Ribadeo
O grupo teatral do Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, representará a súa obra Pan con chocolate en Ribadeo este domingo, día 15 de decembro. Será ás 20:00 horas no Teatro ribadense. O prezo da entrada é de 3 euros.
Trata sobre “tres nenos e tres nenas que se acaban de retirar e reúnense para celebrar a xubilación da máis nova dos seis e, Inevitablemente, recordan as cousas da súa vida, de cando, efectivamente, eran nenos e nenas. Así, pouco a pouco, van saíndo temas que a todas e todos nos resultan familiares. E así, da súa man, imos recreando aquel mundo dos anos 60-70 do século pasado. Un mundo no que os nenos e nenas soñan con marchar da aldea para acadar unha vida mellor na cidade ou mesmo no estranxeiro (Francia, Alemaña, Suíza)… No que aínda perduran (e canto tempo seguirán perdurando!) vellas ideas fondamente...
leer másEl ilusionista Mag Lari presenta en Ribadeo su nuevo espectáculo, Strafalari, este domingo, día 15 de diciembre. Será a las 17:00 horas en el auditorio municipal Hernán Naval.
Mag Lari (Josep Maria Lari Viaplana, Barcelona 1973) es ilusionista desde hace 30 años. Su vocación le ha llevado por todos los teatros de Catalunya y España con espectáculos como Secrets, Splenda, Ozom y 25 Ilusions, entre otros muchos. Ha actuado también en festivales internacionales de magia en Francia, Portugal, Alemania, Suiza y Japón. Su popularidad se debe, en parte, a sus intervenciones en la radio y la televisión (TVE, TV3, Antena3, La Sexta y Tele5), donde ha colaborado con Albert Om, Javier Cárdenas, Andreu Buenafuente, Manel Fuentes, Carlos Sobera, El Gran Dictat y muchos más.
Quizás lo que más destaca del Mag...
leer másAcisa Ribadeo lanza unha nova campaña de captación de socios, tras a súa recente remodelación, que se prolongará ao longo das vindeiras semanas. O colectivo empresarial sumou nove novos asociad@s no último ano e conta con preto de 170 negocios adheridos.
Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, dixo: “gustaríame en nome da nosa directiva e xerencia darlles a todas e todos os novos socios publicamente a benvida á nosa asociación (By Hortensia, Mariscos Ribadeo, The Fisherman, Barallocas, Arrancadeira, Copacabana, O Lar de Carmiña, Pertejo e Multitienda Teresa) e aproveito tamén para animar aos negocios de Ribadeo: comerciantes, hostaleiros, industriais, servizos e autónomos, hoteis, etc, a que nos chamen para que os visitemos ou para que se acheguen ás nosas instalacións e lles expliquemos cara a cara todas as vantaxes que supón...
leer másA agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, anuncia: “o vindeiro venres 13 ás 19:30 horas temos cita co mundo dos libros na Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo. Vainos visitar Severino Fernández Abel cun excelente agasallo: unha boa conversa sobre a súa Tradición oral recuperada das tebras”.
Na presentación acompañarán o autor X. Manuel Lobato e Dores Fernández Abel.
A campaña Galicia Sabe Amar da Xunta estará o vindeiro domingo, 15 de decembro, en Ribadeo. Será de 12 a 15 horas e de 17 a 20 horas na rúa San Francisco.
Galicia Sabe Amar, promovida pola Consellería do Mar, continúa achegando á veciñanza o mellor sabor das rías galegas promovendo o consumo de peixe e marisco, polos múltiples beneficios que ten para a saúde debido á súa riqueza nutritiva. Ademais de fomentar a mellora dos hábitos alimenticios e a saúde da poboación tamén contribúe a divulgar a excelente calidade dos produtos da costa galega.
Na foodtruck, que estará o domingo en Ribadeo, haberá degustacións de diversos produtos das rías galegas. O alcalde, Dani Vega, anima á cidadanía de Ribadeo “a achegarse a saborear as exquisiteces que nos ofrecerá Galicia Sabe Amar, unha campaña que xa pasou por Ribadeo...
leer másRibadeo acolle ata o día 5 de xaneiro, domingo, un Rastrillo de Nadal da Asociación Española Contra o Cancro.
Está na Rúa Viejo Pancho, número 4, baixo, e o horario anúnciase na porta do local.
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este sábado, 14 de decembro, ás 11:30 e ás 18:00 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval o seu tradicional festival de Nadal. Na sesión da mañá será o alumnado máis pequeno do centro o que participe. Xa na sesión da tarde serán as grandes agrupacións das diferentes especialidades instrumentais e de danza.
No repertorio deste ano non faltan as panxoliñas, pero tamén haberá cabida para outros ritmos como a música moderna ou a tradicional. “O de Nadal é, xunto con fin de curso, o festival que máis éxito ten tanto entre o alumnado coma entre o público de aí que cada ano procuremos ofrecer cousas novas tanto a nivel de repertorio coma de posta en escena”, explica Hugo García, o responsable da EMMeD de Ribadeo.
Pero, sen dúbida, o aspecto máis destacado...
leer másO libro titulado “Federico Mediante. El Salgari español”, escrito por Ana Rosa Martínez Loredo, será presentado en Ribadeo este martes, día 10 de decembro.
O acto será ás 20:00 horas na Casa do Concello de Ribadeo, concretamente no Salón dos Alcaldes, e intervirán Pablo Rodríguez Fernández (libreiro e investigador de emigración), o xornalista Martín Fernández Vizoso; o editor, Antonio Andina Penabad; e Ana Rosa Martínez Loredo (autora e neta do escritor Federico Mediante).
Acisa Ribadeo repartirá 2.000 vasos entre os establecementos de ocio nocturno asociados para estas datas de Nadal, nas que estes locais poderán abrir dúas horas máis.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, indicou que “Acisa está a poñer todos os seus esforzos na campaña de Nadal, unha cita na que nos implicamos de xeito especial, xa que se trata dunhas datas de gran afluencia en Ribadeo, que cada ano se fai máis importante para o comercio e a hostalería ribadense, e que xera unha actividade económica inigualable. Todos os negocios están xa preparados para o comezo do Nadal, que se podería dicir que foi inaugurado a fin de semana pasada e que comezará de xeito efectivo dende esta ponte festiva. A hostalería está disposta para atender da mellor forma posible aos milleiros de persoas se achegarán á nosa vila. Por iso cada ano, desde Acisa...
leer más