Torneo

Etiquetas:
13/05/2015
Nen@s das Escolas de Xadrez da Mariña participarán o sábado, 16 de maio, en Xove no II Torneo de Xadrez, que organiza a ACD Xove.
 
Este sabado, 16 de maio, pola mañá, a Escola de Xadrez da ACD.XOVE organiza o IIº Torneo de Xadrez, para a categoría Pre-Bemxamin. (nenos-as do 2007-2008).
O Torneo celebrarase na Sala Multideportiva do Concello de Xove en horario de 10:00 a 12:00 horas. Participaran nenos de todalas Escolas de Xadrez da Mariña. Ao finalhaberá  medallas e trofeos para os mellores xadrecistas de cada idade.
Organiza e Patrocina: ACD.XOVE. Colabora: Concello de Xove.
Etiquetas:
12/05/2015
Ribadeo acollerá os días 23 e 24 de maio o X Torneo Internacional de Fútbol Veterano, que organiza a AD Veteranos do Ribadeo FC.
 
Un total de 48 equipos disputarán os días 23 e 24 de maio o X Torneo Internacional de Fútbol Veterano Vila de Ribadeo. O evento deportivo, organizado pola AD Veteranos do Ribadeo FC, foi presentado este mediodía no salón de plenos do Concello. 
O alcalde, Fernando Suárez, valorou de forma positiva “o que esta asociación de veteranos leva dez anos facendo, porque co seu traballo e con este evento volvemos poñer a Ribadeo no mapa internacional. Si unhas veces é por eventos turísticos ou por monumentos naturais agora Ribadeo volve sonar desde o punto de vista internacional cun evento deportivo que vai encher a vila e os campos da comarca de xogadores que chegarán de media Europa, do norte de África, de Galicia, de Asturias, de Euskadi ou de Madrid. Son aproximadamente 1.000...
leer más
Etiquetas:
10/04/2015
Trescentas ximnastas de toda Galicia participarán o 12 de abril no VI Torneo de Ximnasia Rítmica de Conxuntos Concello de Burela.
 
O Torneo de Ximnasia Rítmica de Conxuntos Concello de Burela volve a Vista Alegre este domingo, 12 de abril, coa sexta edición, baixo a organización da escola mariñá Porta Norte e coa colaboración da Fundación Imdecum e do Concello burelao. 
Un total de 300 ximnastas procedentes de clubs de toda Galicia amosarán as súas destrezas sobre o tapiz. A xornada dividirase entre a exhibición dos conxuntos de Promoción pola mañá, dende as 11.30 horas, e do nivel Escolar pola tarde, dende as 16.00 horas. 
A cita tamén contará coa presenza das 6 ximnastas de Porta Norte que representarán a provincia de Lugo no Campionato de España de Base, que se celebrará en Guadalajara entre o 24 e o 26 de abril.
 
Etiquetas:
24/03/2015
A SD Ourol organiza o XVI Torneo Semana Santa de Fútbol Sala, que se celebrará do 2 ao 4 de abril. Disputarase nas categorías senior, feminino e sub-16.
 
Segundo confirman os organizadores hai xa inscritos da Mariña, da Terra Chá, de As Pontes, do norte da provincia da Coruña e de Lugo capital. O sorteo dos emparellamentos será o 30 de marzo ás nove da noite no pavillón municipal de Ourol. 
Os premios para as categoría sub 16 e feminino serán: para os primeiros 120 euros máis trofeos e para os segundos 50 euros máis trofeos. 
Na categoría senior: o primeiro premio está dotado con 600 euros máis trofeo, o segundo con 300 euros máis trofeo, o terceiro con 100 euros máis trofeo e o cuarto tamén con 100 euros máis trofeo. Haberá trofeo ao mellor porteiro e trofeo ao mellor xogador. 
A Área de Deportes da Deputación de Lugo e o Concello de Ourol...
leer más