A Mariña

Etiquetas:
24/06/2021

O presidente da FCAM, José Carlos Paleo, anima a aproveitar as diferentes campañas postas en marcha por administracións como a Xunta e a Deputación de Lugo para potenciar as compras nos negocios locais.  

Paleo sinalou que “estamos xa no verán, datas nas que moitos collerán as súas merecidas vacacións. Son días de preparativos e de compras, de aí que desde a Federación de Comercio A Mariña queiramos insistir nas campañas que nas últimas semanas puxeron en marcha a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo. Estoume a referir aos Bonos Impulsa, aos Bonos Activa Comercio e aos Bonos Turísticos”.

Para o presidente da FCAM “este é un bo momento para que asociados e clientes se beneficien das diferentes campañas lanzadas para facer as súas compras de cara á estación que acabamos de estrear”. 

...

leer más
24/06/2021

Dez compañías actuarán dentro do circuíto de teatro profesional Aparte, organizado pola Vicepresidencia da Deputación en colaboración con concellos e asociacións.Trécola, Titiriterra, Mircromina Teatro, Lîlâ Teatro, Ubú Teatro, Señor López Producións, Ítaca Teatro, Pínconús Teatro baixo da area e A compañía solitaria do Dr. Monifate xirarán polas comarcas da provincia con montaxes para distintos públicos. 

A programación ponse en marcha coa mesma fórmula que o ano pasado para facilitar que concellos e asociacións teñan marxe para cambios ou aprazamentos de datas, en función da situación sanitaria. 

Na presentacion do circuíto, acompañada por integrantes de Ubú Teatro, Pínconús e Ítaca Teatro, a vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, sinalou que coa organización deste ciclo se “mantén o apoio á rede de...

leer más
19/06/2021

A Casa do Concello laurentina acolleu esta mañá a presentación das dúas novas audioguías ficcionadas para Lourenzá e Alfoz, que se unen ás que levan uns anos de percorrido en Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro. Trátase dun proxecto da Mancomunidade de Concellos da Mariña no que colaboran a Deputación Provincial de Lugo e a Xunta de Galicia. 

O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, na súa intervención dixo que “dende a Mancomunidade vense traballando na dinamización e promoción da Mariña Lucense como un destino turístico rico e diverso do norte de Galicia, onde produtos asociados a un turista curioso, respectuoso e sensible co territorio como son é turismo slow, aplicado ao turismo cultural, de natureza, gastronómico, entre outros, funcionen como produtos tractores da demando turística ao territorio”.

Cajoto sinalou...

leer más
Etiquetas:
09/06/2021
A área de Medio Rural, Mar e Mocidade colabora na posta en marcha da plataforma de venda en liña de produtos agroalimentarios “Son de Lugo”, a primeira que aglutina pequenos produtores das distintas comarcas da provincia d de Lugo.
 
A web, accesible desde hoxe para a venda, presentou esta maña nos Xardís do Pazo de San Marcos, no que participaron a deputada Mónica Freire e representantes das trece firmas que se sumaron á iniciativa nesta primeira fase.
 
Mónica Freire agradeceu aos produtores e produtoras “o seu compromiso e dispoñibilidade para emprender este proxecto en común que xurdiu durante a pandemia polas propias necesidades as asociacións agrogandeiras  formularon á área de Medio Rural”
 
... leer más
07/06/2021
A Deputación de Lugo continúa co programa Actívate e adáptase á nova normativa sanitaria cun aumento de prazas para todas as actividades. Todas as propostas realizadas ao aire libre contan, dende esta fin de semana, con 15 prazas, 7 máis que ata o de agora. Actívate é unha iniciativa da Deputación para promover o turismo activo, científico e mindfulness nos concellos da provincia, favorecendo deste xeito a recuperación do turismo, a hostalería e o comercio despois do impacto da pandemia.
 
