Nenos

Etiquetas:
26/04/2018

Este sábado, 28 de abril, celébrase en Foz un concerto a cargo do grupo de música infantil A Banda dos Cueiros, que terá lugar na Sala Bahía ás 12:30 horas.

Este grupo fai música para pícaros e pícaras de 0 a 8 anos, e naceu ao abeiro de Espazo Lector en Gondomar.

A actuación está organizada pola ANPA da Escola de Música de Foz, en colaboración coa profesora de Música e Movemento da Escola. Os grupos de nenos e nenas que cursan esta asinatura van participar tamén no concerto, acompañando nun par de cancións á agrupación.

 

Etiquetas:
23/04/2018

O Concello de Lourenzá organiza unha actuación de contacontos para celebrar o Día do Libro este venres, día 27.

O concelleiro Manuel Arango Ron anunciou que “este venres, 27 de abril, co gallo de celebrar o Día do Libro a Concellería de Cultura organiza a actuación dunha contacontos, Celtia Figueira Ramas, co espectáculo Contacontos na primavera. Será no salón de actos do Concello ás 18:30 horas e está dirixido a nen@s de 3 a 12 anos”.

 

Etiquetas:
22/04/2018

O Concello de Cervo, a través da delegación de Cultura, convoca un certame de narración e debuxo infantil con motivo do Día das Letras Galegas.

O alumnado dos dous colexios do municipio recibiu un marcapáxinas que contén as bases do concurso.

O certame está aberto a todos os nenos e nenas, que deberán presentar unha narración en galego ou un debuxo baixo as temática “como cambiou o conto” ou “como darlle a volta ao conto tradicional”; por exemplo o lobo vexetariano, a caperuchiña feroz, unha bela que nunca dorme…

O prazo de presentación dos traballos, que deberán ser presentados na biblioteca de Cervo ou na de San Ciprián, rematará o vindeiro 4 de maio.  O fallo do xurado local farase público o 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Os traballos premiados nesta...

leer más
Etiquetas:
17/04/2018

A Concellería de Cultura de Burela programa para a vindeira fin de semana dúas representacións teatrais  e a actuación de  Leo Bassi, o domingo 22 de abril, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura.

O venres, día 20, a asociación dramatúrxica Pico do Castro de Foz representará a obra Matías está tolo. Será ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Burela. A entrada será de balde.

A historia conta como Matías esperta no seu apartamento cunha estraña muller que di chamarse Patricia e que asegura que el a convidou a aloxarse por uns días. A situación complícase aínda máis coa aparición de Xiana, a moza que lle interesa, da que está namorado e que ademais é a súa veciña. Matías está decidido a entregarlle todo o seu amor pero súa nai, sobreprotetora en grao extremo, trata de impedilo. Entradas e saídas permanentes caracterizan...

leer más
Etiquetas:
11/04/2018

Librería Bahía en Foz organiza a presentación e sesión de contacontos do conto Carlitos, el mago de la mente. Terá lugar este sábado, 14 de abril, ás 12:00 horas.

Estarán presentes a autora, Ana Isabel Fraga, e a ilustradora do libro, Olga María Fraga.
Ana Isabel Fraga, nacida en Asturias en 1974, é coach e educadora de padres e aula, e decidiu utilizar a súa paixón pola escritura para contar historias que axuden tanto a nenos como a adultos, a entenderse mellor.

En Carlitos, el mago de la mente a autora explica como enfrontarse ao medo aos monstruos.

 

Etiquetas:
04/04/2018

Na Librería Bahía celebrarán o día do libro infantil este sábado, 7 de abri,l ás 12 da mañá.
Desde este establecemento sinalan que “farémolo cunha actividade moi interesante que vai levar a cabo Munia Quiroga, escritora e ilustradora de contos infantís, da veciña Asturias, en concreto de Xixón”.

Munia Quiroga, que asina a súa obra como Nelo Polichi, vai presentar o seu conto Cuando las grullas bailaron swing e a continuación fará un obradoiro de ilustración coas nenas e nenos que asistan á actividade.

