Música
O peche deste curso escolar 2024/25 trae consigo unha intensa actividade na Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo do 23 ao 27 de xuño.
O martes 24 de xuño terá lugar un Encontro Orquestral en Xove, no que participarán as Escolas de Música de Burela, Mondoñedo, Ribadeo, Xove e Forte Glissando, de Lugo. O responsable da EMMeD, Hugo García, explicou que “o alumnado participante desfrutará dunha xornada de convivencia, na que ademais dos ensaios e concerto xa programados, realizarán unha visita por Xove entre outras actividades. O que se busca con estas accións é fomentar as relacións entre os centros educativos e enriquecer a formación do alumnado”. Como peche desta xornada, a agrupación que se forme dará un concerto ás 19:00 horas no Salón de Actos do Centro Cívico de Xove, onde ofrecerán un variado repertorio de obras...
leer másBurela celebra o fin de curso con dúas citas musicais para todos os públicos os días 20 e 21 de xuño
O Concello de Burela pecha o curso escolar cunha dobre proposta musical dirixida a todos os públicos. Esta fin de semana -o venres 20 e o sábado 21 de xuño- a Casa da Cultura e a Praza da Mariña serán o escenario de dúas actuacións gratuítas que combinan música clásica, pop e repertorio infantil, nunha programación que busca celebrar o final das clases e dar a benvida ao verán.
A primeira cita será o venres 20 de xuño ás 20:30 horas, coa actuación da Orquestra do Conservatorio de Viveiro, integrada por arredor de 35 instrumentistas. A agrupación, dirixida polos profesores Fernando Santiago e Juan Cabalar, está formada por alumnado actual e exalumnado do Conservatorio. O concerto incluirá pezas de música clásica, tangos, temas pop e música galega, con participación vocal de Carlota López, Bruno Pedre e Marga Gutiérrez.
... leer másA deputada provincial de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Carmela López Moreno, participou na presentación da décimo terceira edición do Festival Aturuxo de Bravos (Ourol), que tivo lugar na Sacabeira, en Sargadelos (Cervo), xunto á presidenta da Asociación Cultural Aturuxeiros, Carmen Rivera Vidal. O festival celebrarase os días 18 e 19 de xullo no concello de Ourol, coa colaboración da Deputación de Lugo, que “achega 5.000 euros para apoiar a organización desta cita xa consolidada dentro do calendario cultural da Mariña”.
Nesta edición, o cartel do festival Aturuxo inclúe concertos de Sonoro Maxín, Belém Tajes, Filophóbicas ou Zeltia Irevire, entre outros artistas.
Este sábado, día 14 de xuño, na Sala Bahía de Foz, poderá escoitarse a mellor música cun fin solidario. O grupo de góspel Aba Taano, actuará ás 20:00 horas. O prezo da entrada é de 10 euros. Anunciouno a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que explica: “Aba Taano é un grupo que canta música góspel. Os beneficios obtidos polo concerto destínanse ao proxecto Música para salvar vidas, para axudar a nenas e nenos orfos de Uganda a medrar e aprender a través da música e a danza co fin de encontrar un futuro no seu propio país. As entradas poderán adquirirse no sitio web giglon.com de forma anticipada, facilitando a xestión das mesmas, ou tamén dende unha hora antes do concerto, na propia Sala Bahía”.
“Dende o Concello de Foz apoiamos estes proxectos que buscan mellorar vidas a través da cultura. Agardamos que o público asista e...
leer másViveiro acollerá este sábado, día 14 de xuño, un festival no que actuará a Banda de Música O Landro e a Agrupació Artístico Musical El Trabajo, de Xixona (Alicante).
Haberá pasacalles polas rúas de Viveiro ás 19:30 horas e concerto de primavera ás 20:00 horas na Praza Maior. En caso de choiva o evento trasladarase ao Teatro Pastor Díaz.
“Ven a disfrutar da música de banda ao aire libre nunha tarde chea de harmonía e tradición”, anuncia a Banda de Música O Landro, de Viveiro, que é a organizadora do evento.
Este venres, día 13 de xuño, desde as 12:00 horas celebrarase en Mondoñedo o Día Europeo da Música.
É unha actividade organiza pola Escola Municipal de Música O Pallarego, que anuncia: “este venres celebraremos, coa participación do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora, o Día Europeo da Música. Únete a esta celebración na Praza da Catedral e a continuación na Praza do Concello”.
A cantante Yarea Guillén actuará en Burela este sábado, día 14 de xuño, dentro do ciclo musical Maraxes da Osa. Será na Casa da Cultura ás 21:00 horas.
“Chega a terceira actuación do ciclo Maraxes, e esta vez é o quenda de Yarea Guillén, unha das voces máis destacadas da nova escena pop”, anuncia o Concello de Burela.
As entradas están á venda en: https://f.mtr.cool/efkufrmvok
A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra este sábado, 14 de xuño, ás 11:30 e ás 18:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval o seu tradicional Festival de Fin de Curso. Na sesión da mañá será o alumnado máis pequeno o que participe e xa na sesión da tarde serán as grandes agrupacións das diferentes especialidades instrumentais e de danza.
Hugo García, o responsable da EMMeD, subliñou que “será, unha vez máis, un festival que non deixará a ninguén indiferente. Tentamos sorprender á xente cun festival concibido para que o desfruten non só no plano musical, que por suposto que o farán, senón tamén na ambientación, nas presentacións,…”.
A concelleira de Educación, Begoña Sanjurjo, manifestou que “o fin de curso é sempre unha festa importante e este ano máis. O alumnado amosa ás familias e ao...
leer másA Escola Municipal de Música de Foz ofrecerá catro audicións esta semana, concretamente os días 10, 11, 12 e 13 de xuño. Todas serán ás 20:00 horas.
Este martes haberá unha audición de vento metal e guitarra no Cenima; o mércores será de piano na Casa da Cultura; o xoves, percusión e clarinete no Cenima; e o venres, vento madeira e violín, tamén no Cenima.
A décimo sexta edición do Encontro Internacional de Corais Vila de Foz, que é o segundo memorial Carmen Alonso, celebrarase este sábado, día 7 de xuño, ás 19:30 horas na basílica de San Martiño.
Participarán as agrupacións Cor San Dameto, de Palma de Mallorca; Coro Amigos da Música, de Espinho (Portugal); e a Coral Polifónica de Foz, que é a organizadora deste evento, que patrocina o Concello de Foz.