Este sábado realizouse na Serra do Xistral a única actividade nocturna do programa, Os increíbles ceos do Xistral, que permitiu dar a coñecer os estrelados ceos deste espazo natural. Hoxe domingo, o Castro de Viladonga acolleu unha proposta para descubrir este espazo histórico, Aventura no Castro de Viladonga. Estas...
leer más
Etiquetas:
26/05/2021

Continuando coas actividades non presenciais Mariña Patrimonio programa para mañá, 27 de maio, ás 19.00 horas a conferencia “Dous séculos de industria na Mariña: de Sargadelos a Alcoa”, que será impartida  polo profesor Xoán Carmona Badía e na que  falará das orixes e a evolución da industria na Mariña, enfocando o tema sobre todo nos dous grandes proxectos desenvolvidos na bisbarra (Sargadelos e Alcoa), as razóns e as características que se deron para a implantación de ambos proxectos que, coas súas diferenzas e peculiaridades, tiveron gran repercusión. 

A conferencia será difundida na páxina de Facebook de Mariña Patrimonio: https://es-es.facebook.com/pg/marinhapatrimonio/events/?ref=page_internal , no apartado de eventos de acceso libre. A...

leer más
14/05/2021
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, presentou este venres na Praza de San Marcos, xunto aos feputados de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e de Promoción Económica e Social, PabloRivera Capón, o programa Coñece a túa provincia, unha nova medida que lanza a institución dentro do seu Plan de Impulso da Economía da Provincia e que está destinada a estimular o turismo de proximidade e favorecer a recuperación sostible deste sector e da hostalería e o comercio local fronte ao impacto da pandemiacon viaxes gratuítas pola provincia para os veciños e veciñas.
 
A Xunta de Goberno deste venres, segundo informou José Tomé, aprobou desenvolver o programa Coñece a túa provincia, e licitar un contrato para a súa execución durante este ano e o vindeiro, con opción...
leer más
08/05/2021

A Associaçom Galega da Língua (AGAL) desenvolverá vintecinco obradoiros de achegamento ao portugués en trece centros educativos da provincia, da man da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A vicepresidenta Maite Ferreiro e o presidente de AGAL, Edudardo Maragoto, presentaron esta maña no Pazo de San Marcos esta iniciaitiva que achega ao alumnado lucense unha actividade formativa que AGAL está a levar a cabo noutros concellos de todo o país.

Os obradoiros, que se desenvolven baixo o epígrafe O Português Simples – OPS teñen como obxectivo descubrir ao alumnado a vantaxe do galego para aprender portugués e acceder ao mundo que se expresa nesa lingua, a sexta do mundo en falantes.

Eduardo Maragato explicou que se trata “de obradoiros de cen minutos nos que se ofrece unha formación básica en...

leer más
02/05/2021
A Deputación de Lugo comezou esta fin de semana co programa Actívate, unha iniciativa para promover o turismo activo, científico e mindfulness nos concellos da provincia. O sábado as persoas inscritas participaron nunha iniciación aos cogomelos no Incio, mentres que o domingo a actividade foi barranquismo no concello de Folgoso do Courel. Ambas iniciativas tiveron unha gran acollida e esgotaron as prazas na primeira xornada tras a apertura de inscrición.
 
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, celebrou o éxito na convocatoria que “nas dúas primeiras fins de semana esgotou prazas en moi pouco tempo, o que fai pensar que o turismo de calidade, non masificado, sostible e de proximidade, polo que apostamos dende a institución provincial, interesa aos veciños e...
leer más
27/04/2021

O GALP A Mariña-Ortegal pon en marcha un programa de formación e asesoramento en dixitalización que se desenvolverá durante os meses de maio e xuño, e que vai dirixido a restaurantes, peixaría e pequeno comercio do territorio.

Consciente dos cambios nos hábitos de compra e consumo acelerados nos últimos meses a causa da pandemia, o GALP A Mariña- Ortegal quere apoiar a través da formación e asesoramento en dixitalización a comercios, hostalería e peixarías, e deste xeito ofrecerlles solucións e ferramentas dixitais útiles para os seus negocios.

A través de formato online e en dúas xornadas formativas, informarase aos participantes das diferentes ferramentas dixitais que existen no mercado e que poden ser útiles na xestión do establecemento, e amosaranse exemplos de negocios que son boa práctica na implantación de...

leer más