Ribadeo
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncia que colabora un ano máis co proxecto de intercambio cultural a través do teatro Camiño Escena Norte, que programa representacións de 18 compañías de Galiza, Asturias, Cantabria, Euskadi, Nafarroa e La Rioja polo norte peninsular. O apoio da área de Cultura ao proxecto trae este ciclo teatral, titulado Itinerario Constelacións, a escenarios lucenses. A Sala Bahía, de Foz, e o Auditorio Hernán Naval de Ribadeo acollerán cadansúa representación os días 26 de setembro e 25 de outubro respectivamente.
Nueve Lunas Teatro, da Rioxa, levará a Foz a obra Juana I de Castilla, unha peza que aborda con humor, música e ironía a violencia sufrida polas mulleres e a saúde mental. E Ribadeo acollerá dúas función do espectáculo de ilusionismo inmersivo titulado 3 elementos da...
leer másA asociación veciñal da parroquia ribadense de A Devesa organiza unha excursión a Pontevedra e Cambados para este sábado, día 19 de setembro.
“Xa temos aquí a nosa vindeira viaxe cultural! O sábado 19 de setembro deixamos as rutinas na casa e marchamos descubrir a maxia de Pontevedra e o encanto de Cambados. Grazas á colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo (Cultura), organizamos un día redondo onde non vai faltar a boa comida, o turismo e, sobre todo, moita diversión entre veciños. O plan para o día: viaxe completa (bus de ida e volta), guía para non perder detalle, almorzo e un bo xantar”, explica a Asociación de Veciños A Devesa, que engade: “punto de encontro: ás 07:30 h no Local Social (Círculo Habanero). Puntualidade británica e moitos sorrisos!”.
Os prezos son: 30 euros para as persoas...
leer másAntía Gayoso Gayol atópase estes días en México disfrutando da viaxe sorteada por Acisa no marco do XI Ribadeo Indiano.
O sorteo, ante notario, tivo lugar ao remate do concerto ofrecido por Estrellas de Buena Vista y Más no escenario instalado na rúa San Roque o pasado 12 de xullo.
A viaxe sorteada foi para dúas persoas para desfrutar neste mes de setembro. O premio cubre o vo Madrid-México-Madrid, así como 7 noites de hotel en habitación dobre premium room en réxime de todo incluído, no hotel Iberostar Waves Paraíso de 5 estrelas, así coma servizos extra como embarque preferente, asentos especiais, asistencia a eventos na Riviera Maya, entre outros complementos extra.
Por outra parte, as persoas afortunadas no sorteo da campaña da Volta ao Cole, de Acisa Ribadeo, teñen ata o 30 de...
leer másAta o día 30 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas de inverno do Concello de Ribadeo. En total ofértanse 13 disciplinas: atletismo, bádminton, baloncesto, fútbol, fútbol-sala, hockei-liña, natación, pádel, patinaxe, tenis, tenis de mesa, xadrez e ximnasia rítmica.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, explica que “o inicio das escolas terá lugar entre o 16 de setembro e o 15 de outubro e a súa finalización entre o 15 de maio e o 15 de xuño. Están destinadas a nenas e nenos nad@s desde 2013 ata 2022, ambos incluídos. Nas escolas con límite de prazas realizarase un sorteo entre os inscritos o día 1 de outubro, tendo preferencia as/os empadroadas/os ou escolarizadas/os en Ribadeo”. E engade: “a cota por escola deportiva é de 60 euros e o pagamento da matrícula poderá realizarse ata o 15 de outubro....
leer másCARTELERA DE CINE RIBADEO HASTA EL 17 DE SEPTIEMBRE
VIERNES 11, SÁBADO 12 Y DOMINGO 13
SALA 1 17:45 -20:15 - 23:00 “PRÁCTICAMENTE MAGIA 2“
SALA 2 17:45 “TADEO JONES Y LA LAMPARA
MARAVILLOSA”
SALA 2 20:15 – 23:00 “EL SER QUERIDO”
LUNES 14
SALA 1 20:15 - 23:00 “PRÁCTICAMENTE MAGIA 2“
SALA 2 20:15 – 23:00 “EL SER QUERIDO”
MARTES 15 (DIA DEL ESPECTADOR)
SALA 1 20:15 - 23:00 “PRÁCTICAMENTE MAGIA 2“
SALA 2 20:15 – 23:00 “EL SER QUERIDO”
MIÉRCOLES 16 (SIN ESPECTÁCULO).
