Ribadeo
Ribadeo acolle dúas exposicións de pintura desde este venres, 1 de agosto, ata o día 10 dese mes. Son dos artistas Nenó Selá e López Castro.
A mostra con obras de Nenó Sela titúlase Paisaxes de Ribadeo: Cen anos de Historia e poderá visitarse na sala de exposicións da Casa de El Viejo Pancho desde 12:00 a 14:00 horas e de 19:00 a 21:00.
E a mostra de pinturas de López Castro, titulada O encuadre da ría, estará na sala de exposicións do Campo de San Francisco e abrirá ao público de 18:00 a 21:00 horas.
O campo municipal Pepe Barrera acolleu esta tarde a presentación do LXXIV Torneo Emma Cuervo de fútbol, que disputarán o vindeiro 6 de agosto ás 19:00 horas o Real Club Deportivo da Coruña e o Real Oviedo.
Ao acto asistiron o alcalde, Dani Vega, os concelleiros de Medio Ambiente e Igualdade, Diego Dos Santos e Begoña Sanjurjo, o xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Otero, o deputado provincial responsable da Área de Rural, Mar e Mocidade, Dani García, a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, o presidente do Ribadeo FC, Valentín Coto, o vicepresidente do Real Oviedo, Manuel Paredes, e Carlos Ballesta, conselleiro do RC Deportivo da Coruña.
Todos fixeron fincapé na importancia desta cita, xa que o Emma Cuervo é o vicedecano dos torneos de verán e da importancia que terá para o tecido...
leer másA Coral Polifónica de Ribadeo celebrará o seu 70º aniversario cun concerto colaborativo que se levará a cabo o día 1 de agosto, venres. Será ás 21:00 horas na igrexa parroquial ribadense de Santa María do Campo.
“Este ano toca celebrar o 70° aniversario da Coral. O 1 de agosto faremos un concerto colaborativo no que participarán excoralistas de todas as etapas. Moitas grazas a todos/as eles/elas! Desexamos que gocedes deste acto único que nos fará viaxar no tempo a través da música”, anuncia a Coral Polifónica de Ribadeo.
CARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 31 DE JULIO
VIERNES 25, SÁBADO 26 Y DOMINGO 27
SALA 1 18:00 - 20:30 – 23:00 “LOS 4 FANTÁSTICOS: PRIMEROS PASOS”
SALA 2 18:00 “LOS PITUFOS
SALA 2 20:15 “JURASSIC WORLD: EL RENACER”
SALA 2 23:00 “SUPERMAN”
LUNES 28
SALA 1 20:30 – 23:00 “LOS 4 FANTÁSTICOS: PRIMEROS PASOS”
SALA 2 20:15 “JURASSIC WORLD: EL RENACER”
SALA 2 23:00 “SUPERMAN”
MARTES 29 (DÍA DEL ESPECTADOR)
SALA 1 18:00 - 20:30 – 23:00 “LOS 4 FANTÁSTICOS: PRIMEROS PASOS”
SALA 2 18:00 “LOS PITUFOS
SALA 2 20:15 “JURASSIC WORLD: EL RENACER”
SALA 2 23:00 “SUPERMAN”
MIÉRCOLES 30
SALA 1 20:30 – 23:00 “LOS 4 FANTÁSTICOS: PRIMEROS PASOS”
SALA 2 20:15 “JURASSIC WORLD: EL RENACER”
SALA 2 23:00 “SUPERMAN”
JUEVES 31
SALA 1 20:30 – 23:00 “LOS 4 FANTÁSTICOS: PRIMEROS PASOS”
SALA 2...
Vilela, no concello de Ribadeo, celebra as festas do Carme este sábado, día 26 de xullo.
As actividades comezarán ás 12:30 horas con procesión coa Virxe do Carme, a Virxe das Dores e San Marcos acompañada por gaiteiros. Ás 13:00 celebrarase misa solemne e ás 14:00 horas empezará a sesión vermú co dúo Belinda.
De 17:00 a 20:30 horas haberá festa para nen@s, con inchables e toro mecánico. Ás 18:00 actuará o dúo Belinda e realizarase un sorteo sorpresa. E ás 22:00 horas empezará a verbena coas orquestras Alabama e Madastur.
O Concello de Ribadeo anuncia que este xoves, día 24 de xullo, ás 20:00 horas o Campo de San Francisco será escenario do circo contemporáneo coa representación da obra Vicki e a felicidade, da compañía Bandullo Azul, dentro da programación Cultura no Camiño.
É un espectáculo teatral para todos os públicos dirixido por Marcos Orsi e interpretado por Fran Campos e Fran Ameixeiras.
Se chove a representación trasladarase ao Teatro ribadense.
A tenda ribadense de moda infantil e complementos Querocolo acaba de integrarse na Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) de Ribadeo. A propietaria do establecemento, Tania Fernández, decidiu formar parte deste colectivo porque considera que “hoxe en día o pequeno comercio só lle pode facer fronte ás grandes cadeas e ás ventas por Internet se é de forma unida e con iniciativas que fomenten o comercio local”.
Querocolo abriu en 2015 da man de Raquel Pernas e anos despois, en 2024, comezou unha nova etapa con Tania Fernández á fronte. Está na rúa Ramón González da vila ribadense e é unha tenda de moda infantil e complementos como sacos e bolsas para o carro, mantas, xoguetiños, muselinas, mordedores, babeiros, etcétera. Aínda que a súa especialidade son os bebés, tamén teñen prendas de vestir ata a talla 6 anos...
leer másA Banda Municipal de Música de Ribadeo celebrará o seu tradicional concerto do Día da Patria este venres, día 25 de xullo, ás 20:30 horas no Campo de San Francisco, pero en caso de mal tempo trasladaríase ao auditorio municipal Hernán Naval. É a terceira actuación que ofrecerá este mes a Banda ribadense, despois dos concertos no Ribadeo Indiano e no XXVIII Festival de Bandas.
O director da formación, David Ballester Martínez, anuncia: “seguimos coa programación da Banda Municipal de Música de Ribadeo e, despois do concerto do Ribadeo Indiano e do Festival de Bandas, este venres 25 as oito e media da tarde no Campo de San Francisco vai ter lugar o xa tradicional concerto do Día da Patria. Farémolo ao aire libre se o tempo nolo permite e senón trasladarémonos ao auditorio Hernán Naval. Este concerto vai estar composto por obras de temática...
leer másA VII Carreira Nocturna Rinlo-Ribadeo, que terá lugar o 23 de agosto, foi presentada hoxe no Pazo de Ibáñez con asistencia de representantes do Concello de Ribadeo, da Xunta de Galicia, da Deputación de Lugo e de Acisa, así como con patrocinadores e membros do Club Atletismo Ribadeo.
Son 14 as categorías que inclúe esta carreira, consolidada no calendario de verán da Mariña lucense. As categorías dende pitufo ata alevín terán lugar arredor do parque San Francisco, infantil e cadete sairán dende o Faro da Illa Pancha e a proba absoluta de 9 quilómetros sairá dende a vila mariñeira de Rinlo ata Ribadeo, con meta diante do Concello. Ata o día de hoxe, segundo informa o club organizador, son 252 as persoas inscritas. O prazo para anotarse remata o 20 de agosto ás 23:59 horas.
Tod@s @s participantes levarán unha...
leer más












