Ribadeo
O vicedecano dos trofeos futbolísticos de verán en España, o ribadense Emma Cuervo, disputarano nesta ocasión o RC Deportivo da Coruña e o Real Oviedo. Ambos equipos enfrontáronse por última vez en Ribadeo no ano 2016, cando o Depor se impuxo por 2-0. Trátase dos dous clubs máis laureados do Emma Cuervo: o Real Oviedo conta con 40 participacións, logrando gañar en 17 ocasións; e o RC Deportivo da Coruña con 18, conseguindo o título en 10 delas. O LXXIV Emma Cuervo terá lugar o día 6 de agosto, mércores, ás 19:00 horas no campo municipal Pepe Barrera.
Os prezos das entradas serán de 20 euros para as persoas maiores de 15 anos e de 5 euros para nenas e nenos de 8 a 15 anos. Os menores de 8 anos accederán de xeito gratuíto.
As entradas poderán mercarse en varios puntos en Ribadeo: cafetería Rosa Lar, DeLira...
leer másDo luns 7 ao venres 11 de xullo terá lugar en Ribadeo un campus de fútbol do Real Oviedo. Está destinado a nenas e nenos nacidos entre os anos 2010 e 2019.
O concelleiro de Deportes ribadense, Francisco José Silvent, comentou que “aínda quedan algunhas prazas libres para participar neste Campus do Real Oviedo, que se desenvolverá do 7 ao 11 de xullo no Campo do Outeiro, na Devesa, en horario de 9 a 14 horas”. As persoas interesadas poden obter máis información na web www.campusrealoviedo.es.
O edil ribadense aludiu “a ampla oferta de campus de fútbol e doutras disciplinas deportivas que durante...
leer másEl Hotel O Cabazo, de Ribadeo, celebra sus bodas de plata. Hoy, 30 de junio, cumple 25 años.
O Cabazo abrió sus puertas en el año 2000 siendo un pequeño hotel de 19 habitaciones y dos estrellas. En aquel momento contaba con un restaurante de comida tradicional astur-galaica, que acogió infinidad de eventos y celebraciones durante muchos años.
En el 2008 el Hotel O Cabazo vivió su primera ampliación, pasó de 19 a 38 habitaciones y de 2 a 3 estrellas, pero no fue hasta el 2017 cuando aumentó 5 habitaciones más y pasó a ser distinguido como hotel de 3 estrellas superior.
Además de sus múltiples inversiones, su apuesta por la calidad siempre ha sido notable y así lo ha plasmado en las sucesivas renovaciones de la Q de Calidad, ISO 9001, junto a las excelentes reseñas de las que sus viajeros...
leer másO Concello ribadense ofrécese a podar gratuitamente as palmeiras privadas para decorar a vila coas súas follas no X Ribadeo Indiano.
A concelleira de Turismo e Promoción Económica, Marta Saiz, explica: “estamos na conta atrás para o Ribadeo Indiano e desde a organización, coma todos os anos, precisamos follas de palmeiras para decorar a nosa vila. A todas aquelas persoas que teñan nas súas fincas privadas palmeiras que precisen podar pedímoslles que se poñan en contacto co número de teléfono das oficinas municipais (982.120.701) desde o luns 30 de xuño ata o mércores 2 de xullo, e desde o Concello persoal municipal pasará a realizar esas tarefas de poda ao longo dos vindeiros días”.
A edil ribadense engadiu: “queremos agradecer, de antemán, a colaboración das veciñas e dos veciños de Ribadeo con este evento, do...
leer másA parroquia ribadense de Rinlo celebrará as festas na honra a San Pedro e á Virxe do Carme os días 4 e 5 de xullo, venres e sábado.
As actividades comezarán o venres ás 21:00 horas cunha churrascada que terá lugar nunha carpa cuberta. A continuación haberá festa verbena coa orquestra Salsarena.
E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e despois procesión. Ás 14:00 horas empezará a sesión vermú coa orquestra Salsarena e con degustación gratuíta de xamón cocido. Desde as 17:30 horas haberá actos para os nenos con festa da espuma, inchables e outras actividades. E a partir das 22:00 horas a verbena estará amenizada pola orquestra Salsarena e o dúo La Hora Bruja.
Ribadeo renovou a súa páxina web turística, na que está recollida a esencia deste concello e todo o seu legado. Na presentación participaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Turismo, Marta Saiz.
O rexedor contou que “Ribadeo presenta a súa páxina web renovada, onde hai espazo para aqueles iconos que temos en Ribadeo. Un espazo dedicado para As Catedrais: autorizacións das visitas, como chegar, as mareas, as xeorrutas, visitas guiadas. Os consellos que se dan para cando se visita a praia das Catedrais, desde un punto de vista da seguridade, tamén a historia, a xeoloxía, a flora, a fauna e as figuras todas de protección”.
Vega seguiu a relatar: “tamén temos un espazo dedicado ao Ribadeo Indiano. O Ribadeo Indiano, ten tamén o seu propio espazo dentro da páxina web, vaise poder consultar o programa, todo...
leer másDo 29 de xuño ao 6 de xullo terán lugar as antevésperas e as vésperas do X Ribadeo Indiano, que inclúen teatro, música e presentacións de libros.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anunciou que “a décima edición do Ribadeo Indiano está a punto de comezar. Este domingo, 29 de xuño, ás oito e media da tarde no auditorio municipal teremos a antevéspera. Poderemos gozar da representación teatral Boa sorte, mala fama, coa fantástica compañía Tarabela Creativa”.
A edil ribadense contou que “a fin de semana seguinte teremos tres cousas importantes: o venres 4 de xullo a presentación do libro O rey de los Jíbaros, a cargo do autor Suso Martínez ás oito e media na biblioteca; o sábado 5 de xullo haberá un concerto da Banda Filarmónica de Lugo ás oito e media no auditorio; e o domingo 6 de xullo...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos (Acisa) de Ribadeo editou 5.000 exemplares do novo plano comercial e turístico ribadense, que distribuirá entre os hoteis e aloxamentos asociados para que poidan empregalo xa desde inicio do verán. Esta acción forma parte das actividades do proxecto excepcional de Acisa Ribadeo, a través da Dirección Xeral de Comercio, O teu comercio local é excepcional.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou: “queremos seguir ofrecendo servizos aos nosos establecementos asociados. De aí que veñamos de editar un novo plano comercial e turístico para que os hoteis poidan facer uso del xa durante o inicio do verán e entregalo aos seus clientes. Inclúe un mapa de Ribadeo cos lugares de interese, así como de Rinlo, teléfonos como os da oficina de turismo, da Policía Local, da...
leer más