Viveiro
O Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade. Pon en marcha este venres 28 e o sábado, 29 de outubro, a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
É unha oportunidade para pasar a fin de semana facendo compras nos 44 comercios participantes na campaña e desfrutar de descontos do 20% en miles de artigos. Participan locais de moda de home, muller e nenos, calzado, complementos, artigos de deporte, lencería, xoias, mobles, decoración, agasallos, artigos para o fogar, alimentación, iluminación, óptica, telefonía, estancos e salóns de peiteado.
Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas...
leer másO Concello de Viveiro invita a todos os veciños e veciñas da vila a desfrutar dende este sábado e ata o lunes día 31 dunha ampla programación prevista para as festas do Samaín nas rúas do Casco Histórico.
O sábado comezan os Obradoiros do Samaín con dúas actividades para os máis cativos. Así, entre as 11:00 e as 12:30 horas, levaranse a cabo os talleres de elaboración de gadoupas para os cativos e cativas entre os 4 os 7 anos, mentres que entre as 12:30 e as 14:00 horas os que aprenderán a facer unha lámpada serán os nenos e nenas de 8 a 12 anos.
Sen dúbida será o mellor xeito de pasar as horas á espera da gran cita do luns día 31, cando chegue por fin o momento para os máis novos de saír a pedir caramelos e bailar polas rúas de Viveiro.
Haberá amenización musical e o reparto de...
leer másA duración de “Cubo”, que terá lugar no Teatro Pastor Díaz, ten unha duración de 45 minutos. Será o vindeiro sábado, 29 de outubro, a partir das 19:00 horas.
En escena, un cubo de 2 metros de lado onde habitan dous personaxes interpretados por María Torres e Gonçalo Guerreiro. Xogan, cantan, rin, pelexan e berran. Un día decátanse de que queren ir máis lonxe e descubrir o mundo enteiro. Sempre estiveron de acordo ata hoxe, mais no momento de elixir o seu destino non son quen de chegar a un consenso. Un quere viaxar cara un lado en busca de preguntas e o outro quere buscar respostas na dirección oposta. Que solución atoparán? Norte, Sur, Este ou Oeste? Xuntos ou separados?
“Apetece caer pra riba ata un lugar descoñecido sen precisarmos de mapas para subir montañas, nin indicacións para abrir e pechar portas de...
leer másCARTELERA CINES VIVEIRO HASTA EL 23 DE OCTUBRE
VIERNES 21
-Lilo, mi amigo el cocodrilo – 22:00 horas
-Black Adam – 22:00 horas
-Los renglones torcidos de dios – 22:00 horas
SÁBADO 22
-Lilo, mi amigo el cocodrilo – 18:00 y 21:00 horas
-Black Adam – 18:00 y 21:00 horas
-Los renglones torcidos de dios – 21:00 horas
-Smile – 18:00 horas
DOMINGO 23
-Lilo, mi amigo el cocodrilo – 17.30 y 20:30 horas
-Black Adam – 17:30 y 20:30 horas
-Los renglones torcidos de dios – 20:30 horas
-Smile – 17:30 horas
A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro en colaboración co concello de Viveiro, puxo en marcha un sorteo dentro das actividades da campaña SuperArte. Baixo o lema “Por un Comercio Inclusivo e Solidario” a Asociación de comerciantes colabora nesta 4ª Edición do programa SuperArte cun sorteo de 300€ en vales de compra.
A forma de participar é moi sinxela para animar a todo o mundo a que participe. Consiste nun sorteo en redes sociais, accesible para todos. O único que hai que facer é sacarse unha foto, intentando que sexa o mais divertida posible, nalgún dos 2 photocalls instalados na Praza Maior ou na Praza da Fontenova, e subila ás redes sociais, etiquetando a @viveirocentro e @concellodeviveiro co hastag #comercioinclusivo.
