Eventos

Etiquetas:
21/08/2023

O Concello de Cervo convida a asistir do 21 ao 25 de agosto ás actividades programadas na semana cultural de Airiños do Xunco. Todas elas desenvolveranse na Praza do Souto.

Para comezar o luns 21 de agosto arrinca cun espectáculo circense da man de Lila Star ás 20 horas. Seguidamente, o martes 22 tamén ás oito da tarde o grupo Pakolas ofrecerá un concerto para toda a familia.

O mércores, 23 de agosto, terá lugar unha actividade máis física xa que poderá desfrutarse de inchables dende ás 18 horas. E o xoves 24, celebrarase a festa da auga ás 18 horas.

Para pechar, o venres 25 ás 18 horas ofrecen un concurso co nome “Master Chef Cervo”, ao máis puro estilo do clásico concurso televisivo gastronómico.

Desde o Concello insisten en que non falte ninguén nesta tradicional cita de verán do Cervo.

18/08/2023

Hoxe presentouse a V edición da Concentración de Retroclásicos Barreiros que terá lugar mañá, 19 de agosto, no aparcadoiro da praia de Coto a partires das 10:00 horas.

No evento haberá unha exposición de motos e coches clásicos que poderá visitarse ata as 13:30 horas aproximadamente. Hora na que partirán todos os vehículos alí presentes dirección ao Restaurante da Yenka, onde terán unha comida de confraternización e haberá a entrega de trofeos.

 

Etiquetas:
18/08/2023

A novena edición da Feira de Gando de Cangas de Foz celebrarse este domingo, día 20, na área recreativa dos Castros. Está organizada polo Concello de Foz coa colaboración do colectivo Cabaleiros de Cangas, a Agrupación Deportiva e Cultural Os Castros, a Asociación de Veciños San Pedro e a Comunidade de Montes Veciñas en Man Común Real, Rañadoiro e Agudo. Na presentación do evento participou o concelleiro de Medio Rural, Benito García Bolaño.

Eladio Basanta, de Cabaleiros de Cangas, explicou que “pola mañá haberá feira tradicional de gando, mercado, paseos a cabalo para nen@s, sesión vermú, polbo, bar, etcétera. E pola tarde teremos as carreiras de andadura e sorteo de agasallos”.

Etiquetas:
17/08/2023

A Comisión de Festas presentou o programa das actividades das festas do Naseiro ou Romaxe do Bo Xantar deste 2023. Entre os días 25 e 30 de agosto poderase desfrutar de diferentes actuacións musicais, atraccións infantís ou degustacións gastronómicas. A festa, declarada de Interese Turístico Galego, conta con colaboradores como o Concello, a Xunta ou Gadis.

O Naseiro dará comezo o venres 25 co Día do Polbo, que será amenizado por Charanga. Para seguir, o sábado 26 ás 13.30  horas haberá misa na Capela do Campo da Festa e procesión, seguida dunha sesión vermú e verbena cos grupos Superstar e Atenas. Igualmente, o domingo 27 tamén está programada unha misa na capela e vermú e verbena cos grupos M3 Show e Kalima 3.0.

Os días 28 e 29 poderase desfrutar unha vez máis de sesión vermú e verbena. Nesta ocasión, será o...

leer más
Etiquetas:
16/08/2023

A parroquia de Cervo xa se prepara para acoller, o vindeiro sábado 19 de agosto, a XLV Queimada Popular.

A cita foi presentada na Praza do Souto pola rexedora, Dolores García Caramés, a tenente alcalde, Mali Méndez o edil de Turismo, David Rodríguez,os representantes da Asociación Airiños do Xunco, Rafa Blas e Carlos Sanz.

Os actos arrincarán ás 10:00 horas, coa apertura do Mercado Tradicional. Ás 12:00 horas será o paseo de “autoridades” acompañadas do grupo Medio Quiñón
Ás13:00 horas será a lectura do pregón por parte das “autoridades”.

Entre as 12:00 e as 14:00 horas, poderase mercar diferentes tipos de comida nos postos instalados na contorna.

