Ribadeo

Etiquetas:
10/01/2025

Este domingo, 12 de xaneiro, volven os Seráns de Teatro, que organiza o Concello de Ribadeo. 

O Grupo de Teatro A Adala Futura, de Fazouro, porá en escena Rosalía Café a partir das 19 horas na Escola de Vilaframil. 

Mañá, sábado, a Biblioteca Municipal El Viejo Pancho acollerá a presentación do libro Entre a memoria e o esquecemento, de Guiomar Acevedo. No acto intervirán tamén Carlos Méixome Quinteiro e Mario López Rico. Esta actividade está organizada pola agrupación cultural Francisco Lanza coa colaboración do Concello de Ribadeo. 

 

Etiquetas:
09/01/2025

La galería ribadense Terra Branca convoca el XI Concurso de Cartas de Amor.

José Ramón Leal, el director de Terra Branca, explica que “ya hemos puesto en marcha nuestro Concurso de Cartas de Amor. Queremos animaros a escribir una romántica, peculiar o divertida carta de amor. Puede estar dirigida a tu pareja, a tu familia, a tus pasiones, a la vida, a tu tierra, a tu mascota…”. 

Leal indica que “la obra debe ser obligatoriamente un original de su autor y no ocupar más que la cara de un folio a doble espacio. Las cartas que recibamos y no cumplan con dichos requisitos serán automáticamente descalificadas. No hay límite de cartas por participante. Y los trabajos pueden estar redactados en gallego o castellano”.

El director de Terra Branca añade que “podéis enviar vuestras obras por correo...

leer más
Etiquetas:
08/01/2025

Ribadeo acollerá o vindeiro sábado, 11 de xaneiro, unha xornada la liga prebenxamín de hockey liña. Será a partir das 11 da mañá no pavillón de deportes da rúa Alfredo Deaño. 

Organiza o Club de Hockey Isla Pancha. Colaboran: Concello de Ribadeo, Federación Galega de Patinaxe, Xunta de Galicia e Deporte Galego. 

07/01/2025

A Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza a presentación do libro titulado Entre a memoria e o esquecemento, de Guiomar Acevedo López, un ensaio que aborda o tema da memoria e da identidade no exilio republicano en México. O acto será este sábado, día 11 de xaneiro, ás 19:30 horas na biblioteca municipal ribadense El Viejo Pancho. Ademais da autora do libro, intervirán Carlos Méixome Quinteiro (investigador sobre a represión franquista) e Mario López Rico, tradutor e autor do prólogo do libro.

A Agrupación Cultural Francisco Lanza explica que “Guiomar Acevedo López (Ciudad de México, 1984) é escritora e historiadora. Licenciada en historia pola Universidad Nacional Autónoma de México e Mestra polo Colegio de México. Especializouse en estudos de memoria histórica, procesos históricos de disrupción social e...

leer más
Etiquetas:
07/01/2025

Será a partir das 19:00 horas na carpa situada na Avenida Rosalía de Castro. Ata as once da noite servirán cañas, viños e empanadas variadas. Haberá cantos de taberna a cargo de Los Jilguerillos e En faldas y a lo loco. 

Xa a partires das once festa rachada amenizada por The Sound Project con copas, sorteos e mais sorpresas. 

Na carpa estará instalado un stand de merchandising do Ribadeo FC. 

O Empanadeo está organizado polo Ribadeo FC, que conta coa colaboración da SD Ribadeo e do Concello de Ribadeo. 

Etiquetas:
06/01/2025

As instalacións do Círculo Habanero da Devesa, no concello de Ribadeo, acollerá unha exposición de pirogravados de Antonio Martínez, máis coñecido como Pimpelo, desde este venres, día 10 de xaneiro, ata o domingo 12.

A mostra, titulada A miña terra, poderá visitarse os tres días de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00.

Etiquetas:
03/01/2025

Desde o Concello de Ribadeo informan que "a previsión meteorolóxica fai que se suspenda o percorrido da Cabalgata dos Reis Magos. As súas maxestades sairán do Concello camiñando ás 18:00 horas deste domingo, 5 de xaneiro, acompañados dos paxes e dirixiranse á carpa situada no parque de San Francisco para a recepción con todos os nenos e nenas de Ribadeo".

E engaden: "alí vos agardamos".

 

Etiquetas:
03/01/2025
CARTELERA CINE RIBADEO HASTA EL 9 DE ENERO
 
VIERNES 3 Y SÁBADO 4
SALA 1 18:00 - 20:30 – 23:00 “SONIC 3: LA PELÍCULA”
SALA 2 18:00 – 20:30 “MUFASA: EL REY LEÓN ”
SALA 2 23:00 “CONCLAVE”
 
DOMINGO 5 Y LUNES 6
SALA 1 18:00 - 20:30 – 23:00 “SONIC 3: LA PELÍCULA”
SALA 2 18:00 “MUFASA: EL REY LEÓN ”
SALA 2 20:30 -23:00 “CONCLAVE”
 
MARTES 7 (DIA DEL ESPECTADOR)
SALA 1 20:30 – 23:00 “SONIC 3: LA PELÍCULA”
SALA 2 20:30 “MUFASA: EL REY LEÓN ”
SALA 2 23:00 “CONCLAVE”
 
MIERCOLES 8 SIN ESPECTACULO
 
JUEVES 9
SALA 1 20:30 – 23:00 “SONIC 3: LA PELÍCULA”
SALA 2 20:30 -23:00 “CONCLAVE”
Etiquetas:
02/01/2025

O grupo humorístico Trípode representará a obra titulada A Presa en Ribadeo este sábado, día 4 de xaneiro. Será ás 19:00 horas no centro de ensino Pedro Murias, na parroquia ribadense de Vilaframil.

Trípode anuncia: “volvemos aos escenarios outro sábado máis. Desta volta, convidados polo Concello de Ribadeo, estaremos no colexio Pedro Murias, de Vilaframil, o día 4 de xaneiro polas 19:00 horas. Outra volta a pelexar pola nosa aldea, pola nosa contorna natural, pola nosa vida. Outra vez a discutir sobre o eterno dilema da tradición e a modernidade, outra vez a facer teatro e a divertirnos. Agardamos por vós, para pasar un agradable rato xuntos”.

30/12/2024

O cantautor galego Manoele de Felisa ofrecerá un concerto de Nadal na vila ribadense coa Coral Polifónica de Ribadeo e co Coro Sagrado Corazón este sábado, día 4 de xaneiro.

O concerto, incluído na programación de Nadal do Concello ribadense, será na igrexa parroquial de Santa María do Campo ás 20:45 horas.