Libro
Hoxe presentouse a XXXIV Feira do Libro de Foz, a decana na Mariña e en Lugo e terceira máis antiga de Galicia. Vaise celebrar do 22 ao 25 de agosto na praza Conde de Fontao en horario de 17:30 a 22:00 horas. A inauguración terá lugar o 22 ás sete da tarde. Actuará o grupo O Feitizo e o pregón correrá a cargo de Antonio Reigosa.
Durante os catro da días haberá presentacións, sinaturas de libros e tamén actuación musicais. No peche da feira o 25 de agosto ás nove da noite actuará a Banda Municipal de Música de Foz.
Á presentación, que tivo lugar esta mañá no Concello, asistiron o alcalde, Fran Cajoto, a xefa territorial de Cultura da Xunta de Galicia, María José Gómez, en representación da Federación de Libreiros de Galicia, Cielo Fernández, e o concelleiro de Cultura focense, Héctor Morís.
Do 5 ao 7 de xullo celébrase a sexta feira ribadense do libro Letras no campo. Participarán un total de oito librerías e tamén estará presente o servizo de publicacións da Deputación de Lugo. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, salientou que, ademais das tradicionais presentacións de libros, haberá música, teatro e obradoiros para nen@s.
A edil dixo no acto de presentación que tivo lugar esta tarde na Biblioteca El Viejo Pancho: “quero comezar agradecendo o traballo feito aos técnicos de Cultura do Concello de Ribadeo, a todo o persoal que está implicado nesta organización e ao anterior concelleiro de Cultura, Farruco Graña, e por suposto agradecer a colaboración das librerías participantes”.
Pilar Otero destacou que “buscando a variedade na oferta, tratamos de conxugar tanto librerías da zona como Librería...
leer másA Asociación Cultural A Pomba do Arco organiza o 5 de xullo ás 20:30 na Libraría Bahía de Foz a presentación do libro "Do Abadexo á zorza. Dicionario da comida galega", nun acto no que tomaran a palabra os editores do mesmo Xan Carballa e Cesar Lorenzo e o seu autor Xavier Rodríguez Baixeras.
"Do Abadexo á zorza. Dicionario da comida galega" é moito máis cun libro gastronómico, tratase dun traballo único e singular no espazo das culturas peninsulares que reúne por primeira vez nun mesmo volume, profusamente ilustrado, un esforzo de recuperación lingüística clave para unha cultura como a galega, até converterse nun grande manual de consulta tamén é un traballo diferente e de referencia para gorentarse cos sabores e os saberes, polo simple pracer da lectura e a evocación e que será de obrigada presenza en todas as entidades relacionadas...
leer másLa escritora ribadense Celia Castro presentará su libro Pintura y fotografía en el siglo XIX. Una aproximación al arte de Dionisio Fierros en Gijón este jueves, 16 de mayo. El acto se celebrará en el Museo Jovellanos a las 18:45 horas y acompañará a la autora Antonio Deaño Gamallo, catedrático de Lengua y Literatura y bisnieto de Dionisio Fierros.
Celia Castro explica que “contaré las motivaciones que he tenido para escribir el libro, porqué he escogido ese tema, el desarrollo del trabajo y lo que el lector va a encontrar en el mismo”.
La escritora ribadense cuenta que “Dionisio Fierros realizó su obra fundamentalmente en Oviedo porque él estuvo viviendo muchos años en Oviedo, desde 1876, pero también en todo el norte de Asturias, en Gijón, en Luarca, Navia, etc…, en toda esa zona tuvo una gran actividad”.
... leer másEste xoves, 9 de maio, ás oito e media da tarde na Librería Bahía, en Foz, terá lugar a presentación do libro Luto en colores da xornalista Silvia Melero Abascal.
Trátase dunha obra que busca repensar a morte para celebrar a vida, e nace tras a experiencia persoal da autora pola perda da súa irmá. Xurdiu coa pretensión de romper o tabú da morte por suicidio, pero foise abrindo a abrazar outros tipos de dó tamén invisibilizados, como as mortes de cativos. É unha invitación á diversidade e á pluralidade porque hai moitas formas de vivir a norte, a despedida e o dó. É ademais unha aposta pola creatividade como ferramenta para superar a dor e homenaxear aos nosos seres queridos, facendo da súa ausencia unha presenza chea de aprendizaxe nas nosas vidas.
