Música
Segmento Cantábrico así se titula o primeiro disco en solitario de Ugía Pedreira, que arrincará xira este sábado, 12 de marzo, en Ribadeo no auditorio municipal Hernán Naval. O evento foi presentado este mediodía no miradoiro da área recreativa da Illa Pancha por Ugía Pedreira e pola concelleira de Cultura, Pilar Otero.
A edil declarou que “imos ter a sorte de contar con Ugía Pedreira, este sábado, en Ribadeo. Convido a todo o mundo a que veña a escoitar esta marabillosa voz, como a chamou o meu ex compañeiro Farruco Graña, a serea do Cantábrico. Eu creo que vai ser unha marabilla. Temos a sorte de que estea por aquí e de que nos poida deleitar”.
Pilar Otero dixo que “este concerto coa nova proposta (logo de 12 discos gravados e despois de ser voz de Marful, Nordestin@s, Acróbata ou Ecléctica Ensemble) xa vén...
leer másO Concello de Barreiros dará continuidade á programación de Entroido con diversos actos que se encadran dentro do slogan “con M de Mulleres” e que se desenvolverán ao longo do mes de marzo. Con esta programación quérese dedicar este mes de marzo ás mulleres mariñás, que serán as protagonistas da meirande parte dos actos.
O programa comeza coa actuación musical do grupo “Habelas Hainas”. Grupo feminino formado en 2010 e que toma como punto de partida a música de raíz. Combinan, de xeito brillante, un son enérxico, fresco e orixinal, sempre desde unha perspectiva de xénero. Esta actuación está financiado pola Área de Igualdade da Deputación de Lugo e terá lugar este domingo, 6 de marzo, no centro sociocultural de San Cosme ás 19 horas.
Para o domingo 13 de marzo ás 18 horas, tamén no centro sociocultural de San...
leer másO vindeiro martes, 22 de febreiro, ás oito da tarde terá lugar unha audición de frauta na Escola Municipal de Música de Burela. Será na Aula de Orquestra.
O director do centro, Xan Carballal, comenta que “a actividade enmárcase dentro da programación deseñada para o presente curso académico 2021-2022”.
E o mércores, día 23, haberá unha audición de vento metal ás 19:30 horas.
A Concellaría de Cultura de Ribadeo anuncia que xa están á venda as entradas para o concerto que Ugia Pedreira ofrecerá o día 12 de marzo ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval. O prezo da entrada é de 10 euros e pódese reservar en enterticket.es.
Ademais, este sábado, 5 de febreiro, celebrarase o obradoiro do programa Apego Os Minimundos dirixido a crianzas de 3 a 6 anos. Terá lugar no espazo Apego, na rúa Viejo Pancho, en horario de 12:00 a 13:30 horas. Trátase dunha proposta de xogo baseado na recreación de escenarios da vida cotiá ou hábitats reais ou imaxinarios a pequena escala. As prazas son limitadas e é necesario inscribirse en cultura@ribadeo.org.
Este domingo, 6 de febreiro, ás 20:00 horas, no Auditorio Municipal Hernán Naval, Sarabela Teatro porá...
leer másA Casa da Cultura de Burela acollerá un concerto de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre o 19 de marzo ás 20:00 horas.
Nesta actuación presentarase o terceiro álbum do grupo, titulado As catedrais silenciadas, que é quizais a obra que mellor reflicte a esencia do encontro de Xabier Díaz coas Adufeiras e probablemente a que explora os límites deste formato con máis profundidade.
As catedrais silenciadas son os vellos soutos milenarios, o idioma, os alalás, os nomes dos cons, as vacas ou as vellas ribeiráns. Un disco que está a cultivar os mellores datos históricos para o proxecto Tres meses consecutivos no Top Ten do World Music Charts Europe e a entrada na sección Top of the World da prestixiosa revista Songlines (númerode agosto-setembro de 2021) na que os editores escollen os dez mellores discos de cada mes...
leer másA asociación cultural Fanto Fantini anuncia: “pensamos en facer o Osa do Mar 2022 no metaverso e con hologramas para axustar o presuposto pero ao final decidimos intentar facer un festival dos de contacto. E para iso necesitamos da vosa axuda, somos unha entidade sen ánimo de lucro e si queremos facer a oitava edición temos que comezar a buscar financiamento debaixo das pedras. Por iso recorremos a esta campaña de captación de fondos vendendo por adiantado a entrada, camiseta e bolso”. A oitava edición do festival Osa do Mar será os días 2 e 3 de setembro en Burela.
Os organizadores engaden: “somos un festival pequeno, que preparamos desde a Asociación Cultural Fanto Fantini cada ano con moita ilusión. Prometemos traballar nun cartel variado e de calidade como até o de agora. Moi pronto poderemos comezar a confirmar bandas. Intentaremos...
leer másO grupo de voces Sons de Celeiro actuará este domingo, 2 de xaneiro, ás 17:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
A entrada a este concerto é gratuíta, pero a reserva é imprescindible para asignar o número de butaca. Pedirase certificado covid na entrada.
A reserva de entradas pódese facer no teléfono 982 560 162 ou no e-mail rbg.cultura@viveiro.es.
Organiza o Concello de Viveiro.
Debido á evolución da pandemia de Covid a asociación Amadores da Música e a dirección da Banda Municipal de Música de Ribadeo decidiron cancelar o concerto Aquí como en Viena, que estaba programado para mañá, martes, no auditorio Hernán Naval.
O director da Banda ribadense, David Ballester, anunciou: “moi ao noso pesar, a asociación Amadores da Música e a dirección da Banda Municipal de Música de Ribadeo decidimos cancelar o concerto Aquí como en Viena previsto para mañá, debido á situación actual que está atravesando o noso concello. Consideramos que é o máis prudente e o máis lóxico nestes momentos porque o primeiro de todo é a seguridade dos músicos e do público, co cal tomamos esa decisión”.
David Ballester engadiu que “isto non quere dicir que non poidamos celebrar o concerto máis adiante, esperando que esta...
leer másA organización anuncia o adiamento do concerto de La Porteña Tango.
A actuación ía ter lugar este domingo, 26 de decembro, e adíase por causas alleas ao Concello de Ribadeo. Segundo comunica a organización a cancelación do espectáculo débese a problemas derivados da situación sanitaria da pandemia de Covid e lamenta ter que aprazar o espectáculo.
O concerto de La Porteña Tango queda aprazado ao 2 de abril de 2022 e terá lugar no Auditorio Municipal Hernán Naval ás 20:00 horas.
As persoas que tiveran adquirido entradas para este vindeiro domingo teñen a opción de mantelas para a nova data ou solicitar a devolución do importe das mesmas, para o cal desde a organización se poñerán en contacto con elas.
A música será a protagonista os vindeiros días en Ribadeo.
O primeiro dos concertos terá lugar o 26 de decembro ás 13:00 horas no Cine Teatro, coa actuación de La Habitación de la Música e forma parte dun ciclo coorganizado polo Concello coa asociación cultural Bruar.
Ademais o mércores, 29 de decembro, actuará Two Faces, ás 20:30 horas, no Cine Teatro.
Ambas actuacións contan co patrocinio da Área de Cultura da Deputación de Lugo.
E tamén este domingo ás 20:45 horas na igrexa parroquial celebrarase a XXVI edición do Festival de Panxoliñas coas actuacións do Coro Infantil e Xuvenil Sagrado Corazón de Ribadeo, o Conxunto Vocal Lugh de Lugo, o Coro Villa de Boal de Asturias e a Coral Polifónica de Ribadeo, que é a anfitrioa do evento.