A Mariña
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, vén de asinar un convenio de colaboración co presidente da Fundación Xesús Bal y Gay, Enrique Rodríguez Baixeras, no Pazo de San Marcos polo cal a institución provincial achega 12.000€ á organización do Festival Bal y Gay deste ano, que se celebrará do 12 ao 24 de agosto en diferentes concellos da Mariña Lucense.
Tomé Roca puxo en valor a traxectoria e o traballo destafundación “para converter este festival nun referente que sitúa á Mariña e á provincia de Lugo nun lugardestacado do panorama nacional e internacional da música e da cultura”.O Presidente sinalou que“dende a Deputación compartimos plenamente a súa aposta por acercar a música clásica á xente a través deescenarios e lugares de alto interese patrimonial”. Engadiu que, polas súas características e itinerancia, “esta cita...
leer másPresentouse no Pazo de San Marcos unha nova edición do torneo de fútbol sala base “Heroes do Orzán”, que reunirá na Mariña equipos de base de todo o Estado en memoria de Rodrigo Maseda Lozano, policía burelés que perdeu a vida ao intentar rescatar un mozo na praia coruñesa do Orzán en 2012 xunto a outros dous compañeiros.
Isabel Lozano, nai de Rodrigo Maseda Lozano, participou no acto de presentación, xunto ao deputado de Deportes, Efrén Castro, o presidente da Fundación Indecum, Marcelino Luna, o director do torneo, Alfonso Mera, e o Comisario Principal José Esteban Corral. Tamén asistiron o alcalde de Burela, Alfredo Llano, o tenente alcalde de Viveiro, Suso Fernández, e o concelleiro de Deportes de Cervo, David Rodríguez.
O torneo, que volve despois de dous anos, disputarase do 24 ao 28 de xuño en Burela (...
leer másSete entidades de toda a provincia participan esta semana no programa da Deputación de Lugo Coñece a túa provincia. Dende hoxe ata o venres, colectivos de Lugo, Barreiros e Cervantes percorren o patrimonio natural e cultural da provincia a través de diferentes itinerarios que os levarán a Cervo, O Incio, Alfoz e O Valadouro, Quiroga, O Saviñao e a zona de Montaña, con parada nos concellos de Becerreá, As Nogais, Cervantes e Navia de Suarna.
As viaxes comezaron este martes con dúas entidades do concello de Lugo. Por unha banda, membros da Asociación Veciñal San JoséPolvorín das Gándaras iniciaron o percorrido no Mazo de Santa Comba e, posteriormente, achegáronse ao concello de Cervo, onde visitaron a fábrica de Sargadelos, o Paseo dos Namorados e a vila de San Cibrao. Por outro lado, integrantes da Asociación Prestancia de Lugo percorreron...
leer másA Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense, coa axuda da Axencia de Turismo de Galicia e da Deputación de Lugo para a súa promoción, organiza as IV Xornadas de Portas Abertas das Rutas de Artesanía, que nesta edición desenvolveranse as fins de semana do 17 ao 19 e do 23 ao 26 de xuño. Nesta ocasión, ademais, realizarase un sorteo entre as persoas que participen que consistirá en 4 premios de experiencias, aloxamento e almorzos nas empresas participantes no proxecto Turismo Slow Norte de Galicia localizadas na Mariña Lucense.
Desde a Mancomunidade o seu presidente, Fran Cajoto, lembra que “se trata dunhas xornadas con actividades gratuítas que se organizan por cuarto ano consecutivo da man dos artesáns da comarca que conforman o proxecto das Rutas de Artesanía da Mariña Lucense, polo que a Mancomunidade leva apostando dende hai anos. Na...
leer másVolve o Torneo de Fútbol Sala Base HEROES DO ORZÁN, en memoria dos tres policías que perderon a vida ao intentar rescatar a un mozo eslovaco na praia coruñesa do Orzán en 2012. Esta nova edición terá lugar os días 24, 25, 26, 27 e 28 de xuño de 2022.
Despois de estes dous anos dende a edición anterior , sen ter lugar por motivo de pandemia, estamos en organización dun evento clave na nosa comarca que reúne a tantos clubes e institucións. Desde a Fundación, estamos esperando que chegue o día da celebración do torneo, unha actividade que xa é unha costume interiorizada na nosa rexión. Desde logo, volver a retomar esta tradición neste ano, vai provocar o dobre de emoción como consecuencia da inactividade.
