Ribadeo
O equipo de fútbol Rayo Ribadeo Veteranos organiza a primeira edición de A Troula Rayista, unha festa aberta a toda a veciñanza e visitantes que se celebrará no parque de San Francisco, de Ribadeo, durante os días 27, 28 e 29 de xuño. A proposta combina gastronomía, música, artesanía, actividades infantís e solidariedade, nun ambiente festivo e familiar.
O evento arrancará este venres 27 ás 19:00 horas, continuará o sábado durante todo o día ata a 1:00 da madrugada, e rematará o domingo 29 ás 17:00 horas.
Durante os tres días haberá: foodtrucks variadas, con opcións como comida mexicana, patacas asadas e moito máis; mercado artesán, con postos de produtos locais; bar, tetería e coctelería, con diferentes propostas para todas as idades; actividades infantís, con inchables e espectáculo do Mago Charly (...
leer másDo 29 de xuño ao 12 de outubro terá lugar unha nova edición do Mercado dos Domingos en Ribadeo.
A concelleira de Comercio e Promoción Económica, Marta Saiz, explicou que “como cada tempada, coa chegada do verán, retomamos o Mercado dos Domingos, que dará comezo o próximo día 29 na contorna da Praza de Abastos. Trátase dun mercado no que atoparemos produtos da nosa horta, poñendo en valor a economía máis próxima e potenciando o consumo dos produtos de tempada”.
O alcalde, Dani Vega, aludiu á importancia de atopar relevo xeracional na agricultura: “todas as administracións debemos xuntarnos para que moita mocidade observe que ser agricultor tamén pode ser un medio de vida”. O rexedor subliñou que “o Mercado dos Domingos é un axente dinamizador, que axuda e impulsa a economía local e tamén o comercio da vila”....
leer másO Concello de Ribadeo informará sobre a compostaxe doméstica. Será nunha carpa que estará instalada de 10:00 a 13:00 horas no mercado dos domingos o día 29 de xuño e no mercado dos mércores o 2 de xullo.
Desde a Concellería de Medio Ambiente explican: “no Concello de Ribadeo contaremos con 70 composteiros para entregar ás persoas interesadas. Queremos formar á veciñanza e tamén facer seguimento do seu uso e ofrecerlles asesoramento”. E engaden: “as veciñas e os veciños de Ribadeo que precisen máis información poden dirixirse á Área de Medio Ambiente do Concello, chamando por teléfono ao 982 120 701 ou ao correo medioambiente@ribadeo.gal”.
A parroquia ribadense de Arante celebra as festas na honra a San Pedro esta fin de semana, venres 27 e sábado 28 de xuño.
As actividades comezarán o venres con churrascada gratis e verbena amenizada polo grupo América SL.
E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne, seguida de sesión vermú con Miguel La Clave, que tamén actuará na festa e verbena.
O Concello do Porriño acolleu esta mañá un emotivo acto institucional no que se formalizou o irmandamento entre O Porriño e Ribadeo, unidos pola figura de Ramón González (1856–1925), filántropo galego cuxo legado marcou profundamente a vida social, cultural e patrimonial de ambas vilas.
O acto comezou coa recepción das autoridades na Casa Consistorial do Porriño, que sorprenderon na súa chegada caracterizados de indianos, e coa interpretación do Himno Galego. A continuación, tiveron lugar as intervencións institucionais, nas que participaron Alejandro Lorenzo, alcalde do Porriño; Daniel Vega, alcalde de Ribadeo; Vanessa Ucha, concelleira de Turismo do Porriño; e Begoña Sanjurjo, concelleira de Cultura de Ribadeo. Tamén interviron descendentes de Ramón González, que emocionaron aos asistentes lembrando a traxectoria humana e solidaria do...
leer másA asociación Más Debate abriu a convocatoria do I Certame de Pintura Rápida de Ribadeo, que “ten o dobre obxectivo de dinamizar as rúas e comercios ribadenses e de supoñer unha fonte de exposición para novos talentos artísticos”. Será o día 5 de xullo, sábado.
“Os participantes rexistrados, que deberán atoparse nun rango de idade entre os 16 e 35 anos, competirán por crear o mellor cadro en apenas dez horas e apostados nas rúas da vila. Ao termo da xornada o xurado avaliará as obras e o concello entregará un cheque de 500 euros ao artista gañador. O resto dos cadros serán postos á venda en comercios adheridos ou vinculados á Asociación Comerciantes Industriais Servizos e Autónomos de Ribadeo (ACISA) por un prezo máximo de 500 euros. As temáticas, estilos e técnicas utilizadas nos cadros non están restrinxidas e correrá a elección de cada...
leer másDesde o venres día 4 de xullo ata o domingo 6 celebrarase en Ribadeo a décimo terceira edición do Curso de Jazz e Música Moderna.
Está organizado pola asociación cultural ribadense Bruar e o presidente do colectivo, Rubén Solloso, anuncia que o curso vai desenvolverse en horario de mañá e de tarde e será impartido por cinco profesores de distintas especialidades: “da batería encargarase Sergio González. A sección de vento estará a cargo do saxofonista Pablo Castaño. A parte de guitarras e baixos correrá por conta de Felipe Villar. E a de piano será impartida por a pianista catalana Cristina Montull. Por último a parte vocal será levada pola cantante coruñesa Ángeles Dorrio”.
Rubén Solloso explica que “é a décima terceira edición deste curso, que é modesto e que pelexamos moito para seguir facendo ano a ano porque...
leer másEste mércores, día 25 de xuño, no Centro Sociocomunitario de Ribadeo haberá unha xornada centrada no benestar mental e emocional das familias. Será de 16:00 a 22:00 horas. Para participar hai que inscribirse no Concello de Ribadeo.
É unha actividade acreditada por AFAMMER Lugo e Grupo Forma-T, dentro do plan Corresponsables, da Xunta de Galicia e do Ministerio de Igualdade.
A parroquia ribadense de Ove celebrará as festas na honra a San Xoán os días 23 e 24 de xuño, luns e martes.
As actividades comezarán o luns 23 ás 20:30 horas con sardiñada e pancetada con viños gratis. E desde as 22:00 horas haberá festa e verbena coa orquestra Costa Dorada e Disco Móvil Conxuro. Ademais acenderase a tradicional fogueira de San Xoán.
E o martes 24 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión, acompañada polo grupo de gaitas Illa Pancha. A sesión vermú estará amenizada pola Disco Móvil Conxuro.
A organización anuncia que haberá servizo de bar, amplo aparcamento e o campo da festa estará cuberto con carpa.