Eventos

Etiquetas:
29/08/2024

Foz celebra a XII Festa Normanda de Recuperación da Memoria Histórica os días 29, 30 e 31 de agosto e o 1 de setembro.

O xoves, 29 de agosto, ás 19:00 horas dará comezo a festa coa apertura do Mercado Normando, onde os asistentes poderán mergullarse na época medieval e gozar dos produtos típicos da feira. Ás 21:00 horas, o grupo Rimo Crouleiro encargarase de animar o pasarrúas polo mercado.

O venres, 30 de agosto, a xornada arranca ás 12:00 horas coa inauguración do Campamento Normando no Paseo da Ribeira. Durante o día, diferentes agrupacións como Lipsala, Gaica Escola de Modo e Combates Normandos amenizarán o mercado con diversas actuacións e música. Ás 20:00 horas terá lugar o pregón oficial a cargo de Roberto Gómez Ledo na área recreativa Bispo Santo, seguido dunha representación teatral da Lenda de San...

leer más
Etiquetas:
29/08/2024

Grove, en Mondoñedo, acollerá o 21 de setembro a festa na honra da Virxe de Guadalupe.

A celebración comezará ás 13:00 horas cunha misa solemne, seguida dun vermú a partir das 14:15 horas, amenizado polo Dúo EPO-K. A animación musical continuará durante a sobremesa e na noite coa actuación do Dúo Musical BPO-K e o Dúo EPO-K.

Os asistentes poderán gozar dun xantar popular baixo carpa, servido por Chao de Brea, cun menú que inclúe empanada con cecina, lagostinos, costela asada con patacas, postre (milfollas e tarta xeada), café, chupito e viños (Rioja crianza e Albariño). O prezo do menú é de 40 euros, e as reservas poderán realizarse ata o 19 de setembro chamando aos números de teléfono 606 502 722 ou 686 991 050.

A xornada estará cargada de animación musical, con Dúo EPO-K e Puzzle,...

leer más
Etiquetas:
28/08/2024

A parroquia de Xunqueira (Viveiro) celebrará as Festas na honra a Nosa Señora de Valdeflores no mes de setembro.

As celebracións comezarán o venres 6 de setembro cunha misa solemne ás 19.30 horas, seguida dunha gran verbena amenizada pola Disco Móbil Conxuro.

O sábado 7 de setembro a xornada comezará coa sesión vermú a cargo de Vivarium. Ás 19.30 horas haberá outra misa solemne, e a continuación, Vivarium animará a verbena, seguida do grupo Maracaibo.

O domingo 8 de setembro será un día especialmente festivo, coa misa solemne e a procesión ás 11.45 horas acompañadas pola Banda Naval e a Banda Misericordia. A festa continuará cunha longa sesión vermú animada polo Dúo Cerbatana. Ademais, a partir das 13.00 horas repartiranse callos ao prezo de 7 euros por ración.

Etiquetas:
28/08/2024

A Asociación de Veciños de Santiago de Adelán, en colaboración coa Deputación de Lugo e do Concello de Alfoz, organiza as Festas na honra de San Ramón os días 31 de agosto e 1 de setembro de 2024.

O sábado, 31 de agosto, as celebracións comezarán ás 13.00 horas cunha misa solemne, seguida da tradicional procesión. A continuación haberá sesión vermú amenizada polo Dúo Sensación. Ás 14.30 horas terá lugar a comida popular, e pola noite, a verbena contará co Dúo Sensación e a Disco Móbil Pataquiña para animar a todos os asistentes.

O domingo, 1 de setembro, haberá os actos relixiosos ás 13.00 horas, cunha nova misa solemne, procesión e sesión vermú. Pola noite, ás 21.30 horas a verbena estará amenizada pola Orquestra Escaparate.

 

Etiquetas:
28/08/2024

O Concello de Alfoz anuncia que este sábado, día 31 de agosto, celebrarase de 18 a 20 horas unha festa de fin de tempada na piscina municipal de Alfoz. O evento contará con música e tobogán inchable “para o desfrute da veciñanza”.

