Ribadeo
Este domingo, día 27 de abril, ás 17:30 horas a Biblioteca Municipal El Viejo Pancho, de Ribadeo, celebrará o Día Internacional do Libro cunha actividade “moi especial”: contacontos e presentación da publicación titulada Los alquequenjes mágicos, de Diego Riera. Trátase dunha sesión interxeracional a cargo do autor “para que avós e netos compartan momentos de calidade, rían, soñen e disfruten xuntos”, anuncia o Concello de Ribadeo.
Sortearanse catro exemplares do libro que se presenta entre os nenos e nenas que asistan acompañados dos seus avós, ou outra persoa adulta. Non é necesaria inscrición previa.
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo celebrará o Día da Nai co sorteo dunha experiencia para dúas persoas a escoller entre diferentes destinos, dunha visita guiada a Bodegas Docampo en Ribadavia con noite e aloxamento para dúas persoas no seu hotel Pazo Carballo e dunha cea para dúas persoas no restaurante A Horta de San Roque. Ademais o 4 de maio Acisa repartirá, un ano máis, flores na rúa para as mamás. O slogan elixido é E ti que lle regalas a mamá?
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que a campaña “terá lugar do 25 de abril ao 4 de maio. Aquelas persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados recibirán papeletas para participar no sorteo dos tres premios que poñemos en xogo: unha experiencia para dúas persoas a escoller entre diferentes destinos, unha visita guiada a...
leer másO grupo de teatro Pico do Castro, de Foz, representará a obra titulada O Randiña no local da antiga escola da parroquia ribadense de Vilaselán. Será este sábado, día 26 de abril, ás 19:00 horas.
É unha actividade organizada polo Concello de Ribadeo coa colaboración da Xunta de Galicia e da asociación veciñal de Vilaselán.
O venres 2 de maio, ás cinco e media da tarde, a Biblioteca Pública Municipal de Ribadeo El Viejo Pancho acollerá o evento Soberanía Dixital IV: blogs, información descentralizada. É unha actividade pensada para achegar ó público en xeral a unha mellor comunicación e comprensión dunha ferramenta de difusión de coñecemento e creación como son os blogs.
Os organizadores desta actividade explican que “esta charla-taller e posterior coloquio é a cuarta actividade do ciclo que se desenvolverá ó longo de 2025, impulsado polo grupo amarinha.gal, nos locais da biblioteca ribadense cedidos polo Concello a tal fin, locais solicitados e concedidos polo Concello para sucesivas actividades. Neste caso co obxectivo de difundir o coñecemento, manexo e posibilidades dun sistema como son os blogs que incide nas nosas posibilidades de Soberanía...
leer másO concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explicou que “os dous pavillóns, o de Alfredo Deaño e o da Avenida de Luarca, serán escenario o vindeiro domingo das finais provinciais de fútbol sala nas categorías infantil, alevín e benxamín, nas que participarán arredor de 200 futbolistas”.
O edil ribadense comentou que “os partidos darán comezo ás 10 da mañá e a xornada rematará coa cerimonia de entrega de premios prevista para as oito da tarde”.
Silvent subliñou que “será unha grande xornada para o deporte provincial e para Ribadeo xa que, un domingo máis, un evento destas características contribuirá a dinamizar a economía local e servirá para dar a coñecer as nosas potencialidades turísticas”.
Na presentación das finais provinciais de fútbol sala participaron o alcalde, Dani Vega,...
leer másEste xoves, día 24 de abril, ás 20:30 horas terá lugar na ribadense Casa do Viejo Pancho unha conferencia sobre a piratería ao corso e a súa relación con Ribadeo. Será impartida por José María Leal, que é xeógrafo, profesor da UNED en Pontevedra e investigador da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
A charla está organizada pola agrupación cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, que explica: “a partir das súas investigacións levadas a cabo no marco da súa tese Pesca e negocio na Galicia cantábrica. De Cariño a Ribadeo entre o Catastro de Ensenada e o desestanco do sal, o profesor José María Leal vainos dar unha visión dunha actividade ben coñecida a través da historia, da literatura e do cine, pero que sempre contemplamos desde a distancia e nunca relacionamos coa nosa contorna máis inmediata. Esta vai ser unha boa...
leer másAbrió recientemente en Ribadeo, concretamente en las galerías comerciales que comunican las calles San Francisco y Reinante, una zapatería de calzado respetuoso infantil, aunque también ofrece algo para adultos. Esta nueva tienda se llama Jilgueritos y ya se integró en la Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios y Autónomos (ACISA) de Ribadeo.
Su propietaria es la ribadense María Antonia López Lens, que explica que este establecimiento se dedica a “calzado respetuoso infantil y algunas referencias de adulto. El calzado respetuoso está diseñado para interferir lo mínimo posible en el proceso de crecimiento natural de los pies, simulando caminar descalzo (barefoot en inglés). Se trata de un calzado flexible y muy ligero, que se adapta al pie respetando su forma y posición. Algunas de las marcas con las que trabajamos son...
leer másO cartel completo do Vendaval Fest 2025, que se celebrará en Ribadeo os días 25 e 26 de xullo, acaba de facerse público e está encabezado polo grupos Lendakaris Muertos, Boikot e Reincidentes. Tamén actuarán The Mothercrow, Aphonic, The Grassland Sinners, Skama La Rede, Sandford Music Factory, Cuarta Xusta, Secta, Rienda Suelta, Mecanica Rollind Band, DJ Tralla e DJ Atómica.
O festival terá lugar no aparcamento situado nas inmediacións da rotonda do bote Juanín e as entradas están á venda na web www.vendavalfest.com.
A Academia Xacobea e o Concello de Ribadeo están a preparar as XX Xornadas Mar por Medio, que se desenvolverán no vindeiro mes de setembro na vila. Con este evento colaboran a Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Oviedo.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, explicou que “as xornadas reivindicarán o Camiño de Santiago como encontro de culturas, como unión dos pobos, comezando por Galicia e Asturias, seguindo por España e Reino Unido”. A edil ribadense contou tamén que “a programación, que está en fase de elaboración, incluirá conferencias, mesas redondas, concertos e como novidade un roteiro cultural”.
En Santiago de Compostela tivo lugar unha xuntanza de traballo na que participaron o presidente da Academia Xacobea, Marcelino Agís; o presidente de honra da Academia...
leer más