Xa pola noite, ás 23:00 horas, está prevista a saída da comitiva da Queimada desde as Escolas Vellas ata a...

leer más
13/08/2023

As festas do Conde Santo en Lourenzá celebraranse do 25 ao 28 de agosto.

As actividades empezarán o venres 25 cunha cea baile e a actuación do grupo musical Toxo Guayaba, concerto que patrocina a asociación Patrimonio Laurentino.

O sábado 26 haberá sesión vermú coa orquestra La Favorita, que tamén amenizará a verbena xunto a Ritmo Bakano.

O domingo 27 na sesión vermú actuará Mar de Arousa, que tamén estará na verbena xunto a orquestra Cinema.

E o luns 28 rematarán os festexos cunha sesión vermú amenizada polo dúo Epo-k.

Estas festas están organizadas pola asociación Conde Santo coa colaboración do Concello de Lourenzá.

 

Etiquetas:
11/08/2023

A área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo leva o espectáculo “Mil maxias máis” do Mago Antón a Meira, O Valadouro, Sarria, Guitiriz e Becerreá ao longo do mes de agosto.

No Valadouro estará este sábado, 12 de agosto, de 17 a 21 horas.

O Mago Antón chegará as vilas nas que actúa no magomobil, un vehículo preparado para o desenvolvemento do espectáculo e con capacidade para 70 espectadores. En cada lugar, fará cinco funcións diarias de 45 minutos cada unha, adaptándose á demanda.

A deputada de Cultura, Iria Castro, indicou que “esta xira comeza mañá venres en Meira, ampliando a programación das festas patronais, e continuará durante o mes de agosto no Valadouro, Sarria, Guitiriz e Becerreá” e explicou que “a programación amplía e diversifica a axenda cultural nas distintas...

leer más
Etiquetas:
11/08/2023

A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo acollerá os días 23 e 24 de agosto uns obradoiros tecnolóxicos para a rapazada. Para participar é preciso inscribirse ata o día 22.  As prazas son limitadas e poden reservarse online en cemit.ribadeo.gal ou en https://tinyurl.com/2adbref6

O 23 de agosto os obradoiros estarán destinados a nenas e nenos de 8 a 11 anos. E o 24 de agosto para rapazas e rapaces de 12 a 15 anos. O horario será de 10 a 13 horas.

Desde a Concellería de Mocidade explican que “se trata de impulsar actividades de mentorado desde idades temperás dirixidas á rapazada, especialmente ás nenas, para rachar estereotipos e espertar o seu interese e  confianza nas súas capacidades para cursar estudos STEAM (acrónimo de ciencia, tecnoloxía, enxeñaría, artes e matemáticas)...

leer más
Etiquetas:
10/08/2023

O Concello de Cervo celebrará as Festas na Honra da Nosa Señora, San Roque e o Carme, do 14 ao 19 de agosto, cando terá lugar a Queimada Popular, festa declarada de Interese Turístico Galego, organizada por Airiños do Xunco.

A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola tenente alcalde,  Mali Méndez, e por unha representación da Comunidade de Montes A Bidueira e  da A.C. Rego Cachón que organiza as Festas Patronais.

Os festexos arrincarán o luns 14 de agosto coa popular Festa do Ovo Frito que contará coa actuación da Charanga Fuego e da Discomóbil Conxuro.

Xa o martes 15 de agosto, ás 13:00 horas está prevista a misa solemne cantada polo Coro de Cervo, seguida de procesión. A continuación haberá sesión vermú a cargo da Orquestra Tokio que repetirá na verbena á noitiña...

leer más
Etiquetas:
10/08/2023

Onte, mércores, botan a andar os actos previstos na XXXI edición do Mercado Medieval de Mondoñedo, que se prolongarán ata o vindeiro domingo. Un concerto do coro Mestre Pacheco e o Pequemedieval polas rúas da cidade servirán para ir abrindo boca cara ás xornadas principais da fin de semana.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou na presentación do programa xunto co alcalde, Manuel Otero, e subliñou que se trata dunha festa de interese turístico que conta co apoio do Goberno galego.

Os postos do mercado abrirán o venres a partir das 20.00 horas, e o pregón será ás 12.00 horas do sábado, a cargo de representantes da asociación O Pasatempo.