San Cibrao
Os xardíns do Museo de Lugo acolleron esta mañá a presentación dos proxectos culturais Arte Viva e Escolma Diversa, que se desenvolverán ao longo do mes de agosto nos catro museo da Rede Provincial.
Trátase de propostas deseñadas por Ana Rielo e Javier Sánchez, estudantes do Máster en Servizo Culturais, que se imparte na Facultade de Humanidades do Campus Terra, que empregarán os diferentes espazos museísticos para poñer en práctica os coñecementos adquiridos durante o curso e iniciar a súa carreira profesional no ámbito da xestión cultural.
A vicepresidenta da Deputación, Maite Ferreiro, sinalou que “estamos especialmente orgullosas de presentar e dar cabida a esta iniciativa porque segue a cultivar os vínculos e a colaboración coa Universidade de Santiago, neste caso coa Facultade de Humanidades, onde se imparte...
leer másA Rede Museística reforza a programación en liña para manter a súa actividade de difusión da arte e do patrimonio malia o peche ás visitas presenciais, seguindo as restricións anunciadas pola Xunta de Galiza ante o avance da pandemia.
Os museos provinciais inician este mércores un proxecto pensado para todos os públicos con relatos mediados, ao vivo, a través dos seus perfís en Facebook. A proposta inclúe parladoiros, escape rooms, obradoiros e xogos que levarán ás usuarias e usuarios a coñecer as diferentes coleccións e salas dos museos.
As sesións programaranse todos os días ás 17.00 horas:
Os martes, xoves e sábados dende o Museo Provincial de Lugo.
Os mércores dende o Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo.
Os venres dende o...
leer másXurxo Souto presenta este sábado o seu libro “Pangalaica, recortes poderosos”, nunha sesión virtual que se poderá seguir a través das redes sociais do Museo do Mar de San Cibrao a partir das 12.00 horas.
O libro, publicado por Galaxia, recolle oitenta relatos ilustrados, inspirados en historias e persoas que o autor coñeceu nas súas xiras por Galiza á fronte dos Diplomáticos de Monte Alto. En palabras do músico e escritor coruñés, trátase de “petiscos cheos de humor que acaban conformando unha cosmovisión alternativa do país: É mentira a fronteira entre o rural e o urbano. Todas somos da aldea”, reivindica.
Concerto de Ugía Pedreira
Á presentación, seguirá un concerto da artista mariñá Ugía Pedreira, que está a abrir unha nova etapa artística na súa traxectoria, presentándose como A...
leer másAs charlas, organizadas pola asociación sociocultural Mariña Patrimonio, terán lugar ao longo de varias xornadas neste mes de decembro.
Co título “Escoitando o mar” Mariña Patrimonio organiza un ciclo de conferencias coas que pecha as actividades culturais que levan organizado ao longo deste ano.
O próximo día 20 comezarán as xornadas coa conferencia “Foula de prata: a bordo da tradición oral marítima” a cargo do Secretario da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA), Miguel Losada e Enrique Blanco, Ex - Director CEIP Noia.
O 26 de decembro Anxo Muíños, escritor e patrón de pesca, falará sobre “Mitos do mar: O alén dos barqueiros” e o 27 deste mesmo mes a conferencia “A onomástica naval na Galicia de antano: unha odisea relixiosa, cultural e afectiva” será pronunciada polo profesor da UDC...
leer másA Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da Rede Museística, prepara un amplo programa de actividades para celebrar o cincuenta aniversario do Museo Provincial do Mar, de San Cibrao.
Coincidindo coa efeméride, este venres desenvolveranse os actos conmemorativos da creación do museo, que naceu o 11 de outubro de 1969 na escola unitaria da localidade cun patrimonio inicial formado pola colección do mestre Francisco Rivera Casás.
O docente e mailo antigo alumnado serán homenaxeados durante a xornada, na que tamén se incorporarán ao museo os traballos de investigación de Chema Leal Bóveda e Xoán Ramón Fernández Pacios en relación ó papel da muller no mundo do mar, na Mariña e noutras rías, especialmente no ámbito das industrias pesqueiras.
Arredor do cincuenta aniversario, desenvolverase o programa “Un...
A Rede Museística da Deputación ofrece un total de 36 actividadesaos escolares da Provincia, que terán lugar nos catro museos que conforman dita rede: O Museo Provincial de Lugo, o Museo Provincial do Mar, o Museo Fortaleza San Paio de Narla e o Museo Pazo de Tor. Así o avanzou no Museo Provincial de Lugo, a Deputada de Cultura, Pilar García Porto. As inscricións realízanse no Departamento de Didáctica de cada Museo. Para máis información pódese consultar http://redemuseisticalugo.org/index.asp. No acto estivo acompañada pola Directora do Museo Provincial, AureliaBalseiro e a Xerente da Rede Museistica, Encarna Lago.
García Porto explicou que a Deputación “pon a disposición dos centros escolares a súa nova programación para o curso escolar 2018/2019 coa idea de fomentar o achegamento do...
leer másA Deputada de Cultura, Pilar García Porto, presentou este luns, na Praza de San Marcos, as actividades promovidas polo Goberno da Deputación para homenaxear a escritora, María Victoria Moreno, á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.García Porto avanzou as iniciativas que comezan hoxe na Praza da San Marcos, e que inclúen un taller de serigrafía para todos os públicos, un concerto da Tradaescola coa Escola Municipal de Betanzos, ademais da continuación dos traballos didácticos nos que participan 7.000 escolares de 45 centros escolares da provincia.Paralelamente, na Rede Museística da Deputación, celebrarase a Semana dos Museos, con 6 obradoiros para os máis pequenos da familia e tamén para adultos.
A Deputada reivindicou o papel de María Victoria a prol do idioma e remarcou que “é a cuarta muller á que se lle dedica o Día das...
leer más