Foz
O Paseo da Rapadoira, de Foz, acollerá este mércores, día 7 de agosto, a partir das 21:00 horas a súa Queimada Ibicenca, que organiza a Agrupación O Feitizo. Haberá auga, empanada e queimada.
Para organizar este evento O Feitizo conta coa colaboración do Concello de Foz, Pé do Molete, Anduriña, Amarena e Casa Damián.
Hoxe presentouse a XXXIV Feira do Libro de Foz, a decana na Mariña e en Lugo e terceira máis antiga de Galicia. Vaise celebrar do 22 ao 25 de agosto na praza Conde de Fontao en horario de 17:30 a 22:00 horas. A inauguración terá lugar o 22 ás sete da tarde. Actuará o grupo O Feitizo e o pregón correrá a cargo de Antonio Reigosa.
Durante os catro da días haberá presentacións, sinaturas de libros e tamén actuación musicais. No peche da feira o 25 de agosto ás nove da noite actuará a Banda Municipal de Música de Foz.
Á presentación, que tivo lugar esta mañá no Concello, asistiron o alcalde, Fran Cajoto, a xefa territorial de Cultura da Xunta de Galicia, María José Gómez, en representación da Federación de Libreiros de Galicia, Cielo Fernández, e o concelleiro de Cultura focense, Héctor Morís.
As festas de San Lourenzo, en Foz, celébranse do 7 ao 11 de agosto e serán pregoadas polo CB Celtas.
As festas de San Lourenzo, en Foz, que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto, empezarán co pregón a cargo do Club Baloncesto Celtas, que será o mércores 7 ás 20:00 horas na Casa da Cultura. A remate terá lugar o chupinazo.
O xoves 8 haberá pasarrúas con A Subela a partir das 13:00 horas e desde as once da noite verbena no Paseo da Rapadoira con a orquestra canaria Furia Joven. Ao día seguinte a Batukada Perkusiona ofrecerá un pasarrúas a partir da unha do mediodía e ás 23:00 horas empezará a verbena na praza Conde de Fontao e na explanada do porto, amenizada pola orquestra Ciclomanía e o grupo Atenas.
O día de San Lourenzo, sábado 10, comezarán as actividades da xornada cun pasarrúas a cargo de O Feitizo, ás doce do mediodía na igrexa parroquial focense celebrarase a misa solemne, cantada polo Coro Parroquial de Foz...
leer másO Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, xunto ao Alcalde de Foz, Francisco CajotoCaserío, presentaron este venres, na Oficia de Turismo do Concello de Foz, o VI Festival Bal y Gay que se celebrará neste Concello mariñán dende o 24 ata o 29 de agosto. No acto de presentacióntamén participou o director do festival, Enrique Rodríguez Baixera. A Deputación colabora con este evento cultural, realizando unha achega económica de 6.000 euros.
García Pernas sinalou que “esta cita, que xa vai pola sexta edición, une a música clásica co mundo do rural, favorecendo que os nosos veciños e veciñas poidan achegarse a este xénero musical.Ao longo de seis días, o Concello de Foz converterase nun escenario de referencia da música clásica, pois poderemos escoitar en concertoa intérpretes de primeiro nivel. como Noelia Rodiles, o...
leer másA exposición "Naufraxio da fragata Magdalena 1810. Variacións creativas 2019" de José Luis Neira Brochs estará no Cenima, de Foz, ata o 16 de agosto.
Trátase dunha mostra, composta por 64 obras, sobre a traxedia da chamada Expedición Cántabra que deixou na praia de Covas, en Viveiro, unha morea de náufragos.
O artista viveirense Neira Brochs reflicte nesta exposición, a través da súa alma mariñeira, aquel tráxico suceso coa carga que vai adquirindo co paso do tempo.
O Concello de Foz programa para este mes de agosto varias funcións de teatro infantil que se representarán na Sala Bahía.
O luns 5, ás 21:00 horas, Limiar Teatro porá en escena Don Quixote. Unha comida gastronómica.
O martes 6, ás 21:00 horas, actuará Pérez & Fernández que presentará Aguratrat.
O luns 12, ás 21:00 horas, Educateatro Produccións representará Os tres porquiños.
O martes 13, ás 21:00 horas, A Adala Infantil presentará ¡Que cousas pasan no Camiño!.
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza este sábado, 3 de agosto, a ruta polas estatuas esculpidas nas rochas do concello.
A saída será, ás 9:00 horas, da praza do Concello.
Para participar é obrigatorio anotarse e pode facerse nos teléfonos: 606 794 110 e 670 369 017; e no e-mail ossendeiros@yahoo.es. O prazo para inscribirse remata o venres 2 de agosto. O prezo é 3 euros para os non federados, e inclúe o seguro de accidentes obrigatorio.
A organización informa que o nivel de dificultade da ruta é medio,, e recomenda levar equipo de sendeirismo, algo de comida e auga.
El circo Olimpia continúa su gira por A Mariña con su espectáculo titulado El origen de la leyenda. Después de haber triunfado en Ribadeo, Vilanova de Lourenzá y Barreiros, este martes y miércoles, 30 y 31 de julio, estará en Burela, instalado en la Avenida Arcadio Pardiñas. Y el fin de semana, del viernes 2 al domingo 4 de agosto, se situará en Foz, detrás del polideportivo de Marzán. En ambos casos todas las sesiones serán a las 20:30 horas.
El Olimpia ofrece un espectáculo circense tradicional de cerca con vestuario, iluminación y sonido muy cuidados. Incluye sorprendentes números de acrobacias de altura y también ciclistas y monociclistas, de equilibrismo, de malabarismo y el show de los payasos musicales Pepín León Clowns, entre otras atracciones.
Do 14 ao 18 de agosto terá lugar na explanada portuaria unha nova edición de Foz Market. O evento está organizado por Ruta Food Trucks, que conta coa colaboración do Concello de Foz e do Centro Comercial Aberto. O evento, que foi presentado no Concello, ofrecerá ademais das xa tradicionais food trucks, dez concertos de música en vivo, actuacións dun dj e unha zona para nen@s.
A primeira tenente de alcalde do Concello de Foz, Inés López, manifestou que “desde o Concello estamos moi contentos de que todos os anos se realicen actividades novas que lle dean ao turismo de Foz opcións diferentes ás que temos no pobo e que se poidan probar nas diferentes food trucks novas comidas. Invitamos a todo o mundo, tanto habitantes de Foz como aos foráneos, a que asistan para que poidan pasalo ben e estar un rato en familia e entre amigos aquí en Foz”....
leer másUn año más la organización rinde su personal tributo a la música house y a la cultura de club. Para esto contará de nuevo con representantes de este movimiento a todas las escalas, desde el ámbito local al internacional de primera línea.
Para eso contarán con Chez Damier (Chicago), Secretsundaze (Londres) y Baldo (Barcelona) encabezando el cartel gracias a las colaboración con la agencia Poem Agency. Estos artistas se encargarán de las sesiones nocturnas.
Paul Rudder (Asturias) representando al sello Poetry in motion, formará tandem con el dj local Cohen. Aparato, desde Santiago de Compostela vendrán a presentar su formato Live y el duo Meraki desde Gijón darán la nota de color en la ya tradicional sesión vermú que arrancará a las 12 del mediodia.
Alex Nite vendrá desde la capital de...
leer más