Teatro

12/11/2015
O grupo Hipócrita Teatro de Lugo pon en escena este sábado, 14 de novembro, na Casa da Cultura de Burela, a peza Emperador, que pensas? Fala!
 
O Grupo Hipócrita Teatro de Lugo actuará este sábado, 14 de novembro, no auditorio da Casa da Cultura de Burela, a onde levará a súa obra Emperador, que pensas? Fala!. A peza, representada a partir das 20 horas, é apta para todos os públicos e a entrada é libre. A sesión teatral está organizada pola Delegación de Cultura de Burela e forma parte do proxecto Buxiganga, que a Deputación Provincial achega aos concellos.
Hipócrita Teatro naceu en Lugo en novembro de 2004. Ata o 2009 dirixiu as súas montaxes Guillermo Cancelo, entre elas O achado do castro, de Manuel Núñez Singala (2005), Miserere, un drama sobre a violencia de xénero, estreado en Lugo en novembro de 2005, ou Deuses e Die Irae, espectáculos creados para a festa romana Arde Lucus.
Dende 2010, a compañía estreou tres novos espectáculos dirixidos por Carlos Rebolo. Son Homes en escabeche,...
leer más
Etiquetas:
10/11/2015
Ollomao representará en Viveiro o sábado, 14 de novembro, "Oé, oé, oé!!". Será no Teatro Pastor Díaz.
 
O colectivo Ollomao, de Barreiros, representará en Viveiro o sábado, 14 de novembro, “Oé, oé, oé!!”. Será no Teatro Pastor Díaz ás 20:30 horas. A actuación enmárcase dentro do programa Buxiganga da Deputación Provincial de Lugo. 
 
Veranio, Toñito e Amancio son personaxes familiares, grotescos e tenros, que irremediablemente sempre acaban chegando ao fondo das cousas. Os tres queren escapar dunha realidade frustrante e enterran a súa amargura no fútbol, posiblemente porque xa non cren en nada, nin se senten representados por ninguén. 
 
O fútbol que é un bo pretexto para escaparlle ao serio, convértese así en algo esencial para aqueles que empezan...
leer más
Etiquetas:
09/11/2015
A asociación de veciños do Burgo de Trasbar, en Cervo, organiza para este sábado, 14 de novembro, unha nova edición do magosto. Tamén haberá teatro.
 
Os actos terán lugar no local social e comezarán a partir das 19.00 h, con unha obra de teatro, a cargo do grupo Falcatrueiros coa obra “Clownvento”, unha obra incluída no programa Buxiganga da Deputación de Lugo, con entrada libre.
 
De seguido, poderán degustar castañas (1 €/ración) acompañadas dun bocata de panceta (1,50 € socios e 2,50 € non socios).
 
Aínda que a programación é similar á de outros anos… este ano será diferente!!! E ata aí podemos ler… Dende a Asociación de veciños do burgo de Trasbar animan a toda a xente a participar deste magosto.
 
O colectivo tamén...
leer más
08/11/2015
Barreiros celebra o IV Encontro Interxeracional o 14 de novembro en San Pedro de Benquerencia. Haberá actividades para todas as idades.
 
A Rede de Voluntariado Local e o Departamento de Servizos Sociais do Concello organizan para o vindeiro 14 de novembro o IV Encontro Interxeracional, un encontro no que persoas de todas as idades poderán gozar de múltiples actividades de tempo libre e obradoiros, ademais dun xantar conxunto.
 
A cita, que se celebra con motivo do Día Internacional das Persoas Maiores, comeza ás 12 horas no Canteiro, en San Pedro de Benquerencia, e rematará ás 19 horas. A programación comeza cunha mostra e obradoiros de artes plásticas e actividades de tempo libre. Ás 14 horas iníciase a comida, concibida como un momento de confraternización. Os participantes deben traer a súa propia cesta e mantel.
 
... leer más
Etiquetas:
06/11/2015
A Casa da Cultura de San Ciprián acolle este sábado, 7 de novembro, unha representación infantil. Será a partir das sete e media da tarde.
 
O auditorio da Casa da Cultura de San Ciprián acollerá mañá, sábado, ás 19:30 horas unha representación teatral dirixida ao público infantil.
O grupo de teatro Érase unha vez ofrecerá a obra titulada Mercados revoltos. É para todos os públicos e con entrada gratuíta.
 
