Lourenzá
En agosto seguen as visitas guiadas ao Mosteiro de San Salvador, en Lourenzá. Teñen lugar de luns a sábado ás 12 da mañá. As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao teléfono: 982121006, por correo electrónico a lourenzaturismo@outlook.es ou por whatsapp ao 646384124
O Mosteiro de San Salvador é sen dúbida, o monumento máis importante do concello, un referente do barroco galego. Foi declarado monumento histórico-artístico no 1974.
Os primeiros datos da súa existencia son do 947. A partir do século XII, pasou de mosteiro familiar a mosteiro beneditino. A partir do 1505, intégrase na congregación de San Benito de Valladolid. No 1642, o prestixio da abadía chegou a tal que o rei Felipe IV outorgoulle o título de Marqués de Lorenzana a Don...
leer másO vindeiro domingo, 31 de xullo, as 19:00 horas terá lugar na Igrexa de Lourenzá un concerto de Hans van der Zanden e Anastasia Goldberg, da man de Peregrinos Musicales e O teu Xacobeo. A cita conta coa colaboración do Concello de Lourenzá.
Neste concerto os intérpretes tocarán varias pezas de música clásica de diversos autores, como son L. van Beethoven, P. Dukas, W.A. Mozart e J. Brahms.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, manifestou que “hoxe é un día de felicidade e de orgullo para todos os laurentinos e laurentinas porque vimos de recibir a marabillosa noticia de que se lle vai dedicar o Día das Letras Galegas do próximo ano 2023 a Francisco Fernández del Riego. Levamos loitando por isto moito anos”.
“En primeiro lugar quero agradecer ás corporacións municipais anteriores que iniciaran este camiño que agora me tocou a min continuar. Agradecer tamén a todos os grupos políticos que forman a actual corporación porque apoiaron sen fisuras esta candidatura. Tamén quero ter unhas palabras de agradecemento para aos concellos veciños que nos apoiaron, á Deputación Provincial, ao Concello de Vigo, á Fundación Penzol e a todas as institucións ás que nos diriximos para que apoiasen esta iniciativa e que o fixeron firmemente”,...
leer másA alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, ofrecerá unha recepción aos dous aventureiros que foron desde este municipio ata Noruega en vehículos clásicos, concretamente nun coche Dyane 6 e nunha moto Vespa 200. O acto será mañá, sábado 9 de xullo, a partir das 11 da mañá na praza do Conde Santo e nos baixos da Casa do Concello, onde os protagonistas desta viaxe (Jorge Aguirre e Cefe Martínez), ofrecerán unha charla coloquio na que contarán as experiencias vividas e proxectarán fotografías da aventura.
Esta viaxe, que serviu de promoción para o municipio, foi organizada polo Concello de Lourenzá en colaboración co club VespaFaba&Clásicos.
A Concellería de Cultura convoca a cuarta edición do Certame de Teatro Afeccionado Concello de Lourenzá, que se celebrará durante os meses de novembro e decembro.
Anunciouno hoxe o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron, quen explica que “as bases do certame aparecen publicadas na páxina web do Concello e o prazo de inscrición remata o 30 de setembro. As representacións das obras seleccionadas desenvolveranse durante o mes de novembro e a entrega de premios terá lugar nunha gala especial a celebrar no mes de decembro. O premio á mellor representación terá unha dotación económica de 750 euros e cada grupo seleccionado recibirá 300 euros en concepto de gastos de desprazamento, material, montaxe, etcétera. Ademais haberá premios para as mellores interpretacións, mellor montaxe e un premio especial do público. Nesta edición está previsto...
leer másO programa de actividades da III Festa Campesiña de Lourenzá, que se celebrará no Campo dos Bolos de Vilanova, comeza este sábado, día 18, ás oito e media da tarde coa actuación da Rondalla Trovadores de Ares. E o domingo 19 haberá feira de artesanía e alimentación, mostra de vehículos clásicos, exposición de razas autóctonas de Galicia, obradoiros, actuacións musicais, xantar, actividades infantís, queimada, premios para as mellores caracterizacións e tapas de porco celta.
