Xantar
03/03/2017
O Concello de Ourol, a través do departamento de Servizos Sociais, organiza varios actos para conmemorar o Día Internacional da Muller que se celebra o 8 de marzo.
O sábado, 11 de marzo, haberá unha xuntanza de mulleres cunha charla de sensibilización e comida-baile.
Dará comezo ás 13:30 horas no edificio multiusos do Concello de Ourol . O custe da comida é 10 euros e o prazo para anotarse remata o mércores 8 de marzo. O abono é previo a retirada de entradas no departamento de Servizos Sociais.
03/03/2015
O Concello de Burela estará presente na XVI edición de Xantar, Salón Internacional de Gastronomía e Turismo que se celebra en Expourense desde mañá, 4 de marzo, ata o domingo día nove.
Segundo afirmou o rexedor, José María González Barcia, Burela contará con stand propio, no que se proxectarán imaxes da localidade e se distribuirá material informativo. O alcalde indicou que concello burelés usará o bonito e a actividade mariñeira como elemento fundamental da súa promoción, e tamén como reclamo. Para iso, o xoves á unha e cuarto do mediodía terá lugar unha degustación de bonito, cedido por ABSA, coa finalidade de dar a coñecer o príncipe azul nun ámbito xeográfico no que o concello vén estando presente a través de Xantar desde hai anos.
... leer más 03/03/2015
O Concello de Cervo terá a partir de mañá un expositor promocional no 16º Salón Internacional de Gastronomía e Turismo que se celebra en Ourense do 4 ao 8 de marzo e que hoxe foi acondicionado e preparado. A edil de Turismo, Begoña Alonso, desprazouse ata a capital ourensá, onde se reuniu con membros da organización. Este é o segundo ano consecutivo no que o municipio participa nesta feira, á que na edición anterior acudiu presentando a Festa do Ourizo.
Este ano, o Concello decidiu ampliar as posibilidades de promoción, centrando os seus esforzos nas tres festas de Interese Turístico Galego (Maruxaina, Queimada e Ourizo, aproveitando a proximidade desta última) así como na Festa do Mexillón. De feito, nesta edición vaise volver a concorrer ao concurso de Carteis de Festas...
leer más





