Torneo
As seleccións de fútbol sala A Mariña Alevín e Infantil saltaran ao parqué este domingo para disputar o Torneo Amigable de Seleccións de Lugo, que repartirá as súas sedes entre Sarria e Mondoñedo.
O combinado Alevín, baixo a batuta do adestrador da Escola Celeiro-Xove FS Andrés López e de Michael Sante, de ED Lourenzá, medirase á Terra Chá, Sur-Montaña e Lugo Centro no pavillón municipal José Mario González (O Chanto) de Sarria en horario matinal. O primeiro duelo dos mariñáns será ás 11.00 horas, coa Terra Chá.
O cadro estará composto por Jorge Rodríguez, Yago Díaz e Bruno Expósito, de ED Barreiros; Iago Pérez e Mateo Deán, de ACD Xove; Rafa Cancelos, Iago López, Esther Riveira e David Gomes, de Pescados Rubén Burela FS; xunto a Lucas Suárez, Anxo Méndez e Xabier Rodríguez, de AD Santiago de Foz.
... leer másHoxe foi presentado o III Torneo Marosa Cup que terá lugar os días 7 e 8 de outubro no campo de fútbol de A Marosa. Está organizado polo SD Porto de Burela en colaboración co Concello burelés e a Deputación Provincial de Lugo, e trátase dunha cita co fútbol base, “unha das prioridades do equipo de goberno” segundo salientou o edil Ramiro Fernández Rey. Ao torneo acudirán equipos como o Deportivo da Coruña e o CD Lugo.
O concelleiro de Deportes explicou que “vimos de presentar hoxe no Concello de Burela o III Torneo Marosa Cup que organiza o SD Porto de Burela en colaboración co Concello e que se vai celebrar os días 7 e 8 de outubro nas instalacións do campo de fútbol de A Marosa”.
Ramiro Fernández dixo que “é un torneo de fútbol base, unha das prioridades que tivo sempre este equipo de goberno e que vai seguir mantendo durante toda...
leer másOs días 18 e 19 de agosto terá lugar no pavillón Vista Alegre o torneo de fútbol sala Burela Bonita, que contará coa participación de Movistar Inter, Santiago Fútsal, Palma Fútsal e Burela FS. Este torneo foi presentado este mediodía no Concello burelés.
O alcalde, Alfredo Llano, manifestou que “sempre que sexa calquera tipo de deporte que se faga en Burela é moi agradecido. Pensamos que nesa liña se está traballando todo o posible, tanto no fútbol base como no máis profesional, nos torneos de atletismo e en todo aquilo que poidamos beneficiar a todo o mundo que practique deporte. Evidentemente o fútbol sala en Burela está moi presente, é algo que hai que ter en conta porque no concello hai moita afección e tamén é moi boa fórmula para lanzar a Burela a moitos sitios que chega grazas a este deporte. O torneo ven ben no mes de agosto posto...
leer másOs días 16 e 17 de agosto terá lugar en Burela o torneo 3 x 3 de baloncesto nas categorías benxamín e alevín. Está organizado polo Concello, que conta coa colaboración do CB Burela. A presentación do evento deportivo tivo lugar este mediodía.
Ramiro Fernández Rey, concelleiro de Deportes, sinalou que “seguimos apostando polas actividades de ocio no verán para os máis cativos. Pensamos que se trata dunha cita atractiva para Burela e para os amantes do baloncesto. Animamos a todos os rapaces e rapazas interesados en participar neste torneo a que se inscriban e a que acudan”.
O torneo 3 x 3 de baloncesto disputarse na praza da Mariña o 16 e o 17 de agosto a partir das 20:00 horas. As inscrición poderán realizarse o vindeiro mércores a partir das sete e cuarto da tarde.
O edil burelés...
leer másA décimo novena edición do torneo de tenis Vila de Foz disputarase do 14 ao 20 deste mes nas pistas de Marzán. Está organizado polo Foz Club de Tenis e colabora o Concello focense.
O torneo disputarase tanto en individual como en dobres na modalidade absoluto-mixto. A data límite de inscrición é este venres, día 11 de agosto, e agárdase unha participación semellante á do ano pasado.
Foi presentado polo alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, e o directivo do Foz Club de Tenis Ramón Cajoto Sante.
Hoxe tivo lugar a presentación do V Torneo de Padel San Bartolo de Xove. Neste acto estiveron presentes o alcalde, Demetrio Salgueiro, a concelleira de Deportes, Cristina Iglesias, xunto con Ivan Gonzalez da empresa IG10, que xestiona o torneo.
O torneo será dende o 14 ao 18 de agosto e terá as seguintes categorías: masculina, feminina e mixta. Repartiranse 1200 euros de material deportivo en premios.
A inscrición pódese facer na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Xove ou ben nas instalación de IG10 en Burela. O sorteo será o día 11 ás 20:00 na pista de pádel.
Do 17 ao 30 de xullo terá lugar o III Torneo de Tenis Concello de Burela Memorial José Luis Yebra, que foi presentado esta mañá. O evento está organizado polo Club de Tenis-Pádel A Marosa e conta coa colaboración de Concello burelés.
O torneo disputarase nas modalidades individual masculino e feminino e dobres masculino. A inscrición estará aberta ata o vindeiro día 14. As persoas interesadas en participar poden anotarse en clubdetenispadelamarosa@outlook.com ou nos seguintes números de teléfono: 630 744 347 e 687 433 380. A cota en individual masculino será de 5 euros para os socios e de 10 euros para os non socios; en individual feminino 3 euros para socias e non socias; e en dobres masculino a cota será de 5 euros/parella socios e 10 euros/parella non socios.
... leer másEste fin de semana, os días 17 e 18 de xuño, terá lugar na vila o XIV Torneo SD Ribadeo Alevín e Mini Prebenxamín no que participarán 37 equipos procedentes de Galicia, Asturias ou Portugal, entre outros lugares. O torneo foi presentado no salón de actos do Concello coa asistencia do concelleiro de Deportes, David Rivas, e do técnico deste departamento Iván López.
O representante da SD Ribadeo Juan Valle anunciou que “este fin de semana, 17 y 18 de junio, tenemos el torneo alevín internacional, como ya ha habido dos fines de semana anteriores, ahora nos toca el alevín y el mini prebenjamín”.
Valle explicou que “en miniprebenjamín nos faltó un equipo y van a hacer un grupo de cinco que jugarán todos contra todos, una especie de liguilla. En alevín tenemos equipos de Portugal, Castilla-La Mancha, Asturias y la...
leer másNo XIV Torneo de Fútbol Base da SD Ribadeo nas categorías benxamín e prebenxamín, que se celebrará na localidade os días 10 e 11 de xuño, participarán 37 equipos procedentes de Asturias, León, Extremadura, Portugal e Galicia. O torneo foi presentado no Concello coa asistencia do concelleiro e do técnico municipal de Deportes así como de representantes da entidade organizadora.
O vocal da SD Ribadeo Francisco José Muíña dixo que “se trata del décimo cuarto torneo de fútbol base que se celebra los días 10 y 11 de junio, sábado y domingo, en las categorías prebenjamín y benjamín”.
Francisco José Muíña explicou que “en la categoría prebenjamín participarán clubs de Asturias, Galicia y León. Y de la categoría benjamín de Asturias, Galicia tanto de las provincias de Pontevedra como Coruña y Lugo, Portugal y un equipo...
leer más