Ribadeo
As concelleiras de Benestar Social, Cultura e Educación, Elena Sierra e Begoña Sanjurjo, presentaron Que no te atrapen, unha actividade organizada desde o Programa de Prevención de Adiccións en colaboración co CIM.
Ambas explicaron que “se trata dunha exposición itinerante que percorrerá os centros de ensino que teñen alumnado de ESO. Son 14 roll ups con contidos sobre as pantallas e a saúde física e mental, as redes sociais, xogos de azar, etc. Acompáñase cun caderniño para cada alumn@, no que se tratan máis profundamente os temas antes mencionados, de maneira clara e sinxela, con consellos e exercicios”.
E indicaron que “esta mostra ten como finalidade apoiar os coñecementos adquiridos polo alumnado nos obradoiros organizados polo CIM e desenvolvidos o pasado mes de novembro (Conectad@s da Asociación Aliad...
leer másO concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “van participar 70 xogadores procedentes de varios puntos de España. O torneo vaise disputar nas modalidades de individual, dobres e dobres mixtos. Dará comezo ás 9:30 horas e rematará cara as oito da tarde coa entrega de trofeos”.
Silvent subliñou que “é un Máster puntuable para o circuíto nacional de bádminton”.
O edil ribadense dixo que “Ribadeo aumenta as súas modalidades deportivas locais. Consideramos que para os amantes do bádminton é un aliciente poder presenciar un evento destas características na nosa vila, xa que estamos a falar dun Máster a nivel nacional”.
Colaboran co Club de Bádminton da Mariña o Concello de Ribadeo, a Xunta de Galicia e a Deputación de Lugo.
A compañía teatral Elefante Elegante representará a obra titulada KYOKI este domingo, día 26 de xaneiro, en Ribadeo. Será ás 17:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval.
O Concello de Ribadeo anuncia que “Elefante Elegante trae esta marabillosa obra onde os xestos, as cores e os obxectos falan do coidado ás persoas con demencia”.
KYOKI, que significa demencia en xaponés, é un espectáculo sen palabras destinado ao público infantil e familiar que aborda a temática do esquecemento, da vellez e da soidade.
El musical No Controles, Revive los 80s y los 90s, llegará en marzo a Ribadeo. Será el día 14 a las 21:30 horas en el auditorio municipal Hernán Naval.
La duración del espectáculo es de 70 minutos.
Las entradas, ya en venta anticipada, tienen un coste de 14 euros. Se pueden comprar en ticketrona.com
El día de la función el precio será de 18 euros.
O recentemente creado colectivo amarinha.gal -constituído en inicio por Lucía Ferro (escritora en varias linguas e autora de performances), José Manuel Ventoso (enxeñeiro desenvolvedor de software en varias compañías multinacionais e de xeito independente) e Antonio Gregorio (físico e profesor xubilado)- ofrece unha charla titulada Retomando prazas públicas, para “aprender a usar alternativas a Facebook, Twiter e Google”, anuncian. Será este venres, día 24 de xaneiro, ás 17:30 horas na biblioteca pública municipal de Ribadeo.
A artista Teresa Esra exporá acuarelas, gravados e debuxos na sala da Oficina de Turismo de Ribadeo desde este mércores, 22 de xaneiro, ata o día 9 de febreiro.
A mostra, titulada Historia dun mariñeiro, poderá visitarse de luns a sábados en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, dixo que “os eventos culturais desenvolvéronse xa desde principio de xaneiro. Agora, pasada a resaca do Nadal, queremos dar conta do que nos agarda ata acabar o trimestre”.
A edil ribadense contou que “comezamos coa presentación de libros. Onte, venres, na biblioteca municipal El Viejo Pancho, a Agrupación Cultural Francisco Lanza convidou a Henrique Costas a falarnos da súa novela Entre a vontade e o destino, unha magnífica ocasión para entreternos e saber máis da Idade Media peninsular. A mesma entidade proponnos xa en febreiro coñecer a obra Entre nós e o Eo, escrito a dúas mans por Antón Cando e Beatriz Pin”.
Sanjurjo contou que “temos tamén dúas propostas de alumnado dos centros de ensino para axudar ao pagamento de viaxes de estudos. Hoxe, sábado, De tal Cuento tal...
leer másVilela, no concello de Ribadeo, celebrará a terceira edición das súas Xornadas Gastronómicas do Cocido Galego o día 8 de febreiro, sábado, nunha carpa climatizada.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con sesión vermú amenizada por La Hora Bruja, e a continuación terá lugar a comida do cocido, con porco celta. Despois actuarán Clave de Ro y La Hora Bruja.
Os tiques para participar están á venda ata o 27 de xaneiro. As prazas son limitadas a 300 persoas.