Foz
Librería Bahía organiza dúas sesións de contacontos este sábado, 24 de novembro, en Foz e Ribadeo.
Ás 12:00 horas na Librería Bahía de Foz terá lugar unha sesión de contacontos a cargo de Verdemar. Trátase do selo infantil da editorial Alvarellos que presentará os contos Miña profe é un monstro e Queres ler un libro comigo?, nos que os protagonistas son un neno que busca con quen compartir as súas lecturas favoritas, e outro que non ten moi claro se a súa profe é un monstro ou un encanto.
Esta sesión de contacontos celebrarase na Librería Bahía de Ribadeo este mesmo sábado 24 ás 17:00 horas.
O 28 de novembro ás 20:30 horas na Libraría Bahía, de Foz, terá lugar a presentación da novela O alén dos barqueiros, de Anxo Muíños, publicada pola Editorial Fanes.
O alén dos barqueiros é unha novela con varias posíbeis lecturas e dotada de compartimentos comunicados entre si. Técena uns fíos aparentemente desparellos, mais enfiados habilmente polo autor.
A mitoloxía, a cultura fluvial, a Guerra Civil, os guerrilleiros antifascistas e a represión, habitan as súas páxinas, mais por riba de todo, é a espiritualidade dun persoanxe á procura dun gran segredo -encontrar un espazo propio na vida e no mundo-, o leit motiv da narración.
Anxo Muíños (Taragoña-RIANXO, 1966) é mariño e traballa no buque hospital Juan de la Cosa, con bases en Santander e Las Palmas.
Este...
leer másMercedes Sanjurjo Tapia foi a primeira gañadora do Campañazo que organiza o CCA de Foz durante este mes de novembro. Esta muller resultou agraciada con 300 euros en vales de compra para consumir nos establecementos asociados ao Centro Comercial Aberto. A entrega do premio tivo lugar en Casa Damián, que foi o local desde o que Mercedes Sanjurjo seguiu o sorteo o pasado venres, día 9. No acto participaron Olaya Pedrosa, secretaria de ACIA/CCA de Foz, e unha representante de Hola Ola, a tenda na que Mercedes conseguiu o seu cartón.
Outras tres persoas repartíronse os outros 300 euros do primeiro sorteo do Campañazo deste mes de novembro de 2018.
O Campañazo seguirá mañá, día 16. En xogo estarán 300 euros en vales de compra para o que o cante en primeiro lugar e 300 euros máis para o resto de cartóns premiados. Os...
leer másA Librería Bahía, de Foz, organiza varios actos con motivo da conmemoración do Día das Librerías, que se celebra este venres, 16 de novembro.
Ás 20:30 horas terá lugar unha presentación-coloquio coa escritora burelesa Antía Yáñez, que presentará a súa novela Senlleiras. Antía Yáñez gañou con esta novela o premio Illa Nova de narrativa convocado pola editorial Galaxia, para promocionar a autores novos. Trátase dunha historia que aborda os malos tratos a través da vida de dúas mulleres afastadas no tempo pero con moitas cousas en común. Antía Yáñez tamén ven de gañar o premio Fina Casalderey para literatura xuvenil de temática feminista, coa obra A Reconquista. Este encontro con Antía Yáñez está organizado en colaboración co club de lectura da Pomba do Arco.
O sábado, 17 de novembro, ás 12:00 horas, tamén na...
leer másA veciña da parroquia focense de Santa Cilla Sabela Pico Lombán, de 27 anos de idade, foi elixida raíña do Entroido de Foz 2019.
Á convocatoria do Concello de Foz presentáronse nove persoas, oito mulleres e un home, dos que cinco xa optaban por terceira vez, entre eles a elixida.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza un andareiro para o domingo 25 de novembro.
A ruta percorrerá Viveiro, o Penedo do Galo, a Ferveza río Guilan e Palmeiro, cunhas magníficas vistas da contorna que abranguen a costa dende O Vicedo ata San Cibrao e no interior ata o Xistral.
