Eventos
Burela acollerá ao longo dos meses de xullo e agosto numerosas actividades deportivas e de lecer dirixidas á rapazada e a toda a veciñanza do municipio.
O martes día 1 de xullo a Delegación de Deportes do Concello porá en marcha o programa Verán Burela 2025, que se desenvolverá ata o 29 de agosto. “Esta iniciativa ofrecerá diferentes propostas ao longo da semana, como xogos na praia os luns, rutas de sendeirismo os martes, iniciación ao surf os martes e mércores, rutas en bicicleta os mércores, happy dance os xoves e iniciación ao baloncesto os venres”, anuncia o Concello de Burela. As inscricións para participar neste programa poderán realizarse na Casa da Xuventude entre o 24 e o 26 de xuño cun prezo de oito euros por actividade e ao mes.
Dende a Concellería de Deportes tamén indican que “ao longo do...
leer másO lugar da Senra, no concello de Cervo, celebrará as súas festas na honra á Virxe do Carme e San Pedro este sábado, día 28 de xuño.
A cita foi presentada pola rexedora municipal, Dolores García Caramés; polo edil de Zona Rural, Adrián Arias; e por membros da Asociación Cultural e Recreativa O Raxal, como entidade organizadora.
A programación para o sábado 28 de xuño será a seguinte: haberá misa na honra de San Pedro e a Virxe do Carme ás 13:00 horas, cantada polo Coro Parroquial de Cervo, seguida de procesión con Fol do Raxal. A continuación o grupo Mar de Arousa amenizará a sesión vermú. Á noite haberá verbena co grupo Mar de Arousa e a Disco Móbil Conxuro a partir das 22:30 horas.
O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a participar activamente nesta festa, que “ademais marca o...
leer másAs asociacións Barrio dos Muíños e O Pasatempo organizan en Mondoñedo o Folión de San Xoán dos Muíños para o luns 23 de xuño.
A partir das 17:30 horas haberá inchables e música con Puzzle Animación. E desde as 20 horas poñeranse á venda torrezmos, chourizos, pan, viño, cervexa e auga. Posteriormente acenderase o folión.
A parroquia de Covas, no concello de Viveiro, celebrará as festas na honra a San Xoán Bautista desde o luns 23 ata o xoves 26 de xuño.
As actividades comezarán o luns cunha verbena amenizada polas orquestras Los Españoles e Los Satélites. Ademais ás 12 da noite acenderase unha gran lumeirada.
O martes ás 11 horas haberá pasacalles a cargo da Escola de Gaitas Cacharela de Covas; ás 13 horas celebrarase misa solemne e procesión coa Banda da Misericordia, polo programa Tradigalu, da Deputación de Lugo; e a continuación haberá sesión vermú coa orquestra Salsarena, que tamén amenizará a verbena xunto a Fania Blanco Show.
O mércores ás 11 horas haberá pasacalles do grupo Non cho digo e a Escola de Gaitas Cacharela de Covas; ás 14 horas, sesión vermú coa orquestra Miramar; ás 20 horas,...
leer másO Concello da Pontenova anuncia que a piscina municipal reabrirá para a tempada deste verán o día 26 de xuño, xoves, ás 13:00 horas.
A instalación estará aberta todos os días, de luns a domingo, de 13:00 a 21:00 horas.
A Pontenova fará unha fogueira de San Xoán con concurso de tortillas. Será no Forno de Boulloso o día 23 de xuño, luns.
As actividades comezarán ás 20:30 horas co concurso de tortillas. Os organizadores, que son o Concello e o CIT da Pontenova, explican que “entre tódalas tortillas que se presenten un xurado popular elixirá as tres mellores”. Os premios son unha cea para dúas persoas no Lar de Balbina, San Briz e Sidrería A Mina.
Ás 21:00 horas degustaranse as tortillas presentadas e tamén chourizos á grella, torrezos e pan.
Haberá servizo de bar e música a cargo da asociación A Chocolateira e DJ Bombardero.
A parroquia ribadense de Ove celebrará as festas na honra a San Xoán os días 23 e 24 de xuño, luns e martes.
As actividades comezarán o luns 23 ás 20:30 horas con sardiñada e pancetada con viños gratis. E desde as 22:00 horas haberá festa e verbena coa orquestra Costa Dorada e Disco Móvil Conxuro. Ademais acenderase a tradicional fogueira de San Xoán.
E o martes 24 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión, acompañada polo grupo de gaitas Illa Pancha. A sesión vermú estará amenizada pola Disco Móvil Conxuro.
A organización anuncia que haberá servizo de bar, amplo aparcamento e o campo da festa estará cuberto con carpa.
A parroquia de Alaxe, no concello do Valadouro, celebrará a festa na honra a San Xoán este domingo, día 22 de xuño.
As actividades comezarán ás 13:00 horas coa misa e a procesión, seguidamente empezará a sesión vermú amenizada polo acordeonista Adrián Fernández. A partir das 14:30 horas haberá unha comida popular e desde as 19:30 horas actuará a orquestra Metrópolis e a continuación Pili Pampín y su banda.
O recinto da festa está cuberto con carpa.
O Concello de Burela, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), organiza este ano unha nova edición do ciclo “Burela con Orgullo 2025”, con tres actos culturais centrados navisibilización da diversidade sexual e de xénero.
As actividades desenvolveranse entre o 25 de xuño e o 10 de xullo no Salón de Plenos do Concello, con entrada libre ata completar aforo.
A programación abrirase o mércores 25 de xuño ás 19:30 horas coa proxección do documental “Persoas S.A.”, seguida dun coloquio no que participarán a directora do filme, Carmen Granxeiro; a produtora e presidenta da Asociación Arelas, Cristina Palacios; e unha das protagonistas, Sara Covas Palacios.
O ciclo continuará o mércores 2 de xullo á mesma hora coa proxección do documental “A noite irisada”, e pecharase o xoves 10 de...
leer másA asociación cultural Ao Compás do Río Ouro organiza unha sardiñada en Ferreira do Valadouro. Será este sábado, día 21 de xuño, a partir das 21:30 horas na explanada diante do matadoiro, ao carón do parque.
“O sábado 21 de xuño a partir das nove e media da tarde faremos unha sardiñada gratis para tódolos veciños do Val para celebrar o San Xoán. Haberá empanada de bonito, sardiñas, patacas, pan, viño, auga,… E, como somos moito da música e pasalo ben, tamén haberá música co DJ Conxuro. Contamos con carpa, mesas e sillas,… E ,como non, tamén faremos unha fogueira para protexernos dos malos espíritos”, anuncia o colectivo organizador.