Gala
O 3 de febreiro de 2018 celebrarase en Finca Galea de Alfoz unha gala benéfica a favor da Asociación Española Contra o Cancro (Aecc). O evento está promovido por un grupo de veciñas e veciños de Alfoz interesados en colaborar coa xunta provincial da Aecc en Lugo, que xa organizaron a gala deste mesmo ano e contan para a vindeira con varias incorporacións.
Unha desas incorporacións é a de Ana Carballo quen di que “todos e cada un de nós temos algo en común, unha loita que afecta tanto aos nosos seres queridos como a nós mesmos, e por iso unímonos por unha boa causa”.
Como novidade este ano, aquelas persoas interesadas en colaborar que non poidan asistir, teñen oportunidade de mercar os tiquets da cea para un asento na mesa cero, na que se dará a posibilidade de poñer nunha pantalla as fotos dos asistentes a dita...
leer másO Deputado de Deportes, Pablo Rivera Capón, xunto á Alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García, e o Concelleiro de Deportes, Francisco Dasilva Rivas, presentou este luns a II Gala do Deporte de Lourenzá, que terá lugar o vindeiro venres 22 de setembro, a partir das 20:00 horas,no Pavillón Municipal do Concellomariñán. No evento premiarase aos mellores equipos e deportistas laurentinos da tempada 2016/2017.
O organismo provincial colabora co Concello de Lourenzá na organización desta cita cunha achega de 8.000 euros, coa que tamén contribúe á celebración doutros eventos deportivos no municipio como o XXI Día da Bici, a VIII Carreira Val das Fabas 2017, a Marcha Cicloturista ou aMilla Popular Concello de Lourenzá.
Rivera Capón subliñou que “falar de Lourenzá é, sen dúbida, falar de deporte. Ao longo do ano...
leer másA Casa da Cultura de Burela acollerá esta fin de semana o 1º Festival de Curtas Gravadas co Móbil. O sábado, día 17, proxectaranse os 25 traballos presentados a concurso a partir das 21:00 horas, e o domingo entregaranse os premios nunha gala que dará comezo ás 20:00 horas. O xurado estará presidido polo actor e humorista Carlos Blanco.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “este próximo fin de semana, durante el sábado y el domingo, vamos a hacer una gala de presentación de los cortometrajes que se presentaron al primer festival de cortos grabados con el móvil de aquí de Burela, que es un proyecto del que ya venimos hablando en semanas anteriores, muy ilusionante para nosotros por novedoso”.
O edil burelés dixo que “tuvimos buena participación ya que en la categoría general hubo 22 cortos presentados...
leer más