A saída será ás 8:00 horas do cruce da rúa Cervantes con Maestro Lugilde.
O prezo é 21 euros para os socios federados, 25€ para os socios non federados e 30 euros para os non socios. Está incluído o xantar. Para asistir hai que anotarse, antes do mércores 21. As inscricións poden facerse nos números de teléfono 606 718 482 e 670 369 017, ou no e-mail ossendeiros@yahoo.es.
Os organizadores recomendan levar equipo de sendeirismo e informan que a...
leer másO Concello de Foz organiza unha nova edición do ciclo de charlas médicas que comezará este xoves e abordará temas como o cancro de mama, a nutrición saudable e o bo uso dos medicamentos. As conferencias terán lugar os días 8, 15 e 22 deste mes de novembro, na Casa da Cultura focense. A presentación tivo lugar esta mañá e contou coa presenza do alcalde, Javier Jorge Castiñeira; que estivo acompañado da xerente e da directora médica do Hospital Público da Mariña, María José Cortés e Eva López; e de Ramón Couto, responsable da Asociación Local de Loita contra o Cancro en Foz.
“Desde o Concello de Foz queremos informar a todos os veciños de Foz de da Mariña que o próximo xoves, ás oito da tarde, na Casa da Cultura, empeza unha edición máis das charlas médicas, este ciclo que se fai os xoves do mes de novembro. A verdade é que temos un cartel...
leer másA Delegación de Cultura do Concello de Foz programa para este mes de novembro representacións teatrais e concertos.
Este sábado, 10 de novembro, haberá teatro infantil a cargo da compañía Mamá Cabra, que presentará a obra Eu cocino, ti cociñas?. Terá lugar na Sala Bahía, ás 18:30 horas. Trátase dunha obra de teatro musical para nen@s a partir de 3 anos e cunha duración de 50 minutos. O prezo da entrada para os nen@s é de 1,5 euros e 2,5 euros para os adultos.
O venres 16, dentro do ciclo Novembro Musical, ofrecerá un concerto o Combo de Adultos da Escola de Música de Foz. Será na Casa da Cultura ás 21:00 horas.
O sábado 17 volverá haber teatro, nesta ocasión para público adulto, coa compañía Teatro do Atlántico, que porá en escena a obra Helena: xuizo a unha lurpia, sobre a figura clásica...
leer másO 9 de novembro chega unha nova edición do tradicional Campañazo, que organiza o Centro Comercial Aberto de Foz e que repartirá durante este mes 2.400 euros en vales de compra. Un total de 41 establecementos comerciais e 13 locais de hostalería participan nesta campaña na que se premiará unha vez máis a fidelidade dos seus clientes.
Os días 9, 16, 23 e 30 de novembro celebraranse os sorteos de 300 euros en vales de compra ao que cante en primeiro lugar o Campañazo e outros 300 euros para o resto de cartóns premiados. Os sorteos realizaranse cada venres, en directo a partir das 23:00 horas, por Radio Foz, no 107.4 da FM.
Desde a directiva de ACIA Foz explican que “a dinámica do xogo é a mesma de sempre. As persoas interesadas en levar un dos premios que se poñen en xogo deben facerse cos seus cartóns nalgún dos...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco organiza unha nova edición da Festa da Palabra que se celebrará no Cenima, de Foz, entre o 7 e 9 de novembro. Desde a organización explican que “a consecuencia de imprevistos de ultima vémonos na obriga de cambiar o programa”, quedando como se anuncia a continuación:
Lois Pérez. Mércores, 7 de novembro, ás 20:30 no Cenima.
Os soños na gaiola. Grupo de teatro da Pomba do Arco. Xoves, día 8, ás 20:30 no Cenima.
Olga Novo e Ismael Ramos. Venres, 9 de novembro, ás 20:30 no Cenima.