Roteiro
A asociación sociocultural Pomba do Arco organiza o 21 de outubro, un roteiro polos muíños do río Centiño, no seu tramo desde Porto ata a ponte de Vilaxoane. A actividade estará guiada pola estudosa do patrimonio focego Silvia Fiallega Lorenzo.
O percorrido polos muíños do río Centiño vai comprender a visita ao muíño do Angelito en Porto, ao río de Sidro, ao muíño de Mariña en Vilaxoane e ao muíño de Amadora na ponte de Vilaxoane. A visita que se desenvolverá polas beiras do río Centiño, comprenderá tamén unha demostración do funcionamento destes muíños, concretamente no muíño de Angelito.
As persoas interesadas en participar deberán inscribirse previamente no correo electrónico da propia asociación apombadoarco@gmail.com ou ben chamando ao teléfono 608 555 010. O...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco organiza o 30 de setembro a partir das 16:30 horas, unha visita ao patrimonio esquecido de Foz que estará guiada polo presidente de Mariña Patrimonio, e estudoso da riqueza patrimonial da comarca, Manuel Miranda.
O roteiro incluirá a visita ao castro de Fazouro e ao seu porto onde se atopan restos arqueolóxicos. Tamén se percorrerá a Fortaleza da Frouxeira na que se reparará naqueles aspectos descoñecidos, e a antiga mina de estaño da Furada da Serpe en Santa Cilla. Finalmente visitarase o Cano dos Mouros, outro posible xacemento mineiro sito en Santa Cilla.
As persoas interesadas en participar nesta actividade deberán inscribirse previamente no correo electrónico da propia asociación, apombadoarco@gmail.com, ou ben chamando ao...
leer másA asociación sociocultural A Pomba do Arco, de Foz, organiza o 24 de xuño, un roteiro polo Patrimonio de Cangas.
Nesta visita farase un percorrido pola historia, a etnografía, o patrimonio artístico e os espazos naturais de valor ecolóxico e paisaxístico. A actividade estará guiada por Martín Fernández Vizoso, grande coñecedor da historia de Cangas.
Neste roteiro visitaranse entre outros lugares a bahía de San Pedro, Castro de Cangas, Os Castelos, Porto Baleiro de Cal da Vella, Cova dos Mouros, Casa de Canel, Capelas de Abelairas, Portela e Ribela, e O Lagar.
As persoas interesadas en participar desta actividade deberán inscribirse previamente no correo electrónico da propia asociación apombadoarco@gmail.com, ou ben chamando ao número de...
leer másA Asociación Socio Cultural A Pomba do Arco organiza o 27 de Maio un roteiro polo “Patrimonio de Nois”, seguindo como fío condutor da visita a historia, a etnografía, o patrimonio artístico e os espazos naturais de valor ecolóxico e paisaxístico. A actividade estará guiada polo estudoso da historia local de Nois, Antonio Sixto.
O percorrido polo “Patrimonio de Nois” vai comprender a visita á Ribeira, aos castros da Calexa e de Arealonga, ao conxunto de hórreos do porto de Nois, ás antigas fabricas de salgazón de Bengochea e dos Pillado, ao antigo porto baleiro do século XVII, as turbeiras de Arealonga e a area de Covas.
As persoas interesadas en participar desta actividade, deberá inscribise previamente no correo electrónico da propia asociación, apombadoarco@gmail.com,...
leer más
A asociación Os Sendeiros de Foz organiza o 19 de setembro o seu noveno encontro de sendeirismo “Río Ouro e Praias de Foz”. O punto de encontro será a Praza de Conde de Fontao e a inscrición debe facerse antes do día 11 nos teléfonos 696 236 020 (Luciano) ou 670 369 017 (Morís) ou no correo electrónico ossendeiros@yahoo.es. O prezo por participante é de 2 euros. A organización informa que “non se inclúen seguros de accidente, sendo responsabilidade de cada un os danos que poidan sufrir”.