Etiquetas:
04/11/2015
O grupo humorístico Trípode actúa este venres, 6 de novembro, en Burela dentro do ciclo "Teatro no outono", que organiza a Concellería de Cultura.
 
O grupo humorístico Trípode, de Alfoz, actúa este venres, 6 de novembro, en Burela dentro do programa do ciclo Tetro no Outono. A representación terá lugar no Auditorio da Casa da Cultura ás 21 horas. É válida para todos os públicos e a entrada é libre.
 
A peza escollida para a ocasión é Xuízo Anticorrupción, unha obra que conta o rocambolesco xuízo a Tubérculo Fernández, alias Pataco, o maior delincuente coñecido. Son varios os cargos que demostran que é un home corrupto e aproveitado, que só pensa en facer chanchullos e vivir do conto. Pataco é acusado de roubo, de dar sobres e de regalar traxes para conseguir favores. Varias testemuñas escollidas de entre o público son chamadas para testificar contra o acusado. Son Pirindolo...
leer más
Etiquetas:
04/11/2015
O Concello de Ribadeo leva espectáculos teatrais de pequeno formato ás parroquias do rural. Os días 7 e 8 de novembro Peter Punk actuará en Piñeiro, en Ove e en Santalla.
 
O Concello leva espectáculos teatrais de pequeno formato e para todos os públicos ás parroquias do rural. O actor clown Peter Punk estará en cinco lugares nos vindeiros días. Este sábado, 7 de novembro, estará na escola de Piñeiro ás 17 horas e ás 20:30 horas na escola de Ove. E o domingo, 8 de novembro, estará no Teleclube de Santalla. 
Xa o 12 de novembro Peter Punk actuará ás 17 horas na escola de Couxela e ás 20:30 horas na escola de Vilaframil. 
Estas actividades enmárcanse na programación cultural do Concello de Ribadeo para o último trimestre deste ano 2015. 
 
03/11/2015
A Adala representará o vindeiro domingo, 8 de novembro, a súa peza "Sen seu amor". Será no centro sociocultural de Barreiros.
 
O grupo de teatro A Adala, de Fazouro, levará este domingo, 8 de novembro, a súa peza Sen seu amor ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro de Barreiros. 
A representación, que comeza ás 18 horas, está organizada pola Concellería de Cultura e forma parte do proxecto teatral Buxiganga, patrocinado pola Deputación de Lugo. 
 
Etiquetas:
01/11/2015
Sarabela Teatro chega a Viveiro con "O último dragón". Trátase dunha comedia para os máis noviños da casa. Será o 7 de novembro no Teatro Pastor Díaz.
 
O 7 de novembro Sarabela Teatro porá en escena no Teatro Pastor Díaz, en Viveiro, “O último dragón”. Unha comedia dirixida ao público infantil, a nenos e nenas de 5 a 11 anos. Será ás seis da tarde. 
Sipnose:
O dragón da nosa peza non é un dragón do común, trátase do derradeiro da súa especie por que os tempos nos que os dragón eran tan correntes como o son agora os autobuses xa pasaron cando comeza o noso espectáculo. Será por iso que cando a princesa e o neno Telmo achéganse ao fondo da cova onde vive para acabar con él e cumprir así a tradición, o noso amigo négase a moverse: Para que vou eu querer unha princesa? di.
Para comela, non? contéstalle a princesa treméndolle un pouquiño a voz.
... leer más
Etiquetas:
31/10/2015
A música, o cine e o teatro marcan a programación cultural de Foz para principios de novembro.
 
Un concerto de piano, o ciclo Cine no Cenima e o teatro afeccionado enchen a axenda cultural focense no inicio do mes de novembro, tal e como detallou hoxe a concelleira de Cultura, Silvia Blach.
“O venres 6 de novembro ás 20:30 horas temos no Cenima música, un concerto de piano a cargo de Pedro Abelardo Rodríguez Pérez. A entrada é gratuíta e animamos a todos que vaian escoitar ese gran concerto de piano que imos ter alí”, anunciou a edil, quen engadiu que “o domingo 8 de novembro ás 18 horas temos teatro en Cordido, no local do centro cívico e con entrada gratuíta. Pertence ao terceiro Ciclo de Outono de Teatro das Parroquias. Vai participar o grupo de teatro O Batán coa obra Igualdade Virtual. É unha comedia moi entretida e animamos a todos a que vaian ver a obra”....
leer más