Libro
A asociación CULTURA DO PAÍS, (colectivo con base en Lugo que conta cun grupo activo de socios na comarca do Valadouro) organiza a presentación do libro Os irmáns de América. As pegadas da emigración do Valadouro na Habana, de Prudencio Viveiro Mogo, publicado por Edicións Laiovento o pasado mes de setembro.
O acto terá lugar o vindeiro sábado, 30 de outubro, ás 19:00 horas, no Castelo do Castrodouro de Alfoz. Intervirán, amais do propio autor: Ruth Rodríguez Bermúdez (presidenta de Cultura do País), quen presentará o colectivo no municipio alfocés, pois é a primeira actividade que se desenvolve neste municipio, e a seguir o escritor alfocés Lionel Rexes presentará a Prudencio Viveiro.
Os irmáns de América. As pegadas da emigración do Valadouro na Habana é un estudo sobre a sociedade de emigrantes “El Valle de Oro...
leer másO auditorio municipal Pascual Veiga acollerá este sábado, ás 12:00 horas, a presentación lo libro Mondoñedo, 1550-1800. Arquitectura e urbanismo de una sede episcopal e cuxo autor é o historiador de arte Javier Gómez Darriba.
A publicación está baseada na tese de doutoramento do creador e coa que acadou a máxima cualificación de Cum Laude. O acceso ao evento será gratuíto ata completar o aforo.
O volume, xa á venda nas librarías. Foi editado por Trea, sendo o Concello de Mondoñedo o encargado de financiar a súa publicación. Nas súas pouco máis de 400 páxinas descríbese a evolución urbana e arquitectónica que experimentou esta capital do Reino de Galicia ao longo dos tres séculos que conforman a Idade Moderna. Logo renovou a súa imaxe de sé episcopal grazas ao patrocinio de varios bispos, o Capítulo Catedralicio...
leer másA Concellaría de Cultura de Ribadeo programa para este fin de semana a presentación dun libro e unha actuación de monicreques.
O domingo, 24 de outubro, ás 12:00 horas, na Casa do Viejo Pancho, terá lugar a presentación do libro titulado La naturaleza en el aula da asturiana Claudia López e a ribadense Patricia Muíña. A pedagoxía a través dos recursos próximos e cotiáns é a razón de ser da obra destas autoras.
Tamén o domingo Os monicreques de Kukas presentan Don Gaiferos. Será no Auditorio Municipal Hernán Naval, ás 20:00 horas e o prezo da entrada xeral é de 5 euros, para persoas desempregadas, estudantes e xubiladas 3€. Trátase dunha obra de teatro con monicreques de fíos e música en directo que, partindo do romance popularizado por Faustino Santalices e incorporando cancións e músicas do folclore galego, conta...
leer másA asociación de veciños San Pedro, de Cangas de Foz, inicia unha campaña co obxectivo de conseguir que esta localidade do concello focense sexa final de etapa no Camiño do Mar. A primeira actividade desta iniciativa celebrarase este domingo, 3 de outubro, coa presentación do libro Miscelánea da antiga provincia de Mondoñedo, escrito por Xosé Isidro Fernández Villalba. Este acto será ás 17:30 horas no Centro Cultural de Cangas.
O presidente do colectivo veciñal, Antón Castro, explica que “dentro de la campaña que se está llevando a cabo por múltiples instituciones sobre la oficialización del Camiño del Mar vamos a iniciar una serie de actos en los próximos meses para tratar de que Cangas de Foz sea reconocida como fin de etapa de este camino. Lo hacemos por varios motivos: disponemos de unas infraestructuras fenomenales y adecuadas para la...
leer másO vindeiro venres, 24 de setembro, ás 18:00 horas, no Salón de Actos do Centro Sociocultural da Xuventude e Terceira Idade de Alfoz, terá lugar a presentación do libro "Fuxindo da saudade", recopilatorio de artigos do profesor de filosofía Pedro Rubal Pardeiro. No mesmo acto farase tamén a presentación da web sobre a súa vida e percorrido profesional.
Ao remate da presentación, levarase a cabo a inauguración dunha sección da Biblioteca Municipal composta por obras doadas por Pedro Rubal, na que se descubrirá unha placa conmemorativa para deixar constancia do agradecemento do Concello polo seu xesto cara ao pobo de Alfoz, do que é fillo predilecto.