O inicio das actividades do domingo está programado para as 11 da mañá. Para esa hora está prevista a apertura da feira con stands de artesanía e alimentación, da mostra de vehículos clásicos a cargo da asociación Vespa&Faba e da exposición de razas autóctonas de Galicia. Ademais comezarán os obradoiros de roca e cardado con la e de trenzas, pulseiras e tobilleiras...
leer másO claustro do mosteiro de San Salvador, en Vilanova de Lourenzá, acollerá o 18 de xuño, sábado, a partir das 12 do mediodía a segunda xornada dedicada a Francisco Fernández del Riego, actividade que organiza a asociación Patrimonio Laurentino coa colaboración do Concello de Lourenzá. Na presentación participou a alcaldesa, Rocío López, con representantes do colectivo promotor desta iniciativa.
Na xornada intervirán o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes, que ofrecerá unha charla titulada Fernández del Riego, editor, e o reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, que falará sobre Fernández del Riego e a Universidade. Para esta actividade a asociación Patrimonio Laurentino conta coa colaboración de Xosé López González, coñecido como Pepe de Celeirao, que é un veciño de Lourenzá licenciado...
leer másA alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango, veñen de presentar o cartel anunciador da III Festa Campesiña, que se celebrará o domingo 19 de xuño no Campo dos Bolos.
Manuel Arango anuncia que “o programa, que se dará a coñecer nos próximos días, incluirá actuacións de música e baile tradicional, obradoiros, postos de artesanía e alimentación, sesión vermú e festa campestre, xantar e tasca, entre outras moitas cousas. En todas estas actividades colaboran distintas asociacións do concello”.
A rexedora municipal invita “aos veciños e veciñas e a todas as persoas que se acheguen ese día a Lourenzá a que o fagan caracterizados de campesiños e campesiñas para acadar que a festa teña a aparencia das festas que se celebraban en Galicia hai un século”.
Para...
leer másO Concello de Lourenzá en colaboración co club VespaFaba&Clásicos Lourenzá organizan unha aventura sobre rodas que levará o nome do municipio laurentino ata terras de Noruega, concretamente a Nordkapp. “Dous aventureiros do club de clásicos de Lourenzá emprenderán unha apaixonante viaxe a bordo dun coche Dyane 6 e unha moto Vespa 200 dende a Terra da Faba. A saída dos protagonistas desta aventura está prevista para este sábado, 28 de maio, ás 12:00 horas no Cantón. O venres a partir das 8:00 horas inaugúranse os actos da saída cun espectáculo dun globo aerostático cautivo (estático) no Campo dos Bolos, cortesía de Íkaro Globos (Asturias) que dará publicidade ao evento e que poderá verse ao lonxe, dende os concellos limítrofes”, anuncia a alcaldesa, Rocío López.
A rexedora municipal destaca que “esta acción de promoción turística levará a Lourenzá...
O Concello de Lourenzá convoca un concurso de poesía co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2022. Anunciouno o concelleiro de Cultura, Manuel Arango Ron.
Nas bases do certame explícase que “o tema da poesía será A Paz e establécense tres categorías: A) ata 9 anos; B) de 10 a 14 anos; e C) máis de 14 anos. As obras, escritas en galego, serán presentadas de forma anónima, cos datos persoais do concursante (nome e apelidos, idade, enderezo e teléfono de contacto) introducidos nun sobre, que levará na parte exterior a categoría á que pertence. Só se admitirá unha obra por participante. Establécese un premio para cada categoría, consistente en 50 euros e figura institucional”.
As obras presentaranse na Biblioteca Municipal de Lourenzá ata o venres 20 de maio. A Concellería de Cultura encargarase de nomear un...
leer más