Sortéanse 300€ en vales de compra do CCHV, repartidos en 6 premios de...
leer másO Concello de Viveiro, coa colaboración da Federación Española de Actividades Subacuáticas (Fedas), organiza as VI Xornadas Cidade de Viveiro de Historia e Arqueoloxía Marítima, que se celebrarán os días 11, 12 e 13 de novembro. É un mes simbólico na historia marítima de Viveiro, xa que foi o 2 de novembro de 1810 cando a fragata Magdalena afundiu na ría.
Durante a presentación do evento, que tivo lugar esta mañá, a alcaldesa, María Loureiro, destacou o nivel dos relatores e asegurou que a xornada xa é unha cita consolidada a nivel nacional e internacional. "É unha das mellores formas de poñer en valor a nosa historia, sempre vencellada ao mar", asegurou.
Segundo explicou esta mañá a rexedora local, o acto comezará na tarde do venres 11 de novembro coa inauguración dunha exposición sobre os pecios que acompaña a...
leer másA alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, e a directora da UNED de Lugo, Ana Traseiras, presentaron a campaña de matrícula para o curso 22-23 e as novas titulacións que se implantan no centro de Viveiro.
Tanto a directora da UNED de Lugo como a alcaldesa amosaron a súa satisfacción pola implantación de tres novos graos, que permitirán ao alumnado da Mariña estudar ‘Maxisterio: Educación Infantil’, Enxeñería da Enerxía ou Ciencias Ambientais a través da modalidade semipresencial, sen desprazarse do seu lugar de orixe.
As tres carreiras cursaranse en catro anos na modalidade semipresencial. A UNED non ten prazas límites, polo que todo o alumnado que desexe cursar os graos simplemente ten que cumprir cos requisitos de acceso.
María Loureiro destacou “a colaboración fluída coa UNED, que no...
leer másCARTELERA CINES VIVEIRO HASTA EL 16 DE OCTUBRE
VIERNES 14
-Los renglones torcidos de Dios – 22:00 horas
-Smile – 22:00 horas
-Modelo 77 – 22:00 horas
SÁBADO 15 Y DOMINGO 16
-Los renglones torcidos de Dios – 21:00 horas
-Tadeo Jones 3 – 18.30 horas
-Los buscamundos – 17:30 horas
-El colegio de los animales mágicos – 18:00 horas
-Smile – 21:00 horas
-Modelo 77 – 21:00 horas
O Concello de Viveiro organiza unha tarde de festa e convivencia gratuíta para as persoas maiores de 65 anos o próximo domingo 23 de outubro, unha actividade incluída no programa ‘Reconécta-te’.
A festa será no pavillón Antonio Tarrio do IES Vilar Ponte desde as 19:00 horas e inclúe uns pinchos, chocolatada e música en directo. A iniciativa vai dirixida a que os veciños e veciñas maiores de 65 anos pasen unha tarde de diversión, fraternidade e convivencia.
O prazo para inscribirse comeza mañá, venres 14 de outubro, e remata o próximo xoves, 20 de outubro.
Haberá catro puntos de recollida de entradas: no Concello de Viveiro, de luns a venres e de 09:00 a 14:00 horas; no centro sociocultural Casa do Forno de Celeiro, de luns a venres de 16:00 a 21:00 horas; no centro sociocultural de Covas, de luns a venres de...
leer másConexión Pingüín chega o 15 de outubro ao Teatro Pastor Díaz, de Viveiro, o 15 de outubro ás 20:30 horas. O prezo da entrada para gozar desta comedia será de 5 euros para o público xeral e de 3 euros para estudantes e xubilados. As reservas poden facerse chamado ao teléfono 982 560 162 ou rbg.cultura@viveiro.es, ou en taquilla unha hora antes da función.
Despois do éxito da anterior montaxe, Sénior (2018), Culturactiva Producións volve convocar a Luis Iglesia e Marcos Orsi neste espectáculo cómico escrito por Jose Prieto.
Conexión Pingüín é unha comedia que quere falar da incomunicación entre os seres humanos. Este mal fai estragos todo os días e a todas horas, na casa, coa familia, no tráfico, no traballo... Estamos na súper era tecnolóxica, da conexión inmediata, da telecomunicación, mais...