O torneo desenvolverase nos 6 pavillóns dos Concellos de Burela, Foz, Xove, Cervo e Viveiro. Contará con...
leer másA Mariña e a Ribeira Sacra son os territorios que percorrerán esta semana os participantes no programa da Deputación de LugoCoñece a túa provincia. Dende hoxe ata o venres a veciñanza de Vilalba, Lugo, Baleira, Outeiro de Rei e Alfozcoñecerá o patrimonio natural e cultural da provincia de Lugo a través de diferentes itinerarios.
A Asociación de Veciños de Santa Eulalia de Román, de Vilalba, e a Asociación de Prexubilados e Xubilados Xubilia Lucus, de Lugo, foron este martes as primeiras entidades en participar na programación desta semana.
Os vilalbeses coñeceron o Mazo de Santa Comba e, posteriormente, desprazaranse o concello de Sober, cunha visita á rectoral de Gundivós e á igrexa románica de San Xiao de Lobios. Ademais, visitaron a Ribeira Sacra a través dun percorrido no catamarán da Deputación.
... leer másPreto de 180 veciños e veciñas de oito entidades da provincia de Lugo participan esta semana no programa da Deputación Coñece a túa provincia. Esta semana é a quenda da veciñanza de Xermade, Pantón, Lugo, Vilalba, Guntín e Becerreá, que coñecerá o patrimonio natural e cultural da provincia de Lugo a través de diferentes itinerarios.
Este martes a Asociación de Veciños de Roupar, de Xermade, comezou o seu percorrido no Mazo de Santa Comba xunto ao Deputado de Participación Cidadá, Roberto García Pernas, para continuar pola montaña e visitar Pedrafita do Cebreiro e Triacastela. O Pazo de San Marcos foi a primeira parada da Unión Xeral de Traballadores de España, onde os recibiu a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto. Na viaxe percorreron o concello de Cervo con visitas á Fábrica de Sargadelos, o...
leer másDesde Mariña Patrimonio explican que “comezamos coas actividades programadas por Mariña Patrimonio para o 2022 retomando unha conferencia, cancelada no pasado mes de novembro, a cargo do arqueólogo Roberto Bartolomé, que nos falará sobre os restos cerámicos atopados no xacemento da Atalaia (San Cibrao). A actividade, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, celebrarase o vindeiro sábado, 28 de maio, ás 18:3 horas no Museo Histórico da Casa da Administración de Sargadelos”.
E engaden: “dende o 2006, no xacemento de Punta Atalaia téñense realizado diversas intervencións arqueolóxicas, que demostraron a existencia dun importante asentamento galaico-romano así como a reocupación do lugar na Idade Media. Un dos aspectos máis relevantes destas intervencións é o abundante e variado conxunto de materiais cerámicos...
leer másEsta tarde presentouse en Foz unha nova edición da Copa Deputación de Piragüismo, unha liga provincial de seis regatas que se celebrarán en Portomarín, Ribadeo, San Cibrao, Viveiro, Lugo e Foz entre maio e setembro.
A competición organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piraguismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs da provincia a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas.
Un aliciente que os representantes dos clubs reunidos esta tarde en Foz -Jesús Fernández do Club de Piragüismo Urban Hotel Viveiro, Iván González do Club de Piraguismo San Ciprián, José Ángel Fernández do Club Altruán de Ribadeo, Nacho Romillo do Club Kayak de Foz e Domingo Fernández do Cidade de Lugo- coincidiron en sinalar...
leer másOnte presentouse en Muras a cuarta edición do Rally da Mariña Lucense, que se disputará o vindeiro sábado nos concellos de Muras, Ourol, Cervo, Xove, O Vicedo e Viveiro, onde se situarán o parque de reagrupamento (na zona do Grallal, Covas) e o
parque de asistencias (Lavandeiras, Celeiro).
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega 24.000 euros para a organización da proba, a terceira no calendario do Campionato Galego de Rally de Asfalto, que conta con 88 equipos inscritos, a mellor cifra de participación das edicións celebradas, incrementando notablemente a da pasada edición -na que se anotaran 67 equipos-.
Entre os participantes figuran 14 equipos da Mariña e Ortegal, tres deles debutantes nunha proba desta categoría. Ademais da representación local, destacan nomes como o de Víctor Senra, Alberto...
leer más