Estarán presentes nos actos, representantes da Deputación Provincial de Lugo, quen financia a través do Plan Único a adquisición de materiais e equipamento para a...
leer másA asociación Cultura do País organiza a presentación do libro As mulheres da Casa da Bouça da roupa estendida, de Adela Figueroa, publicado por Edicións Laiovento.
O acto terá lugar o próximo sábado, 18 de setembro, ás 12:00 do mediodía na Casa da Cultura Manuel Lourenzo de Ferreira do Valadouro.
Adela Figueroa é unha autora luguesa que destaca polo seu compromiso ecolóxico e feminista. Bióloga de formación, cultiva, entre outros xéneros, a poesía e a literatura infantil. Ten traballado tamén na recuperación da tradición oral.
Esta novela, a xuízo do experto literario Claudio Rguez. Fer: “É unha obra chea de crueldade e horror, pero tamén contén a beleza da terra, neste caso a do Incio, e da vida, sobre todo a través do amor e da esperanza nun futuro mellor, sen deixar de ser consciente...
leer másA Feira do Libro de Foz celebrarase desde este xoves, día 19, ata o domingo 22 na Praza Conde de Fontao de 17:30 a 22:00 horas.
O lema é Libros no Camiño e será inaugurada mañá, xoves, ás 19:00 horas co pregón a cargo de Marilar Aleixandre e ata o domingo haberá 15 actividades de presentacións e sinatura de publicacións, ademais de recitais poéticos e musicais.
Participarán a Deputación de Lugo, Librería Aguirre, Editorial Planeta, Libraría Pedreira, Aenea, Libraría Cortizas e Librería Bahía. Ofrecerán un desconto do 10 por cento en todos os libros.
A feira está organizada pola Federación de Librarías de Galicia e conta coa colaboración do Concello de Foz.
Área 51, el libro de relatos cortos de temáticas variadas, tendrá un 30% de descuento y además los primeros 20 compradores se llevarán la camiseta promocional del libro.
José Díaz explica que "es la primera presentación en vivo del libro con lo que aunque hace meses que está a la venta, es como si acabara de salir. Es mi tercer libro, y aunque el último siempre es al que más cariño se le tiene, también es verdad que quizá sea el más trabajado en lo que respecta a la forma. Los contenidos guardan similitud con 69, sigo buscando historias impactantes donde cada línea de texto tenga interés".
El escritor cuenta que "me gustan los libros atractivos de alma y cuerpo, por eso este incluye ilustraciones de Otto Tretto, un brillante artista cubano que deja su sello en este".
Díaz, que es concejal...
leer másCarlos Reigosa presenta a súa novela "Segredos de Bretaña" o 12 de agosto na Librería Bahía, en Foz.
O escritor Carlos Reigosa presentará este xoves, 12 de agosto, a súa novela Segredos de Bretaña. O acto, organizado por Librería Bahia, terá lugar na Casa da Cultura de Foz ás oito e media da tarde. O autor estará acompañado polo secretaria xeral da Asociación de Críticos Literarios, Ángel Basanta, e polo escritor e Cronista Oficial de Mondoñedo, Antonio Reigosa.
Carlos Reigosa conta que na súa novela Segredos de Bretaña está Foz, que esa novela é Foz, a súa Bretaña é a mesma Bretaña de Cunqueiro, e nos seus segredos está a pesca no Gran Sol, a costa e o interior, as mitoloxías que a envolven e o encontro entre tradición e modernidade.
Debido á situación sanitaria é imprescindible anotarse previamente na Librería Bahía, ben sexa de xeito presencial, no mail bahía@libreriabahia....
leer másO vindeiro sábado terá lugar a presentación do foto libro Espazos de ultramar, que recolle a testemuña visual das visitas do seu autor, Iván Torres, a catro edificios indianos. E como complemento estará aberta na Oficina de Turismo do 9 ao 25 de xullo a exposición De ida e volta, unha síntese das imaxes dese libro. O Concello quere render así homenaxe ao Ribadeo Indiano, que neste 2021 non se poderá celebrar por mor da actual situación sanitaria.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, explicou que “o foto libro Espazos de ultramar recolle a testemuña visual das visitas do documentalista Iván Torres Hernández a catro edificios da época indiana do concello de Ribadeo: son a Torre dos Moreno, o Círculo Habanero de A Devesa, o centro de formación CFEA Pedro Murias e a Casa de Don Inocencio. Escolléronse estes catro edificios tan singulares...
leer más












