Lourenzá
A exposición Don Paco, o pícaro argalleiro atópase nas instalacións do Mosteiro de San Salvador, de Vilanova de Lourenzá. Trátase da primeira ocasión na que, dentro da programación de actividades dun Día das Letras se inclúe unha exposición que reúne os xogos e xoguetes que formaron parte da vida do autor homenaxeado.
A exposición recolle, previo estudo da obra de Francisco Fernández del Riego, os xogos e xoguetes citados por el como parte da súa crianza. Foron Xosé López e Xosé Manuel García, responsables do museo O recuncho das argalladas, radicado no Pazo de Tovar, tamén no concello de Lourenzá, as persoas que decidiron acometer este ambicioso e orixinal proxecto. As persoas promotoras son recoñecidas en Galicia e fóra das súas fronteiras como dous dos principais estudosos, na actualidade, sobre o xoguete tradicional.
... leer másVilanova de Lourenzá acollerá os días 22 e 23 deste mes, sábado e domingo, unhas xornadas para achegar a figura de Francisco Fernández del Riego á xente nova. Están organizadas pola Mesa Coordinadora Don Paco, polas Escolas Deportivas Lourenzá e polo Concello e na presentación participaron representantes destas entidades.
A presidenta da Mesa Coordinadora Don Paco e alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explicou: “estas xornadas, que organizamos os días 22 e 23 de abril, son outras das moitas actividades que están enmarcadas dentro dese calendario de actos do ano dedicado a Francisco Fernández del Riego. Nesta ocasión trátase dunha serie de eventos que van destinados á xuventude e que están moi ligados co deporte. Están organizados pola Mesa Coordinadora Don Paco e polas Escolas Deportivas do Concello e agardamos achegar a figura de...
leer másA Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza un percorrido pola Ruta das Lagoas, no municipio de Cospeito, para o 23 de abril, domingo. A distancia son 14 quilómetros e a dificultade é baixa. Ao rematar a camiñada os participantes xantarán no restaurante Casa Paca, de Xermar.
A saída será ás 08:00 horas desde o Cantón de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 20 horas do 19 de abril, chamando ao teléfonos 619.82.87.84 ou 619.37.80.29. O prezo é de 35 euros para os socios do colectivo organizador e de 40 euros para os que non o son.
Esta Semana Santa en Lourenzá haberá o Vilou Spring Fest, no que actuarán a orquestra Panorama e Grupo Beatriz; a oitava concentración de vehículos clásicos VespaFaba & Clásicos e o XV torneo de baloncesto feminino Lourenzá en Xogo, que se recupera despois de non celebrarse durante a pandemia. Os tres eventos empezarán o día 6 de abril, Xoves Santo, e foron presentados conxuntamente nun acto que contou coa participación da alcaldesa, Rocío López, e representantes das organizacións das tres actividades.
A alcaldesa, Rocío López, anima “a toda a xente a que se achegue esta Semana Santa a Lourenzá porque temos unha programación moi completa, que aglutina desde o torneo de basket, no que participarán equipos de baloncesto feminino de toda España; haberá tamén concentración de vehículos clásicos; e moita festa, da man do Vilou Spring Fest,...
leer másA Casa dos Veciños da parroquia de Santo Adrao acollerá este sábado, 1 de abril, ás 19 horas a presentación do libro de Ramón Nicolás titulado Francisco Fernández del Riego, vida e obra dun obreiro do galeguismo. Ademais proxectarase o audiovisual Don Paco volve a Lourenzá, de Arraianos Producións.
Este acto, incluído na programación para celebrar as Letras Galegas 2023 dedicadas a Fernández del Riego, está organizado pola Mesa Coordinadora Don Paco e o Concello de Lourenzá coa colaboración da Real Academia Galega, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.
A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense colabora co Concello de Lourenzá e coa Mesa Coordinadora Don Paco no programa cultural que organizan polo Día das Letras Galegas, dedicado neste 2023 a Francisco Fernández del Riego.
A Mancomunidade adaptou para este programa cultural a audioguía ficcionada do concello laurentino Vilanova de Lourenzá. Paisaxes da memoria. Fernández del Riego descóbrenos os recunchos dunha nenez feliz, a cargo do Plan de Sostibilidade Turística da Mariña Lucense, cofinanciado pola Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo coa colaboración da Deputación de Lugo.
Xa que a Real Academia Galega decidiu dedicarlle as Letras Galegas 2023 ao escritor e intelectual laurentino Francisco Fernández del Riego, o Concello de Lourenzá e a Mesa Coordinadora Don Paco -que...
leer másO Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este xoves coa Alcadesa de Lourenzá, Rocío López García, un acordo de colaboración a través do que a institución provincial destina ao Concello 60.000€ para o financiamento da programación de actos do Ano de Francisco Fernández del Riego. A institución provincial coopera así coa organización dunha ampla serie de iniciativas para dar a coñecer e poñer en valor a vida e obra do tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor laurentino homenaxeado neste 2023 polas Letras Galegas.
As accións desenvolveranse ao longo de todo ano, con especial atención no propio Día das Letras Galegas 2023, o 17 de maio. O Presidente enmarcou esta colaboración na boa relación que se mantén dende a Deputación con Lourenzá, e puxo de manifesto a idoneidade de homeneaxear a Del Riego este...
leer másPara conmemorar o 8M o Concello de Lourenzá organiza a presentación do libro Siluetas na area este sábado, día 11, e colocará na Travesía da Mariña un banco dedicado á muller esta semana.
A alcaldesa, Rocío López, explica que a publicación que se presentará “tratase da tradución do libro Siluetas na area por Fernando Domènech. É unha obra dunha autora francesa chamada Isabelle Eberhardt, que naceu en Suiza no ano 1877. Isabelle era unha viaxeira que se namorou do mundo árabe e escribiu neste libro sobre el. A presentación terá lugar o sábado 11 de marzo no Salón de Actos do Concello ás 19:00 horas. No acto participarán con lecturas a laurentina Marina Oural Villapol e Gaïa Bérens Mercado. Tamén ó longo desta semana o Concello colocará un banco dedicado á muller na Travesía da Mariña”.
A concellería de Servizos...
leer másO colexio Juan Rey de Lourenzá, a terra natal do protagonista do Día das Letras Galegas 2023, Francisco Fernández del Riego, acolleu hoxe a presentación da nova edición de Primavera das Letras, o espazo virtual que a Real Academia Galega dedica ao público infantil. O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes, e a académica responsable do proxecto, Fina Casalderrey, visitaron o centro acompañados de Eva Mejuto e Lucía Cobo. A escritora e ilustradora asinan As cousas de don Paco, unha obra teatral infantil, para ler e para que representen os nenos e nenas, na que o lapis Donlapis, o reloxo Baldomero, a cámara de fotos Leica, a máquina de escribir Oliva e a lupa Guadalupa de Francisco Fernández del Riego son os encargados de achegar os nenos e nenas á figura do protagonista do vindeiro 17 de maio.
Alén da obra teatral, a páxina...
leer másO Deputado de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, participou este venres na Cidade da Cultura de Santiago no acto de presentación do programa do Día das Letras Galegas 2023, que chega á 60 edición rendéndolle homenaxe ao tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor Francisco Fernández del Riego, natural de Lourenzá.
A Deputación de Lugo colaborará co Concello de Lourenzá para a posta en marcha dun completo programa que inclúe no seu conxunto máis dun cento de actividades e accións que servirán para dar a coñecer e poñer en valor a vida e obra do homenaxeado. As iniciativas desenvolveranse ao longo de todo ano, con especial atención no propio Día das Letras Galegas 2023, o17 de maio.