“Xunto a esta actividade tamén se dará por finalizado o programa de Ludiverán e as Noites de Campamento 2024, poñendo punto e final ás actividades estivais organizadas polo Concello. Estas actividades foron todo un éxito, como demostra a alta participación e o entusiasmo mostrado por veciñas e veciños en cada unha delas”, explica o Concello de Alfoz.

Ademais o Concello de Alfoz anuncia que a vindeira semana publicarase a oferta de actividades para a apertura do CEIP, que incluirá os programas de Madrugadores, Ocio e Estudo e clases de Inglés polas tardes. Tamén se abrirá a inscrición...

leer más
Etiquetas:
27/08/2024

Cordido, en Foz, celebrará as tradicionais Festas da Peregrina, que terán lugar os días 31 de agosto, 1 e 7 de setembro de 2024.

As festividades comezarán este sábado, 31 de agosto, cunha misa solemne ás 13:30 horas na igrexa parroquial, coa participación do Coro Virxe da Peregrina de Cordido. Despois da misa, terá lugar unha procesión acompañada por un grupo de gaitas. A xornada continuará coa tradicional sesión vermú, a cargo da Orquestra Escaparate, que tamén será a encargada de amenizar a verbena xunto co Grupo Tormenta.

O domingo, 1 de setembro, a celebración prosegue con misa solemne ás 13:30 horas, tamén na igrexa parroquial, coa actuación do Coro Virxe da Peregrina de Cordido. Ao remate da misa, a procesión estará acompañada pola Orquestra Compostela, que tamén será a protagonista da sesión vermú e da...

leer más
27/08/2024

O Club Clásicos Viveiro convoca a todos os amantes dos vehículos clásicos para unha cita o vindeiro 14 de setembro en Viveiro. A partir das 10:00 da mañá, no aparcamento Os Castelos, celebrarase a II Xuntanza de Vehículos Clásicos. Será unha xornada única onde os asistentes poderán gozar de rutas, sesión vermú con animación, comida, sorteos e moita diversión.

As reservas para o xantar pódense realizar chamando aos números 699 249 738 ou 650 652 073, coa data límite de inscrición ata 10 de setembro. Para pechar o día, a partir das 20:30 haberá Festa da Cervexa e da Empanada.

 

27/08/2024

Esgotadas as prazas para a segunda xeoruta en barco ao Fuciño do Porco, que organiza a Mancomunidade de Concellos da Mariña ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística. Esta viaxe terá lugar o 21 de setembro. 

A primeira foi o pasado domingo, 25 de agosto. Os participantes puideron embarcarse nunha lancha a través da ría de Viveiro ata este peculiar lugar, pasando por fermosas praias e cantís. Esta nova xeoruta permitiu coñecer dun xeito diferente a xeoloxía da ría de Viveiro; en especial, puideron observar a gran diferenza de rochas entre ambas marxes, así como a orixe da ría en relación coa falla de Viveiro.

As persoas que puideron gozar desta espectacular xeoruta chegaron procedentes de Madrid, Ribadeo, Foz, Mondoñedo e O Vicedo.  

Aínda quedan prazas libres para as outras actividades...

leer más
Etiquetas:
27/08/2024

A Delegación de Deportes do Concello do Valadouro organiza unha festa para clausurar a tempada de verán da piscina municipal. Será este sábado, 31 de agosto de 16:00 a 18:00 horas con entrada libre.

No evento os participantes poderán gozar de tobogán acuático e de animación musical con DJ.

27/08/2024

O Concello de Trabada celebra o verán cunha festa acuática con inchables, que terá lugar, un ano máis, na ría de Abres. Será este sábado, día 31 de agosto, entre as 15:00 e as 18:00 horas.

O Concello de Trabada explica que é “unha actividade para todos os públicos que está enmarcada na celebración da xira campestre organizada ese mesmo día pola Comisión de Festas de Santiago de Abres”.