Libro
28/11/2016
A Librería Bahía de Foz, en colaboración co club de lectura da Pomba do Arco, inaugura o formato de encontro con autores e autoras para descubrir as súas obras.
Deste xeito o xoves, 1 de decembro, Santiago Jaureguizar estará na Librería Bahía ás 20:30 horas, para falar da súa última obra titulada Placebo.
A acción de Placebo desenvólvese na vila de Ribadeo á que regresa Roi logo de sufrir un grave accidente no que perde a memoria. Reencontrarse cun pasado que non recorda vai ser para el unha fonte de sorpresas. Tamén o vai ser para o lector nesta obra na que nada é o que parece.
21/11/2016
A obra Mortos por amor á terra de Ramón Ermida presentase este venres, 25 de novembro, en Mondoñedo.
No acto que terá lugar na Casa da Xuventude ás 20:30 horas, intervirán o investigador Cidre Fernández, o historiador Eliseo Fernández e o autor, Ramón Ermida, quen falará da represión sobre o nacionalismo galego entre os anos 1936 e 1950 facendo especial fincapé sobre a represión franquista en Mondoñedo.
25/08/2016
Durante os días 26, 27 e 28 de agosto a II Feira do Libro acollerá diversas actividades como presentacións de libros, actuacións musicais e debates con escritores. A praza da Mariña será o escenario deste evento. O alcalde, Alfredo Llano, anima a achegarse a Burela ao longo destes días.
O rexedor comentou que “despois deste mes tan realmente activo aquí no noso concello de Burela con temas extraordinariamente atractivos para o público en xeral, para os nosos veciños e para a xente que estaba por aquí na comarca de vacacións, imos culminar con algo que a min me parece realmente importante como é a segunda edición da Feira do Libro que vai ter lugar o 26, 27 e 28 de agosto”.
22/08/2016
A reedición do libro Burela: Apuntes históricos y Crónica del siglo XX será presentada na segunda Feira do Libro que se celebrará en Burela durante os días 26, 27 e 28 deste mes.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “en Burela tenemos esta semana la segunda edición de la Feria del Libro. Estamos con muchas ganas todos los que llevamos la parte de Cultura, nos hace ilusión esta segunda feria siempre buscando mejorar la del año pasado. La verdad es que el balance fue bueno y quedamos contentos con ella, pero siempre se aprende de pequeños errores que se cometieron y esperemos aquí poder corregirlos y hacer una segunda feria que atraiga no sólo a nuestros vecinos de aquí sino a...
leer más 17/08/2016
"Mortos por amor á terra. A represión sobre o nacionalismo galego (1936-1950)", de Xosé Ramón Ermida, será presentada o venres, 19 de agosto, ás 21:00 horas, na Feira do Libro de Foz que se localiza na praza Conde de Fontao.
A publicación recolle un traballo de investigación histórica sobre diversos aspectos da represión franquista en Galicia con importantes referencias aos feitos acontecidos en Foz e no conxunto da Mariña.
Na presentación o venres 19 intervirán o autor, Xosé Ramón Ermida Meilán, o historiador Xoán Ramón Fernández Pacios, e o representante da editorial Sermos Galiza Xoán Costa.
13/08/2016
Foi presentada na Casa da Cultura de Foz a XXXI edición da Feira do Libro que terá lugar dos días 18 ao 21 deste mes. O número de stands case duplica o do pasado ano cun total de 8, que permanecerán abertos entre as 17:30 e as 22:00 horas.
O alcalde de Foz, Javier Castiñeira, subliñou nesta presentación que “desde o Concello de Foz estamos unha vez máis moi agradecidos á Federación de Libreiros especialmente como organizadora da XXXI edición da Feira do Libro de Foz, pero tamén a todas aquelas administracións neste caso Xunta de Galicia, Deputación de Lugo, e o propio Concello, pero tamén ao Centro Comercial Aberto de Foz, porque grazas a súa axuda a Feira do Libro chega a súa XXXI edición...
leer más 20/07/2016
O auditorio da Casa de Cultura de San Ciprián acollerá este sábado, día 23, a presentación do libro de Borja Iglesias Rodríguez titulado Shine on you crazy diamond y otros relatos. Anunciouno hoxe a concelleira de Cultura, Dolores García Caramés.
Borja Iglesias naceu en San Ciprián en 1978 e actualmente reside en Las Palmas de Gran Canaria e traballa como psicólogo clínico no Servicio Canario de Salud. Anteriormente publicou as novelas Ceballos Urquijo, no ano 2010, e Rumbo al Sur, no 2015. Esta antoloxía de relatos que presenta o sábado na Casa da Cultura supón o seu debut no xénero do conto.
30/06/2016
A III Feira do Libro de Ribadeo inaugurarase este venres, 1 de xullo, ás oito da tarde, co pregón que ofrecerá o escritor Antonio Reigosa. As casetas xa estarán abertas ao público desde as doce do mediodía e a feira prolongarase ata o domingo, 3 de xullo. A cita acollerá mitas actividades para nen@s e adultos.
O concelleiro de Cultura, Farruco Graña, dixo: “coido que este ano damos un pequeno salto de carácter cualitativo nas actividades que se desenvolven nesta III Feira do Libro. Persoas da talla de Francisco Castro, de Pedro Feijoó, de Antonio Reigosa, de Ledicia Costas, xente a nivel local como Cidre Fernández, de Mondoñedo, Pablo Vivín, de Ribadeo, Xosé Otero Canto, que é un chairego que polos...
leer más 22/06/2016
O Concello reeditará o libro de Ricardo Pena Domínguez "Burela: Apuntes históricos y crónica del siglo XX". Nesta reedición colabora a Deputación Provincial e sairá cunha tirada inicial de 500 exemplares.
O alcalde, Alfredo Llano, contou que “foi hoxe un día de satisfacción porque tivemos oportunidade de falar coa familia de Ricardo Pena, que foi o noso Cronista Oficial hai tempo aquí en Burela, e que escribiu un libro que está moi interesante e que se titula Burela: Apuntes históricos y crónica del siglo XX”.
O rexedor subliñou que “había unha demanda moi grande en Burela. De feito cando se fixera a primeira edición enseguida se esgotou. Agora...
leer más 11/06/2016
O reponsable de Cultura da Deputación de Lugo, Xosé Ferreiro, participou na presentación das Feiras do Libro que se desenvolverán neste 2016 na provincia de Lugo. No acto, que se celebrou nos xardíns do Pazo de San Marcos, tamén estivo presente a presidenta da Federación de Librarías de Galicia, Pilar Rodríguez Álvarez, colectivo que se encarga de organizar estas feiras, xunto con Carlos Coira, Presidente da Asociación de Libreiros de Lugo.
Ferreiro salientou que un ano máis, “a Área de Cultura da Deputación de Lugo colabora coa Federación de Librarías de Galicia para organizar catro feiras do libro na provincia de Lugo, sendo a primeira a da Lugo, que xa se desenvolveu no mes de maio, e posteriormente as de Viveiro, Foz e...
leer más