JUEVES 17 (+ 65 AÑOS ENTRADA 2 €)
SALA 1 20:15 - 23:00 “PRÁCTICAMENTE MAGIA 2“
SALA 2 20:15 – 23:00 “EL SER QUERIDO”
Acisa Ribadeo realizou este venres, 11 de setembro, o sorteo da súa campaña da Volta ao Cole, unha iniciativa coa que a asociación quixo incentivar as compras no comercio local coincidindo co inicio do curso escolar e a chegada da nova tempada de outono-inverno.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, explicou: “celebrouse en Acisa o sorteo da nosa campaña da Volta ao Cole, no que puxemos en xogo un total de 300 euros en vales de compra, repartidos en tres premios de 100 euros cada un. Os números agraciados foron o 5.072, o 8.384 e o 6.359”.
Pérez engadiu que “as persoas que posúan as papeletas correspondentes a estes números teñen ata o vindeiro 30 de setembro para reclamar o seu premio. Poderán facelo acudindo ás oficinas de ACISA Ribadeo, na Rúa San Roque, 57-baixo ou contactando coa asociación a través do WhatsApp no...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (Acisa) ribadense colabora un ano máis coa Media Maratón Ribadeo-As Catedrais. Todas as persoas que completen a décimo segunda edición este sábado, día 12 de setembro, recibirán unha medalla conmemorativa xentileza do colectivo empresarial.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, declarou: “dende Acisa estamos satisfeitos de poder colaborar un ano mais co Concello aportando as medallas de fin de carreira da décimo primeira Media Maratón Ribadeo-As Catedrais, que terá lugar mañá, 12 de setembro. Todas as corredoras e corredores que rematen a carreira recibirán unha medalla conmemorativa xentileza da nosa asociación”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, destacou que “a Media Maratón é moi importante para a actividade económica do noso pobo, este evento vai...
leer másO Concello de Ribadeo organiza os vindeiros 19 e 20 de setembro o Foro de Economía Social, “unha iniciativa que nace co obxectivo de achegar á cidadanía os valores e as oportunidades da economía social, poñer en valor o emprendemento colectivo e favorecer o intercambio de experiencias e coñecementos”, segundo explicou a concelleira de Comercio, Marta Saiz.
A edil ribadense indicou que “o encontro desenvolverase na Praza de Abastos de Ribadeo, un espazo estreitamente vinculado á actividade económica e comercial do municipio, e combinará durante toda a fin de semana foros de debate, actividades, formación, música e dinamización do mercado local”. Saiz contou que “a programación comezará o sábado 19 de setembro cunha xornada dedicada ao Foro de Economía Social, que contará con mesas redondas, participación de persoas especialistas e...
leer másEl centro deportivo BeOne Ribadeo reúne entrenamiento de fuerza, cardio y funcional, piscina climatizada, zona Cross, actividades dirigidas y espacios de relax para responder a diferentes edades, niveles y objetivos.
Las formas de hacer ejercicio son cada vez más diversas y también lo que cada persona busca cuando elige un gimnasio. Con esta realidad como punto de partida, BeOne Ribadeo inicia la nueva temporada con una propuesta que permite combinar entrenamiento individual, actividades colectivas, ejercicio en el agua y diferentes formas de cuidar la condición física dentro de una misma instalación. Entre sus espacios se encuentra su sala fitness, preparada para realizar trabajo de fuerza, musculación, tonificación, ejercicio cardiovascular y estiramientos. La propuesta incorpora también opciones de peso libre y entrenamiento funcional...
leer másRibadeo celebrará o III Encontro Día do Xubilado o 27 de setembro, segundo ven de anunciar a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra. A retirada das tarxetas, ao prezo de 15 euros por comensal, pode realizarse ata o día 23 na Área de Benestar Social de 9 a 14 horas.
A edil ribadense explicou: “el domingo 27 de septiembre celebraremos el tercer Encuentro Día del Jubilado. Será en la explanada de la lonja, en el puerto, en la que todos juntos compartiremos una comida que será servida por Catering Sarredo. La retirada de entradas se hará en el auditorio municipal, en el Área de Bienestar Social, en horario de 9 a 14 horas desde mañana, día 10. El precio por comensal será de 15 euros y el pago se efectuará con tarjeta de crédito. La fecha límite para la retirada de entradas será el 23 de septiembre”.
Elena Sierra...
leer más












