Eventos
O cupón da ONCE que se sorteará este xoves, 4 de xullo, promociona o Ribadeo Indiano. Son cinco millóns e medio de cupóns os que xa están á venda en todo o estado. O boleto foi presentado este mediodía no salón de plenos do Concello. No acto interviñeron o delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, a concelleira de Cultura, Pilar Otero, o presidente de Acisa, Francisco Iriarte, e o alcalde de Ribadeo, Fernando Súarez. Tamén asistiu a directora da ONCE en Lugo, Eva Lorente.
O delegado territorial da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, manifestou que “este cupón está dedicado a esta festividade que cada ano que pasa está acadando máis repercusión publica e con maiores índices de participación, e que se vai consolidando como unha das referencias na Mariña lucense para toda España. Pretendemos con este vehículo de...
leer másAs xornadas de portas abertas ás Rutas de Artesanía da Mancomunidade de Concellos da Mariña rematarán o vindeiro sábado, 6 de xullo, en Foz. Esta pasada fin de semana foi a quenda de Viveiro e Burela. Estas accións realízanse no marco do convenio firmado coa Axencia de Turismo de Galicia.
Esta iniciativa lévase a cabo con motivo da edición da nova guía sobre as Rutas de Artesanía que a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentou o pasado día 14 de xuño. No novo material informativo, que está dispoñible na páxina web e nas oficinas de turismo da comarca, proponse ao visitante coñecer a riqueza patrimonial, natural e gastronómica a través da proximidade e sabedoría dos artesáns da Mariña Lucense, principais protagonistas desta iniciativa. A nova proposta consta dunha serie de itinerarios nos que o visitante pode adentrarse no...
leer másO Concello de O Valadouro organiza o programa infantil Ludiverán, que se desenvolverá do 15 de xullo ao 6 de setembro.
As actividades están dirixidas a nenos e nenas nad@s entre os anos 2007 e 2015. Terán lugar no pavillón polideportivo municipal de O Valadouro, en horario de 10:00 a 13:00. Haberá obradoiros, manualidades, xogos, excursións, cine e cociña.
As inscricións poden realizarse, ata o 5 de xullo, nas oficinas da Casa da Cultura, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 h. O número de prazas é limitado, e a lista de admitidos publicarase no acceso ás instalacións de cultura a partir do 10 de xullo.
O grupo Compay Segundo actuará o 14 de xullo na vila. Trátase dun dos pratos fortes do VI Ribadeo Indiano, que organizan o Concello e Acisa. Entre as novidades deste 2019 figuran un Ciclo de Cine Cubano e o I Certame de Pintura Rápida. Ademais a ONCE dedica un dos seus cupóns ao Ribadeo Indiano.
Desde a organización indican que “despois de cinco anos nos que o éxito foi a máis, agora toca afrontar unha nova edición coa ilusión posta nunha celebración que nos dá a coñecer polo mundo adiante e que se ten convertido nunha das referencias fundamentais do verán”.
Unha nova edición, este ano dedicada a Cuba, cargada de propostas diferentes para facer que o Ribadeo Indiano reluza con máis esplendor. Esta edición celebrará os seus días fortes do 12 ao 14 de xullo e como novidade estrela o domingo no barrio de San Roque...
leer másA comisión organizadora, o concelleiro de Cultura, José Díaz, e o alcalde, Alfredo Llano, presentaron esta tarde a VIII Festa Castrexa que terá lugar os días 28 e 29 de xuño. Durante estas xornadas haberá desfile de clans, teatro e xogos castrexos, queimada popular, exhibición de cetrería, espectáculos na rúa, mercado castrexo, gastronomía e música, entre outras actividades.
Alfredo Llano invita “a todo o mundo, tanto de Burela como da comarca da Mariña e de toda Galicia a que se aproximen este venres e este sábado para poder apreciar a festa castrexa que facemos aquí cunha grande vistosidade. O venres temos un importante desfile e ao día seguinte temos xogos e infinidade de actividades atractivas e suficientemente motivadoras para que nos veña a ver moita xente a participar ou polo menos observar e disfrutar desta cita”.
... leer másO tren turístico de Ribadeo comeza a tempada de verán. Realizará oito viaxes diarias ata o 15 de setembro percorrendo a rúas máis emblemáticas da vila e o porto chegando ata o Faro da Illa Pancha. O tren sae das inmediacións da Oficina de Turismo.
Na presentación, celebrada esta mañá, o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, dixo que “estamos moi satisfeitos de iniciar o verán con esta especialidade que temos tamén aquí en Ribadeo, que é este tren turístico que fai as ledicias de visitantes e de locais, porque, sobre todo pensando na xente de fora, que por un módico prezo, pode con comodidade coñecer todos os recunchos da vila, do casco vello e incluso da parte máis setentrional, continuado toda a marxe galega da ría de Ribadeo ata o Faro da Illa Pancha”.
O rexedor amosouse convencido de que “vai atraer a moitísima...
leer másEsta vindeira fin de semana seguen as xornadas de portas abertas das Rutas de Artesanía en Viveiro e Burela. Están organizadas pola Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. Para as visitas dos días 29 e 30 de xuño aínda quedan prazas libres.
Esta iniciativa lévase a cabo con motivo da edición da nova guía sobre as Rutas de Artesanía que a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense presentou o pasado día 14 de xuño. No novo material informativo, que está dispoñible na páxina web e nas oficinas de turismo da comarca, proponse ao visitante coñecer a riqueza patrimonial, natural e gastronómica a través da proximidade e sabedoría dos artesáns da Mariña Lucense, principais protagonistas desta iniciativa. A nova proposta consta dunha serie de itinerarios nos que o visitante pode...
leer másO campo municipal Pepe Barrera, de Ribadeo, acollerá a celebración este sábado, 29 de xuño, do Campionato de España de Seleccións Autonómicas de Rugby 7 Feminino. Participarán os equipos de Galicia, Asturias, Cantabria, Murcia, Madrid, Cataluña, Baleares, Castela-León, Navarra, Andalucía e País Vasco. O evento foi presentado esta tarde no salón de plenos do Concello ribadense.
Guillermo Fernández, do Club de Rugby de Ribadeo, mostrouse “muy agradecido en primer lugar a la Federación por pensar en Ribadeo para este evento, y luego tanto a Diputación como a Xunta por el apoyo prestado. Como club local, somos un club joven, éste es nuestro tercer año en competición y organizar este tipo de eventos, con esta juventud, viene a decir es que somos un club muy activo. Iniciamos la actividad solamente hace tres años, a través de las escuelas...
leer másEsta fin de semana tiveron lugar en Mondoñedo e A Pontenova as xornadas de portas abertas das Rutas de Artesanía que o organiza A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense baixo o convenio asinado coa Axencia de Turismo de Galicia. O 29 e o 30 de xuño rematan en Viveiro e Burela. Aínda quedan prazas libres, pero é necesario inscribirse.
No novo material informativo, que está dispoñible na páxina web e nas oficinas de turismo da comarca, proponse ao visitante coñecer a riqueza patrimonial, natural e gastronómica a través da proximidade e sabedoría dos artesáns da Mariña Lucense, principais protagonistas desta iniciativa. A nova proposta consta dunha serie de itinerarios nos que o visitante pode adentrarse no oficio do artesán e disfrutar dos valores naturais, culturais e gastronómicos da localidade onde se ubican e da súa contorna...
leer más