A autora, Silvia Melero Abascal, é impulsora do proxecto que leva...
leer másO colectivo viveirés Pensamento e Sementeira organiza, dentro da programación da Primavera Cultural 2019, a presentación do proxecto artístico-musical A Comuna del Barruzo. Será este luns, 6 de maio, ás 19:30 horas no salón de usos múltiples do Concello de Viveiro.
A COMUNA DEL BARRUZO.
Primeiro disco -libro en galego-asturiano para nenas, nenos e adultos que ainda o son.
Dirección artística e composicións:Ugia Pedreira
Producción musical, grabación, mistura e composicións: Pierrot Rougier.
Ilustracións:Mónica Justo.
Colaboradores: Rosa Cedrón ( cello), Quim Farinha (violinos), Chus Diaz (sitar), Marina Oural (declamación)
Idea orixen e productora executiva: Mialmaproduciois...
leer másA Librería Bahía de Foz acolle este venres, 5 de abril, a presentación do libro A cova do Rei Cintolo.
No acto, que dará comezo ás 20:30 horas, estarán os dous autores da obra: Xurxo Lorenzo e Javi Fouz.
A cova do Rei Cintolo é o primeiro gran libro sobre a gran cova galega, no que recolle o coñecemento completo en todos os eidos posibles, dende a historia, as lendas, etimoloxía, arqueoloxía, xeoloxía, bioloxía, descrición detallada do interior, os nomes das salas e formacións coa súa explicación, e visitantes ilustres, entre outros temas. A información presentada neste libro é resultado de anos de investigación de arquivos, periódicos e entrevistas persoais, coa contribución de máis de oitenta persoas, de Galicia e tamén de fora, que aportaron material ou información que doutro xeito teríase perdido.
... leer másA escritora focense Raquel Rey presentará este xoves, 21 de marzo, na Librería Bahía, de Foz, a súa novela Bon Vivant. O acto dará comezo ás 20:30 horas.
Este é a última obra de Raquel Rey, quen asina co pseudónimo de Elizabeth Bowman. Amor, sedución e esperanza son os ingredientes desta novela editada por Titania.
Bon Vivant chega tras o seu libro Magia en las Estrellas, presentado hai dous anos e que foi o primeiro en poder adquirirse no mercado español despois de varias novelas publicadas por editoriais hispanoamericanas.
Seguen as actividades programadas pola Concellaría de Igualdade para este ano. Carme Adán presentará o libro Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión este sábado, 16 de marzo, ás 12 da mañá no salón de actos da Casa do Mar. Xunto á autora estará a concelleira Mariluz Álvarez Lastra.
Desde o CIM e desde a Concellaría de Igualdade explican que “tras o éxito acadado na manifestación en Ribadeo e na convocatoria de folga xeral das mulleres, a Concellaría de Igualdade continúa coas actividades programadas ao longo deste ano. Seguimos con accións coeducativas nos centros educativos. Onte, 11 de marzo, en colaboración co CIFP Porta da Auga organizouse un contacontos para o alumnado de infantil do Colexio Público Gregorio Sanz e do Colexio Sagrado Corazón de Xesús. Esta actividade foi impartida polo alumnado do segundo curso...
leer másA galería ribadense Terra Branca acollerá o vindeiro xoves, 14 de marzo, a presentación da novela A Fuxida, de Pepe Peinó. Será ás 19:30 horas e a entrada é libre.
A fuxida fala das inquedanzas da adolescencia, segundo Pepe Peinó, escritor, director de teatro e de cine.
O acto contará coa actuación especial da cantante Maika Alonso.
Desde Terra Branca o seu propietario, José Ramón Leal, anima a asistir a esta presentación: “en nuestra galería hemos venido acogiendo diversas actividades culturales, como cursos de pintura, recitales poéticos, presentaciones de nuestras creaciones artísticas, etc. Y en esta ocasión tendremos la oportunidad de escuchar al escritor mariñano Pepe Peinó hablándonos de su segunda novela, A fuxida. Animamos a los amantes de la lectura y de la música a que se...
leer más