Ribadeo

05/02/2025

Acisa con amor é a campaña que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo desenvolverá do 6 ao 16 de febreiro. Acisa sorteará dúas ceas para dúas persoas cada unha nos restaurantes San Miguel e Javier Montero e unha noite romántica no Parador de Turismo ribadense.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo: “presentamos unha nova edición da campaña de San Valentín na que imos sortear dúas ceas para dúas persoas cada unha delas nos restaurantes Javier Montero e San Miguel así como unha estancia dunha noite romántica no Parador de Turismo de Ribadeo. Queremos que as persoas afortunadas celebren dun xeito especial o día dos namorados. Tras a campaña de Nadal e agora que estamos en plenas rebaixas, non nos podiamos esquecer de San Valentín, xa que as parellas de namorados aproveitan para facerse agasallos e...

leer más
05/02/2025

Ribadeo acollerá este domingo, día 9 de febreiro, no Pavillón Municipal da rúa Alfredo Deaño unha clase de iniciación á danza organizada pola asociación ribadense As Vacas Fracas  e que correrá a cargo de Ana Uría e Xacobe Paz.

Esta actividade desenvolverase de 17:30 a 21:00 horas e para participar hai que inscribirse previamente.

 

03/02/2025

A agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, anuncia que este venres, día 7 de febreiro, ás 20:30 horas na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho será presentado o libro titulado Entre nós e o Eo, de Beatriz Pin e Antón Cando.

Neste acto tamén intervirá María Cando, para falar da toponimia da zona.

Etiquetas:
01/02/2025

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo renovará o apoio ao festival ribadense Xara, de cara á vindeira edición.

A deputada de Cultura Iria Castro e o deputado de Mocidade Daniel García reuníronse esta mañá coa asociación organizadora para valorar a colaboración mantida na pasada anualidade e avanzar na proposta de cara á terceira edición.

Asi, no encontro,  incidiron no éxito do mercadiño de produtos de proximidade ou na proxección que supuxo a actuación no festival para o rapeiro da Limia Kid Mount, e bosquexaron as liñas do próximo cartel no que manterán a aposta en artistas emerxentes e nas músicas urbanas que incorporan ritmos tradicionais.

A organización formulou como obxectivos para a vindeira edición chegar a un público máis interxeneracional e lograr un crecemento sostible, respectuoso coa vida e os ritmos de Ribadeo.

Daniel...

leer más
Etiquetas:
31/01/2025
CARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 6 DE FEBRERO 
 
VIERNES 31, SÁBADO 1 Y DOMINGO 2
SALA 1 18:00 - 20:30 – 23:00 “POLICAN”
SALA 2 18:00 - 20:30 - 23:00 “LA ACOMPAÑANTE”
 
 LUNES 3
SALA 1 20:30 – 23:00 “POLICAN”
SALA 2 20:30 - 23:00 “LA ACOMPAÑANTE”
 
MARTES 4 (DIA DEL ESPECTADOR)
SALA 1 20:30 – 23:00 “POLICAN”
SALA 2 20:30 - 23:00 “LA ACOMPAÑANTE”
 
MIERCOLES 5 SIN ESPECTACULO
 
JUEVES 6
SALA 1 20:30 – 23:00 “POLICAN”
SALA 2 20:30 - 23:00 “LA ACOMPAÑANTE”
Etiquetas:
30/01/2025

O pavillón da rúa Alfredo Deaño acollerá o vindeiro domingo, 2 de febreiro, desde as 11 da mañá unha xornada da liga autonómica benxamín de hockei liña, que contará coa participación de equipos de A Coruña (Brigantium), Lugo (Meigas e Lóstregos), Asturias (Guajes) e Ribadeo (Os Trasnos).  

A cita está organizada polo Club de Hockey Isla Pancha. Colaboran: Concello de Ribadeo, Federación Galega de Patinaxe, Xunta de Galicia e Deporte Galego. 

 

Etiquetas:
29/01/2025

A concelleira de Comercio e Turismo, Marta Saiz, explica que “estamos a traballar no programa do Entroido 2025, que presentaremos nuns días. Pero xa podemos adiantar que a Gala será o 22 de febreiro no Teatro. Lluvia de estrellas é a temática elixida para esta cita na que queremos animar a participar a todas as veciñas e veciños de Ribadeo que así o desexen”.

Saiz lembra que “na Gala do ano pasado prepararon actuacións diferentes asociacións, grupos moi vinculados ao Entroido e charangas de Ribadeo. Neste 2025 queremos animalos a todos a participar de novo e tamén ás veciñas e veciños de Ribadeo, que a título individual ou en grupo, se queiran sumar á grande Gala que terá lugar o vindeiro 22 de febreiro. O único que teñen que facer é poñerse en contacto con nós para anotarse”.

A edil ribadense agarda que “sexan...

leer más
Etiquetas:
29/01/2025

A medicina antienvellecemento centrará a charla que impartirá en Cedofeira o vindeiro 5 de febreiro José Antonio Flórez Lozano, catedrático da Facultade de Medicina e Ciencias da Universidade de Oviedo. 

Será na Escola de Cedofeita ás 18:00 horas. A cita está organizada pola Concellería de Benestar Social, Saúde e Familia. A súa responsable, Elena Sierra, explica que “el doctor Flórez Lozano nos hablará de lo conveniente que es envejecer con humor. Ese es el mejor fármaco para la salud y la longevidad. Es una conferencia con la que animará a los asistentes a vivir plenamente esta etapa de la vida con desafíos, expectativas, ilusiones, trabajo, esfuerzo y superación”.

E engade: “ya tuvimos la suerte de recibir en Ribadeo, en el Salón de los Alcaldes del Concello, al doctor Flórez Lozano el pasado mes de diciembre y...

leer más
28/01/2025

Teatro do Noroeste representa a obra titulada Guerra, escrita e dirixida por Eduardo Alonso, en Ribadeo este domingo, día 2 de febreiro. Será no auditorio municipal Hernán Naval ás 20:00 horas.

A sinopse é a seguinte: “nun edificio teatral totalmente destruído por un bombardeo nunha guerra desatada no mesmo corazón de Europa comezan a aparecer as personaxes do Teatro Universal que nel foran representadas ao longo do tempo e encarnadas en dous actores e catro actrices. As innumerables referencias ás guerras no teatro europeo, desde Shakespeare até Lorca, enchen a escena de evocadoras secuencias de caos e destrución”.

Luma Gómez, Miguel Pernas, Manuela Varela, Maxo Barjas, Sabela Hermida e Xavier Estévez son os intérpretes de Guerra, que conta coa dirección musical de Bernardo Martínez, a...

leer más
Etiquetas:
28/01/2025

A Asociación de Irmandade Ribadeo-Loctudy organiza unha viaxe a esta localidade da Bretaña francesa do 1 ao 9 de xullo.

“Durante a estancia aloxarémonos coas familias de acollida e gozaremos dun amplo programa de actividades e visitas. O desprazamento será en autobús, con parada intermedia para durmir”, explican os organizadores.

Para máis información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 629.47.52.99 ou enviar correo electrónico á dirección irmandade.ribadeo@gmail.com.