Eventos
A asociación de hostaleiros e comerciantes Beiras de Viveiro organiza a 2ª Ginkana Zombie
Para participar será necesario un depósito de 50 euros, que se recuperará ao final da ginkana, e indicar o nome do clan. O número de participantes por clan será un mínimo de 5 e un máximo de 15. As inscricións pecharanse ao alcanzar un máximo de 28 clans por rigoroso orde de inscrición, e a data tope é o 19 de febreiro.
Aqueles que fagan as súas compras nos negocios asociados entre os días 17 e 24 de febreiro, conseguirán puntos extra para a ginkana. O máximo será un punto por negocio e día.
A Delegación de Cultura programa para este mes de febreiro diversas actividades entre as que salientan os actos do Entroido a finais de mes, a exposición de Luís Davila, que se inaugurará o día 15 e o concerto que ofrecerá Ses o 18. Pero a vindeira fin de semana haberá rastrillo popular e cine infantil.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, dixo: “presentamos ya la programación cultural del mes de febrero de 2017 aquí en el Concello de Burela. Quizá lo más destacado este mes es la apuesta por el Carnaval en conjunto con Acia, de la que ya hablamos, con varios eventos que organizamos entre todos”.
O edil socialista explicou que “la Acia organiza el concierto de los dj´s Danny Romero y Dasoul, además de Marango, el sábado 25 en la praza do Concello. El Concello pondrá la actuación del domingo de la Orquesta Nueva...
leer másAciam e Concello homenaxearán o vindeiro sábado, día 11, a Josefa Guerreiro Álvarez, a Telmo Mariño Martínez e a Antonio Rey Álvarez. Será no transcurso da inauguración de feira multisectorial Agora Xove, que se desenvolverá a vindeira fin de semana.
A feira arrincará coa inauguración a cargo de Roberto Vilar, actor e presentador da TVG, os empresarios homenaxeados pola súa antigüidade en empresas familiares que continúan na actualidade coa súa actividade, o alcalde xovense, Demetrio Salgueiro e o presidente da Aciam, Juan Carlos López. A organización de Agora Xove destaca de Josefa Guerreiro Álvarez “por ser a muller con máis anos de dedicación na súa empresa familiar, Panadería Casariego Guerreiro”, de Telmo Mariño Martínez “por ser o fundador de máis idade da súa empresa familiar, Motos Telmo” e de Antonio Rey Álvarez “por ser o fundador da empresa...
O Goberno local de Mondoñedo presentou o cartel anunciador do Entroido 2017, que se celebrará o 4 de marzo. A artista da localidade, Irma Loureiro, foi a encargada de deseñar unha obra que inclúe elementos representativos da localidade, como son o rosetón ou unha torre da Catedral, así como a coroa do escudo.
O edil de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García, puxo en valor a necesidade de promocionar “os nosos artistas locais e contribuír a que todos o coñezan, de aí que optamos por encargar o deseño do cartel á pintora mindoniense”. Así, García quixo agradecer o “gran traballo” da artista, quen, de xeito anual, tamén é a encargada de deseñar as bases para a creación das alfombras florais que se confeccionan para Corpus. Ademais, Irma Loureiro expuxo por primeira vez a súa obra no Porriño, en Mondoñedo, “acadando un...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Igualdade, organiza diversos actos con motivo do Día Internacional da Muller, que ten lugar cada 8 de marzo. Como coincide en mércores, a maioría das actividades terán lugar o sábado 11 de marzo, tal e como se acordou na reunión que mantivo esta tarde a concelleira delegada de Igualdade Pilar Armada, coas diferentes asociacións de mulleres do municipio, que colaboran: Asociación de Mulleres de San Cibrao, Amas de Casa Alborada, Mulleres Rurais As Espalladoras, e Mulleres en Igualdade.
Armada recordou “que sempre estamos abertos a escoitar tódalas ideas e propostas que nos queiran facer chegar, e neste caso, entre o Concello e as diferentes asociacións, conseguimos perfilar e consensuar un intenso programa co que pretendemos chegar a tódalas mulleres de Cervo, protagonistas de xeito simbólico...
leer másAs concelleiras delegadas de Turismo e Cultura do Concello de Cervo, Manuela Méndez e Dolores García, acompañadas de membros da comisión de festas da Candelaria, presentaron esta mañá no consistorio o cartel da programación desta celebración que comeza mañá na parroquia de Rúa.
Deste xeito, dende o Concello convidan a todo o mundo a asistir a esta festa na honra á Virxe da Candelaria que se prolonga dende mañá ata o domingo, cun programa repleto de actos.
Neste senso, recordan que “estamos sempre a disposición de tódolos veciños e asociacións que precisan da colaboración deste Concello, como facemos neste caso coa Candelaria, porque “creemos que as festas patronais son historia viva do noso pobo e consideramos fundamental manter ese espírito, que sobrevive ano tras ano grazas ao laborioso traballo que fan dende...
leer másO concelleiro de Cultura, José Díaz, fixo unha valoración positiva da xuntanza celebrada onte á noite no Concello con asistencia de representantes da Acia local e de asociacións burelesas para perfilar e ultimar a programación do Entroido que se desenvolverá desde o 24 de febreiro ata o mércores de cinza. Haberá actividades infantís, verbena, importantes premios e o desfile que se traslada ao domingo, 26 de febreiro. Será festivo en Burela este ano o luns, día 27. A maior parte da programación terá coma escenario a grande carpa que se instalará na praza do Concello, e que é outra das novidades deste ano.
O edil socialista contou que “tuvimos una reunión aquí, en el Concello, a la que asistimos tanto componentes de la propia Delegación de Cultura como de Acia Burela y de otras asociaciones que se acercaron para participar en los actos que...
leer más