A Mariña
A Casa do Concello laurentina acolleu esta mañá a presentación das dúas novas audioguías ficcionadas para Lourenzá e Alfoz, que se unen ás que levan uns anos de percorrido en Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro. Trátase dun proxecto da Mancomunidade de Concellos da Mariña no que colaboran a Deputación Provincial de Lugo e a Xunta de Galicia.
O presidente da Mancomunidade, Fran Cajoto, na súa intervención dixo que “dende a Mancomunidade vense traballando na dinamización e promoción da Mariña Lucense como un destino turístico rico e diverso do norte de Galicia, onde produtos asociados a un turista curioso, respectuoso e sensible co territorio como son é turismo slow, aplicado ao turismo cultural, de natureza, gastronómico, entre outros, funcionen como produtos tractores da demando turística ao territorio”.
Cajoto sinalou...
leer másContinuando coas actividades non presenciais Mariña Patrimonio programa para mañá, 27 de maio, ás 19.00 horas a conferencia “Dous séculos de industria na Mariña: de Sargadelos a Alcoa”, que será impartida polo profesor Xoán Carmona Badía e na que falará das orixes e a evolución da industria na Mariña, enfocando o tema sobre todo nos dous grandes proxectos desenvolvidos na bisbarra (Sargadelos e Alcoa), as razóns e as características que se deron para a implantación de ambos proxectos que, coas súas diferenzas e peculiaridades, tiveron gran repercusión.
A conferencia será difundida na páxina de Facebook de Mariña Patrimonio: https://es-es.facebook.com/pg/marinhapatrimonio/events/?ref=page_internal , no apartado de eventos de acceso libre. A...
leer másA Associaçom Galega da Língua (AGAL) desenvolverá vintecinco obradoiros de achegamento ao portugués en trece centros educativos da provincia, da man da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A vicepresidenta Maite Ferreiro e o presidente de AGAL, Edudardo Maragoto, presentaron esta maña no Pazo de San Marcos esta iniciaitiva que achega ao alumnado lucense unha actividade formativa que AGAL está a levar a cabo noutros concellos de todo o país.
Os obradoiros, que se desenvolven baixo o epígrafe O Português Simples – OPS teñen como obxectivo descubrir ao alumnado a vantaxe do galego para aprender portugués e acceder ao mundo que se expresa nesa lingua, a sexta do mundo en falantes.
Eduardo Maragato explicou que se trata “de obradoiros de cen minutos nos que se ofrece unha formación básica en...
leer másO GALP A Mariña-Ortegal pon en marcha un programa de formación e asesoramento en dixitalización que se desenvolverá durante os meses de maio e xuño, e que vai dirixido a restaurantes, peixaría e pequeno comercio do territorio.
Consciente dos cambios nos hábitos de compra e consumo acelerados nos últimos meses a causa da pandemia, o GALP A Mariña- Ortegal quere apoiar a través da formación e asesoramento en dixitalización a comercios, hostalería e peixarías, e deste xeito ofrecerlles solucións e ferramentas dixitais útiles para os seus negocios.
A través de formato online e en dúas xornadas formativas, informarase aos participantes das diferentes ferramentas dixitais que existen no mercado e que poden ser útiles na xestión do establecemento, e amosaranse exemplos de negocios que son boa práctica na implantación de...
leer másEl festival Bal y Gay 2021 comenzará en mayo con el ciclo ‘Schubert no Camiño’, asociado al Camino de Santiago y en colaboración con la Schubertiada de Vilabertrán. Serán tres conciertos en tres etapas del Camino del Norte: la pianista Judith Jáuregui tocará el día 14 en la Basílica de San Martiño (Foz), Cuarteto Cosmos y el violonchelista Fernando Arias estarán el día 15 en la Iglesia de Santa María (Vilanova de Lourenzá) y el tenor Christoph Prégardien con el pianista Daniel Heide el día 16 en la Catedral de Mondoñedo. Asimismo, habrá excursiones guiadas por distintas etapas del Camino del Norte los días 15 y 16 como actividades complementarias del ciclo.
El festival continuará del 18 al 26 de agosto bajo el título de ‘Música á beira do mar’ con las actuaciones de Cuarteto Seikilos (18, Pazo del Conde de Fontao de Foz), Cantoría (19,...
leer más