Desde Librería Bahía explican que “Munia traballa con todo tipo de material, ademais dos máis convencionais como pinceis, usa bastoncillos, corchos, algodón, pinzas da roupa, palillos de madeira, rodillos de amasar, rodas de cortar pizza, lá, etc. Desenvolve os seus obradoiros sobre todo en Asturias. Están...

leer más
Etiquetas:
08/03/2018

O grupo Sarabela Teatro representará a obra O secuestro da bibliotecaria este sábado, 10 de marzo, ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.

Trátase dunha comedia dirixida ao público infantil de 5 a 12 anos, dirixida por Fina Calleja.
Conta a historia da señorita Ernestina, a fermosa bibliotecaria da vila de Parangón, que aínda que é orfa e non ten familiares ricos, os bandidos desta peza decidiron secuestrala. Pretenden xerar un caos cultural que obrigue ás autoridades a pagar polo rescate da bibliotecaria. Así e todo as intencións desta banda tomarán un novo camiño ao descubrir que a señorita Ernestina os contaxiou co virus da varicela, así que deben atopar unha solución para o problema pero non teñen nin idea de onde buscala. Por se todo isto fora pouco un tremor de terra ven a complícalo todo.

 

Etiquetas:
15/02/2018

Kids&Us, escola de inglés con metodoloxía innovadora e diferencial de aprendizaxe, presenta a Storytime Under the sea o próximo sábado,  17 de febreiro, ás 12:00 horas na Librería Bahía de Foz. As storytime son representacións teatrais 100% en inglés; a través de distintos personaxes, cancións e  material creado por Kids&Us, os nenos e nenas son transportados a un mundo cheo de fantasía no que vivirán aventuras en inglés. 

Kids&Us invita a todas as familias con nenos e nenas entre 1 e 8 anos a desfrutar deste teatro en inglés na Librería Bahía. A entrada será gratuíta e haberá moitas sorpresas para os pequenos: agasallos, sorteos, etc.

Kids&Us é moito máis que unha academia de idiomas, é un universo no que o aprendizaxe do inglés faise realidade. A metodoloxía permite que nenos e nenas a partir de...

leer más
Etiquetas:
01/02/2018

O grupo de teatro Os Ghazafelhos presenta este sábado, 3 de febreiro, en Viveiro a comedia Lúa. Será no Teatro Pastor Díaz ás 18:00 horas.

É unha obra para público infantil de máis de 5 anos, dirixida por Pepablo Patiño, quen tamén forma parte do elenco artístico xunto a Jorge Casas e Montse Piñón.

A historia conta que algo acontece na terra onde hai moito ruído, berros e enfados que fai que a Lúa estea preocupada porque con tanto barullo as estrelas asústanse e non queren achegarse, así que decide baixar á terra e saber qué sucede.

Lúa trata dunha analoxía entre  o fantástico e o máxico á relación que temos as persoas no noso mundo que nos leva a non entendernos, e provocar medos e violencia. Da man dunha nena chamada Lúa a historia percorre o mundo da xente adulta cos ollos da infancia...

leer más
Etiquetas:
26/12/2017

O Concello de Ribadeo organiza unha serie de actividades infantís durante o Nadal que se desenvolverán dende o 27 de decembro ata o 4 de xaneiro.

O día 27 haberá unha festa lúdica no pavillón dende as 16:30 ata as 19:30 horas. Haberá inchables, obradoiros e animación musical e a entrada será de balde.

Tamén o mércores 27 dará comezo un obradoiro de iniciación ao crochet, que terá lugar durante o xoves 28 e o venres 29. Trátase dunha actividade interxeracional realizada con Aquí? como de 20!!!. Celebrarase na Casa da Xuventude entre as 16:00 e as 17:30 horas, a inscrición é gratuíta. O obradoiro está destinado a rapaces a partir de 9 anos.

O venres 29 o grupo de teatro Pistacatro presentará Outono, no auditorio municipal Hernán Naval ás 17:30 horas. O prezo da entrada será de 4 euros e de...

leer más