómetros. Ademais seguiranse os protocolos anticovid non compartindo material e levando mascarilla sempre que non se teña a...
leer másCarlos Reigosa presenta a súa novela "Segredos de Bretaña" o 12 de agosto na Librería Bahía, en Foz.
O escritor Carlos Reigosa presentará este xoves, 12 de agosto, a súa novela Segredos de Bretaña. O acto, organizado por Librería Bahia, terá lugar na Casa da Cultura de Foz ás oito e media da tarde. O autor estará acompañado polo secretaria xeral da Asociación de Críticos Literarios, Ángel Basanta, e polo escritor e Cronista Oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa.
Carlos Reigosa conta que na súa novela Segredos de Bretaña está Foz, que esa novela é Foz, a súa Bretaña é a mesma Bretaña de Cunqueiro, e nos seus segredos está a pesca no Gran Sol, a costa e o interior, as mitoloxías que a envolven e o encontro entre tradición e modernidade.
Debido á situación sanitaria é imprescindible anotarse previamente na Librería Bahía, ben sexa de xeito presencial, no mail bahía@libreriabahia....
leer más