Música

Etiquetas:
16/07/2025

A deputada provincial de Cultura, Iria Castro, participou na presentación do festival de música electrónica ETHER, que se celebra este sábado, día 19 de xullo, en Viveiro e que conta co patrocinio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, ademais doutras colaboracións públicas e privadas.

O parque Pernas Peón de Covas será o escenario natural deste festival no que se poderán escoitar nove artistas. A organización destaca nomes como Deetron Presents Soulmate, DJ Swisherman ou Elba. A programación completarase coa participación de Luxi Villar, Pergo, Isma B, Karras Martínez, Irene Castro e Muiños, representantes da escena galega e estatal.

Iria Castro celebrou “ver concretadas a ilusión e as expectativas que nos trasladaron desde a organización a comezos de ano, cando nos reunimos para establecer fórmulas de colaboración. Pola nosa parte,
...

leer más
16/07/2025

A asociación folclórica e cultural A Subela, de Foz, organiza o XXIV Festival Aires do Masma na vila focega este sábado, día 19 de xullo. Será ás 21:00 horas na Praza Conde de Fontao. Ademais do colectivo anfitrión actuará o grupo Axeigo, formación lucense de música tradicional galega.

“O cartel deste ano é moi especial xa que na imaxe empregada podemos ver ás bailadoras da Subela. A imaxe é un cadro pintado por Mariangel Leal a partir dunha foto tomada polo seu irmán, José Ramón Leal. Queremos darlles as grazas por deixarnos empregar esta fermosa imaxe que tanto nos gusta”, explica A Subela.

Etiquetas:
15/07/2025

A Xove Banda de Narón e a Municipal de Ribadeo actuarán no XXVIII Festival de Bandas ribadense, que será este sábado, día 19 de xullo.

O director da Banda de Música Municipal de Ribadeo, David Ballester, anuncia que a formación “continúa coa súa programación de verán, despois de participar o 12 de xullo no Ribadeo Indiano. O sábado 19 teremos unha nova edición do Festival de Bandas, que xa vai pola vixésimo oitava. Neste caso contaremos coa presenza da Xove Banda de Narón e a propia Banda de Ribadeo. Faremos un pasacalles dende o Teatro ata o Campo de San Francisco ás sete e media da tarde; e a continuación, ás oito, no auditorio Hernán Naval terá lugar o festival, no que empezará a Xove Banda de Narón e logo actuaremos nosoutros”.

David Ballester engade que “o repertorio vai ser bastante variado, polo que eu creo...

leer más
02/07/2025

Tras cerrar el pasado fin de semana la edición más multitudinaria de su historia, con más de 140.000 asistentes repartidos a lo largo de cuatro días, Resurrection Fest Estrella Galicia anuncia el lanzamiento del formulario de preinscripción para la preventa de abonos de su edición 2026.

El festival, que ha vuelto a convertir Viveiro en una de las capitales europeas del rock sigue creciendo edición tras edición, y la enorme acogida de este año ha dejado claro que el público quiere más. Para agradecer ese apoyo y facilitar el acceso a la próxima edición, la organización ha habilitado un formulario a través del cual los fans podrán apuntarse para tener acceso prioritario a la preventa de abonos de 2026.

El formulario ya está disponible en la web oficial del festival (www....

leer más
Etiquetas:
02/07/2025

O Concello de Cervo anuncia que acollerá os días 19 e 20 de xullo o Festival Folclórico e Infantil da man da asociación Mistura. Será así escenario dunha dobre cita co folclore tradicional galego e español este mes de xullo, coa celebración deste evento que encherá de arte a Praza dos Campos, de San Ciprián.

A programación comezará o sábado 19 de xullo ás 20:00 horas co Festival Folclórico, que “reunirá agrupacións de distintas partes de España para ofrecer un espectáculo de música e danza tradicional que promete encher de cor e ambiente a vila de San Ciprián”. Participarán: Asociación Cultural Coros y Danzas Virgen del Socorro, de Tíjola (Almería); Agrupación Folklórica Chemida (Las Palmas de Gran Canaria); e Grupo Folklórico Mistura de Lieiro, como anfitrión.

Ao día seguinte, o domingo 20 de xullo, ás 19:00...

leer más
26/06/2025

O concerto do dúo Caamaño&Ameixeiras, incluído no ciclo Maraxes da Osa, celebrarase finalmente na Praza do Concello de Burela este sábado, día 28 de xuño, ás 21:00 horas e será de balde.

“Non perdades a oportunidade de ver en directo unha das propostas máis frescas e vibrantes da nova música tradicional galega”, anuncia o Concello de Burela.

25/06/2025

A Agrupación Folclórica O Arco da Vella organiza en San Miguel de Reinante (Barreiros) a súa trixésimo segunda edición do Festival Folclórico Infantil. Será este sábado, día 28 de xuño, desde as 19:30 horas no pavillón do CEIP San Miguel. Antes haberá un pasacalles desde a Praza do Souto.

Ademais do grupo organizador, no festival actuará Mistura de Lieiro, agrupación do concello de Cervo.

23/06/2025

O deputado Daniel García e o músico e compositor Xabier Díaz presentaron este luns o ciclo de concertos “Polavilas no paraíso”, que o levarán actuar no concello de Barreiros. Será en San Miguel de Reinante o día 5 de outubro ás 13:00 horas.

A Vicepresidencia da Deputación explica que en Barreiros “gozarán dos concertos  que Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre están a realizar neste 2025, cun repertorio que repasa os catro discos editados desde 2015, coa pandeireta como instrumento central e o acompañamento de Adufeiras de Salitre”.

Na presentación, na que participaron a deputada provincial de Cultura, Iria Castro, e a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, “destacouse a puxanza da música tradicional e da música en galego nos últimos anos e valorouse a necesidade de facer partícipe deste dinamismo a todos os públicos,...

leer más
23/06/2025

El Resurrection Fest Estrella Galicia, “el festival de metal más grande de España y del sur de Europa”, celebró este lunes la presentación oficial de su edición 2025, que es su 20º aniversario y tendrá lugar en Viveiro desde este miércoles, día 25 de junio, hasta el sábado 28. En el acto participaron representantes institucionales y organizadores, que “han querido poner en valor la historia y proyección de un evento que ya forma parte del ADN cultural y turístico de Galicia”.

La organización del Resurrection Fest explica que “durante la jornada los asistentes realizaron un recorrido por el recinto del festival, conociendo de primera mano las novedades que traerá esta edición tan especial”. En el acto participaron Xosé Manuel Merelles, director de Turismo de Galicia; Carmela López, diputada provincial del Área de Economía, Recaudación,...

leer más
20/06/2025

A Mostra Cativa do Valadouro celebrarase este domingo, 22 de xuño, coa participación de tres grupos folclóricos infantís: os da asociación Amigos da Gaita, de Ribadeo; Osorio Gutiérrez, de Lourenzá; e o anfitrión e organizador, que é Amado Lar, do Valadouro. Será ás 18:30 horas na Casa da Cultura.

“Agardámosvos a todos para disfrutar das actuacións que nos teñen preparadas os máis cativos”, anuncia a Asociación Cultural Amado Lar.