Lourenzá
O Concello de Lourenzá organiza actividades de ximnasia de mantemento dentro do programa de dinamización nas parroquias. Esta iniciativa da Concellería de Deportes comezará o 13 de outubro e desenvolverase ata decembro.
A concelleira de Deportes, Sonia Gavino, anuncia que “o 13 de outubro comezarán as actividades, que se van a impartir durante os meses de outubro, novembro e decembro deste ano. Serán totalmente gratuítas, farase en grupos reducidos (máximo 10 persoas) e con mascarilla obrigatoria”.
Os grupos e horarios serán os seguintes: en San Adriano os luns e os mércores de 16:30 a 17:30 horas; en Santo Tomé os mesmos días pero de 17:30 a 18:30 horas; e no pavillón de Vilanova de Lourenzá tamén será os luns e os mércores, pero haberá dous grupos, un de 18:30 a 19:30 e o outro de 19:30 a 20:30 horas.
A formación de grupos será por rigoroso orden de inscrición...
leer másOs concertos de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre que estaban programados para mañá, sábado, 2 de outubro, en Lourenzá, concretamente no claustro do mosteiro de San Salvador, foron suspendidos ante a previsión de mal tempo.
Xabier Díaz informa a través da súa páxina web e das súas redes sociais desta suspensión e explica que as entradas mercadas na web “nos próximos 10 días hábiles farase a devolución das entradas pola tiqueteira Ataquilla. A comunicación da devolución farase no mesmo mail no que foron adquiridas as entradas. Para calquera cuestión relacionada pódese contactar co mail devoluciones@ataquilla.com”.
En canto ás entradas físicas mercadas na biblioteca municipal de Lourenzá hai de prazo ata o día 21 deste mes para solicitar a súa devolución. Para elo...
leer másO Concello laurentino organiza do 1 ao 3 de outubro unhas xornadas para lembrar a Festa da Faba de Lourenzá que se celebraba antes da pandemia. As actividades foron presentadas hoxe, venres, pola alcaldesa, Rocío López, e o concelleiro de Cultura, Manuel Arango.
A rexedora municipal explica que este evento “non ten nada que ver co formato habitual que víñamos facendo da Festa da Faba en anos pasados. Non se celebra a tradicional degustación que se facía anteriormente nin tampouco haberá as casetas dos fabeiros na Praza do Concello nin os postos que se colocaban nas rúas. Pero si estamos organizando unhas xornadas para esa fin de semana, na cal a faba vai estar presente e imos recordar o noso produto estrela”.
Rocío López anuncia que para a fin de semana do 1 ao 3 de outubro “o Concello organiza unha serie de...
leer másVilanova de Lourenzá acollerá este venres, día 24, a exposición Kinético de Xirapaus.
O concelleiro de Cultura laurentino, Manuel Arango, anuncia que esta mostra estará pola mañá no CEIP Juan Rey e pola tarde na praza do Conde Santo, se as condicións meteorolóxicas o permiten.
Esta actividade está organizada polo Concello de Lourenzá en colaboración coa Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Kinético é unha exposición na que se poden atopar personaxes musicais que, a partir de mecanismos, crean sons e ritmos, historias e contos, que nacen co movemento dunha manivela ou dun pedal. Son bonecos que se moven e andan sos, un teatrillo de monicreques automatizado, homenaxe do tradicional monicreque de cachiporra, efectos especiais recorrentes no teatro. A idea desta mostra é...
leer másA Federación de Comercio de Lugo, en colaboración coa Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Lourenzá e coa Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos do Municipio de Xove, e a Consellería de Economía, Empresa e Innovación – Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, pon en marcha a campaña promocional As Rodas da Sostibilidade.
Os clientes de Lourenzá que realicen compras, entre os días 20 e 28 de setembro, nos establecementos asociados á Acial poden participar nesta iniciativa e, cunha compra mínima de 10 euros, poderán tirar dunha das dúas rodas instaladas, segundo o importe da compra realizada. No caso de Xove as compras deberán realizarse nos negocios asociados á Aciam entre o 20 e o 29 de setembro.
