Eventos
A asociación O Noso Foz e o Concello de Foz abriron a inscrición para ser rei ou raíña do Entroido de Foz 2024, que se elixira nun acto público que terá lugar na Sala Bahía o día 14 de outubro deste ano, sábado.
“Tes máis de 18 anos e queres ser raíña ou rei do Entroido de Foz o próximo ano? Envía, antes do 15 de setembro, a onosofoz@gmail.com os teus datos persoais (nome e apelidos, DNI e data de nacemento) e dúas ou máis fotografías recentes”, explican os organizadores.
Trátase dun impresionante tobogán de 6 metros de alto que termina nunha piscina chamado Super Blue. E tamén o Kamikaze. A entrada é de balde, pero é preciso inscribirse no mesmo lugar.
O 4 de setembro funcionarán en horario de 17 a 20 horas. E os días 5, 6 e 7 será de 12:30 a 14 horas polas mañás e de 17 a 20 horas polas tardes.
Segundo informa o Concello de Cervo hai un horario reservado a Concilia o martes, mércores e xoves entre as 11 e as 12:30 horas.
As festas de Xunqueira (Viveiro), na honra da Nosa Señora de Valdeflores, celebraranse na fin de semana do venres día 8 ao domingo 10 de setembro. Foron presentadas pola alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o segundo tenente de alcaldesa, Jesús Fernández Fernández; e Jacobo Otero, membro da comisión de festas.
O venres 8 haberá verbena coas actuacións de Verónica Cambon e Disco Móbil Conxuto. O sábado 9 celebrarase misa solemne ás 12:00 horas e continuación terá lugar a procesión coa Banda Naval e sesión vermú co grupo Zona Zero. A partir das 17:00 horas haberá toro mecánico e festa da espuma. Rematará a xornada coa verbena amenizada polo Trío Zafiro e o grupo Zona Zero. E o domingo 10 a partir das 13:30 celebrarase a Festa dos Calles e sesión vermú co dúo Estrellas.
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Marta Saiz, anima a gozar das festas patronais de Ribadeo que se prolongarán ata o vindeiro 10 de setembro.
A edil lembrou que “o pasado venres deron comezo as festas patronais na honra de Santa María do Campo. Como é habitual celebrouse no Teatro o tradicional pregón da man de José Carlos Rodríguez Andina. Foi un pregón entrañable e cheo de emotividade, como non podía ser doutra maneira vindo dun ex alcalde e sobre todo dunha persoa cunha grande calidade humana. Tivemos o pracer de contar cun presentador excepcional como é o periodista ribadense Fabián Pérez e como broche final non podía faltar a actuación da Coral Polifónica de Ribadeo. E o sábado desde as sete da tarde tivo lugar o Xara Fest, un festival organizado por un grupo de rapaces moi novos, pero que derrochan ilusión e ganas de...
leer másA agrupación cultural ribadense Francisco Lanza organiza unha exposición e outras actividades en homenaxe ao pintor Xusto Moreda en Ribadeo do 16 ao 30 de setembro.
Con esta exposición a Agrupación Cultural Francisco Lanza, contando co constante asesoramento de Nicolás Fernández García, coñecedor da súa obra e depositario da mesma, “quere render homenaxe a un ilustre ribadense poñendo a súa obra ao alcance das súas veciñas e veciños, dos seus amigos e amigas que, de seguro, teñen percorrido con el os camiños das parroquias lindantes coa vila, as rúas de Ribadeo e as diferentes etapas da vida que foron corando o mundo de Xusto Moreda que despois se viu reflectido na súa obra. Esta exposición é posíbel grazas a colaboración do Concello de Ribadeo, a través da súa área de Cultura, así como da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo...
leer másEn Alfoz celebraranse actividades do programa denominado Cultura Pequeniña, dirixido a nen@s de 3 a 12 anos, os sábados 23 e 30 de setembro.
A organización explica que serán dous días “dedicados aos nenos e nenas con obradoiros na Biblioteca e unha proposta cultural de teatro, contacontos, monicreques ou maxia. Para nen@s de 3 a 12 anos, con inscrición previa na biblioteca, onde estarán dispoñibles a solicitudes a partir do 13 de setembro. O tema será o coidado do medio ambiente. O sábado 23 de setembro de 17:00 a 19:00 horas quedamos na Biblioteca para facer arte con materiais reciclados e da natureza no obradoiro ReciclARTE. E ás 19:00 horas no Salón de Actos teremos a representación O galo Quirico e os seus amigos, de Seisdedos, incluída no programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia, para público infantil e familiar”.
... leer másAs festas patronais de Mondoñedo, na honra da Virxe dos Remedios, celebraranse do 8 ao 11 de setembro.
O venres 8 ás 23:00 horas actuará Roi Casal na Alameda dos Remedios e o sábado 9 a partir das 20:00 horas celebrarase a XI Xuntanza de Cantos de Taberna e na festa verbena actuarán Grupo Beatriz, Discomóbil Onda Norte e Os Charangos de Neda.
A tradicional ofrenda á Virxe dos Remedios, que este ano correrá a cargo do alcalde de Ferrol, será o domingo 10, xornada na que as actuacións musicais correrán a cargo de Ritmo Joven e KJ Peaboy.
E os festexos rematarán o luns 11, día no que se celebrará a misa de cofrades e haberá a actuación de Tania Veiras.
Portocelo celebrará as súas Festas na honra da Nosa Señora os días 8, 9 e 10 de setembro, que organiza a asociación A Medorra coa colaboración do Concello de Xove.
As festas comezarán o venres 8 coa festa do lagostino e o churrasco ás 21 horas. Seguidamente terá lugar a festa rachada co Dúo Tropical e a orquestra Ritmo Joven.
O sábado 9 a xornada iniciarase ás 10 horas coas bombas de palenque para continuar á 13 horas coa misa solemne. Posteriormente, ás 14 horas actuará Nueva Fuerza na sesión vermú, que repetirá na noite ás 22.30 horas xunto a orquestra Charleston Big Band e a discomóvil Conxuro.
Por último, o domingo 10 iniciarase de novo coas bombas de palenque ás 10 da mañá para rematar as festas cunha sesión vermú prolongada amenizada polo Dúo Pegaso.
Ferreira do Valadouro celebrará as súas festas patronais os días 7, 8, 9 e 10 de setembro e poderá desfrutarse dunha ampla variedade de actuacións musicais ou actividades para os máis pequenos.
Para comezar, o día 7 a partir das 23 horas terá lugar a gran verbena coa actuación de El Combo Dominicano e a discomóvil Conxuro. Seguidamente, o venres 8 iniciarase a xornada coa misa solemne das 12 do mediodía . Entre a 13 e as 14 horas será a actuación da Asociación Cultural Amado Lar. Posteriormente, ás 14.30 actuará o Grupo Fussion e ás 23 horas repetirá xunto a Galilea.
O sábado 9 tamén dará comezo coa misa solemne das 12 horas á que seguirá a procesión co acompañamento a cargo dunha banda de música. Ás 14.30 horas, a sesión vermú estará amenizada coa actuación de Toxo Guayaba. Tamén ás 23 horas actuará a discomóvil...
leer másO Valadouro celebrará a XXXIII Mostra Folclórica o vindeiro sábado, 2 de setembro, na Praza de Santa María ás 20 horas. O evento está organizado pola asociación cultural Amado Lar. Ademais contan coa colaboración do Concello do Valadouro.
Na mostra participarán a asociación organizadora, orixinarios da zona, así como a asociación cultural Antaruxas e Sorteiros, chegados directamente da Fonsagrada.