Libro
A asociación cultural A Pomba do Arco organiza o 18 de xaneiro ás 20:30 horas na Libraría Bahía, de Foz, a presentación do libro Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio, no que tomarán a palabra os autores do volume Carlos Babío e Manuel Pérez Lorenzo.
Segundo os organizadores “Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio é unha investigación histórica sobre o roubo do Pazo de Meirás pola familia do ditador Francisco Franco, sinalando os procedementos seguidos para facerse irregularmente coa propiedade e as presións para obrigar, mediante sancións económicas, ás galegas e galegos a achegar os fondos para o mesmo”.
E engaden que “o volume achega ao tempo un estudo sobre a represión económica no franquismo, facendo un percorrido por casos semellantes aos do Pazo de Meirás ao longo da xeografía galega así como das...
leer másA Librería Bahía, de Foz, en colaboración co club de lectura de A Pomba do Arco, organizan este xoves 11 de xaneiro, a presentación da última novela de Lionel Rexes, A raíña das velutinas. O acto comezará ás 20:30 horas.
No club de lectura de A Pomba do Arco leron esta novela e agora celebran un coloquio co autor na librería aberto a todo o público.
O escritor alfocés Lionel Rexes recibíu o Premio Lueiro Rey de Novela por esta obra publicada por Xerais en outubro de 2017. A narración parte dun encontro real, acontecido nunha casa de turismo rural de Mondoñedo no verán de 2016. O autor participou nunha xornada cun dos últimos guerrilleiros republicanos vivos, e a partires desa experiencia, comezou a redactar a novela.
Este xoves, 28 de decembro, o escritor Lionel Rexes falará en Ribadeo da súa obra A raíña das velutinas.
O acto, organizado pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, terá lugar na Casa das Letras, na rúa Rodríguez Murias 8, ás 20:30 horas.
O autor alfocés presentará a súa última novela pola que obtivo o Premio Lueiro Rey de Novela, e na que a narración parte dun encontro real, acontecido nunha casa de turismo rural de Mondoñedo no verán de 2016.
Lionel Rexes participou nunha xornada cun dos últimos guerrilleiros republicanos vivos e, a partires desa experiencia, comezou a redactar unha narración en forma de novela que presentou ao premio literario que o concello de O Grove convoca desde hai vintetres anos.
Despois de terse presentado noutros puntos da provincia...
leer másO Concello ven de presentar o libro Burela recicla o Nadal. Trátase dun manual de bos usos para concienciar á poboación da necesidade de reciclar nestas datas de Nadal nas que hai tanto consumo de alimentos, agasallos, embalaxes, etc. Son 1.000 exemplares os que se repartirán polos centros de ensino, na Biblioteca Municipal e tamén no Concello. No acto desenvolvido esta tarde participaron o alcalde, Alfredo Llano, a concelleira de Medio Ambiente, Noelia Mª Ben, e o autor dos textos, que é Xosé A. Perozo. O libro conta con ilustracións de Fran Muñiz.
O rexedor comentou que “a finalidade do Concello de Burela é dalgunha maneira concienciar, axudar e compartir a problemática que está habendo con respecto ao que é a grande cantidade de residuos que se xeran no día a día. Xa participamos nalgún encontro cos Concellos que están a favor loitar...
leer másA Deputada de Cultura, Pilar García Porto, a Deputada Provincial pola Comarca da Mariña, Mayra García Bermúdez, e a Alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García, presentaron na biblioteca municipal do municipio do Landro, un libro monográfico sobre a figura e obra de Maruja Malloeditado pola Deputación, a cargo da catedrática Victoria Carballo-Calero, quen participou tamén na presentación. Esta iniciativa forma parte da programación de actividades que o Executivo da Deputación ofrece con motivo de que a Real Academia Galega de Belas Artes decidiu homenaxear polo Día das Artes Galegas, á artista lucense Maruja Mallo.
García Porto apuntou que “a través desta publicación poñemos en valor a vida e obra dunha das artistas máis importantes que viu nacer a nosa provincia. Maruja Mallo foi pioneira nunha forma de entender a vida e o arte e un...
leer másA novela A raíña das velutinas de Lionel Rexes será presentada en Mondoñedo o 2 de decembro. O acto terá lugar na Casa da Penela en Vilamor, ás 19:00 horas. Precisamente a narración xurdiu nese establecemento de turismo rural.
Tras a presentación celebrarase unha cea no mesmo local, para a que é preciso anotarse, e pode facerse no teléfono 645 97 18 77. O prezo da cea é 20 euros e a data límite para a inscrición o luns 27 de novembro.
O acto de presentación estará amenizado polo cantautor Miro Casabella e polo músico e escritor mindoniense Fran Bouso. A mesa de presentación estará formada, amais de polo propio autor, por Xulio Rodríguez Leiras -activista cultural mindoniense-, Fernanda Cedrón Trigo –neta do mítico guerrilleiro mariñao O Gardarríos-, e Bernardo Penabade –profesor de lingua galega que elaborou unha...
leer másO próximo martes, 21 de novembro, ás oito e media da tarde Xabier Grandío, presentará na Librería Bahía de Foz o seu libro “Tarot Rider Waiter, Claves para interpretarlo”.
No acto o autor explicará a interpretación desta modalidade de Tarot para posteriormente dialogar e aclarar dúbidas dos asistentes sobre o mesmo. Tamén asinará exemplares desta publicación.
O Complexo RegalXunqueira de Viveiro acolle a exposición do libro "Soños coma xogaras" con letras de Xaime Oroza e imaxes de Otero Regal.
A mostra é unha edición de 130 páxinas que recolle o último poemario do escritor viveirense Xaime Oroza e ilustracións de Otero Regal, feitas expresamente para cada un dos poemas.
O libro en galego foi publicado pola editorial madrileña Círculo Rojo, sendo o primeiro libro en galego promovido por esta editorial. Anteriormente ambos autores xa publicaron o libro artístico Dende mañá, que tamén tivo unha edición comercial da mesma obra.
Esta exposición permanecerá no Complexo RegalXunqueira ata o día 31 de xaneiro de 2018.
O vindeiro xoves, 2 de novembro, ás oito e media da tarde, na Librería Bahía de Foz, Paco Rivas vai presentar o seu último libro: Mar… usía. Relatos Salpresados. Editado por Baía Edicións.
Trátase dun conxunto de relatos que teñen como protagonistas ao mar e as súas xentes.
Xunto co autor, estarán na Librería Bahía, de Foz, o profesor Bernardo Penabade e a editora Belén López Vázquez.
As Deputadas Mayra García Bermúdez, Sonsoles López Izquierdo e Pilar García Porto, e a Concelleira de Economía, Ana Prieto González, xunto áprofesora María Isabel Fernández García, presentaron no obradoiro do libro do Centro de Artesanía e Deseño, Manuela Barreiro Pico. Ribadense destacada, primeira licenciada en Farmacia de Galicia (1900). Trátase do libro editado polo Executivo Provincial a través do Servizo de Publicacións, que recolle a vida e obra desta lucense a través de fotografías, recortes de prensa e documentos. Manuela Barreiro Pico foi a primeira muller en acadar o título de Bacharelato no instituto de Lugo, en 1896; a primeira matriculada na Universidade de Santiago de Compostela, en 1896; e a primeira licenciada en Farmacia en Galicia e sétima de España, no ano 1900.
García Bermúdez destacou que “Manuela Barreiro Pico foi...
leer más