As Rodas da Sostibilidade xirarán o martes, día 28, de 11 a 14 horas...
leer másTarabela Creativa presentará este domingo, 12 de setembro, en Lourenzá a obra Tabú.
Trátase dunha obra de Carmen Conde con música ao vivo de Nastasia Zürcher. Tabú nace das conversas con mulleres de entre 70 e 95 anos recollidas en Valmiñor, O Morrazo, O Caurel, A Mariña lucense e a Costa da Morte sobre a súa vida erótica e sexual da mocidade.
A representación terá lugar no claustro do Mosteiro de San Salvador, en caso de choiva será no salón de actos con aforo limitado, ás 19:00 horas.
Colaboran na organización deste evento: Concello de Lourenzá, Xacobeo 21-22 e Xunta de Galicia.
A Escola de Música de Lourenzá acaba de abrir o prazo de matrícula para o curso 2021-22. Os interesados en inscribirse deben dirixirse ás instalacións do centro, que están na Casa da Xuventude, ou a través do correo electrónico bandademusicadelourenza@gmail.com.
O director do centro, José Manuel López Sambad, explica que “empezou o ano pasado, tivo unha acollida moi boa e para este curso abrimos o prazo de matrícula onte, 1 de setembro, e xa levamos practicamente as mesmas que o ano pasado, incluso algunha máis. En canto ás especialidades que impartimos, de vento-madeira temos frauta traveseira, clarinete e saxofón; tamén impartimos gaita galega, que é de música tradicional pero está encadrada dentro de vento-madeira. Ademais temos todas as especialidades de vento-metal: trompeta,...
leer másO Mago Antón actuará en Lourenzá este domingo, día 5. Será no seu vehículo con escenario, que se instalará na praza César Chavarría para presentar A volta a Galicia en 313 concellos.
As entradas son gratuítas e haberá funcións ás 12:00, 13:00, 17:00, 18:00, 19:00, 20:00 e 21:00 horas.
Os días 3 e 4 de setembro celebraranse en Lourenzá unhas xornadas de degustación da carne de poldro.
Os días 3 e 4 de setembro en locais de hostalería de Lourenzá haberá unhas xornadas de degustación de carne de poldro en colaboración coa Asociación de Criadores do Cabalo de Pura Raza Galega Puraga. Participan na cita nove establecementos hostaleiros.
A carne de poldro galego 100% raza autóctona é un produto baixo en graxa, alto en proteínas e moi rico en ferro. O consumo de carne de poldro recoméndase para toda a poboación e en especial para aquelas persoas que, ben sexa pola súa situación (embarazo, anemia) ou pola súa actividade diaria (deportistas), necesiten dunha alimentación altamente nutritiva.
Todos os poldros co selo de calidade 100% Raza Autóctona Cabalo de Pura Raza Galega críanse en liberdade nos montes galegos, o que asegura o benestar do animal. Por tanto, a carne é un produto de calidade, sostible...
leer másO Concello de Lourenzá e a asociación Patrimonio Laurentino organizan unha xornada dedicada á pintora Julia Minguillón, artista que estivo moi vinculada ao municipio. Será o día 28 deste mes, sábado, ás 18:00 horas no mosteiro de San Salvador, onde haberá unha charla na que intervirán a directora do Museo Provincial de Lugo, a museóloga Aurelia Balseiro García, e María Fidalgo Casares, que é doutora en Historia do Arte e membro da Academia Andaluza de Historia. O aforo é limitado e para asistir hai que reservar entrada a través do correo patrimonio.laurentino@gmail.com ou vía whatsapp ao teléfono 649.28.17.91. Tamén haberá outras medidas covid, como o uso obrigatorio de máscara e de xel.
Ademais desde esta fin de semana ata o sábado 28 exporanse reproducións de obras de Julia Minguillón...
leer más