Eventos

19/06/2025

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo anuncia que a tempada de rapas en Galiza abrirase o domingo 29 de xuño coa celebración da Rapa das Bestas do Campo do Oso (Mondoñedo), que este ano se realizará nun curro novo.

O deputado de Rural, Daniel García, acompañado polas gandeiras e gandeiros que  organizan a rapa e polo concelleiro de Mondoñedo Eloi Cabanas, visitaron este novo recinto construído pola Asociación Cultural Rapa das Bestas Campo do Oso con financiamento da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que achegou 10.000 euros. Trátase dun recinto de 40 metros lineais de perímetro, realizado con postes de madeira tratada, que substituirá o antigo curro, vandalizado en 2024, e ao emprazamento provisional no que se celebrou a edición do ano pasado.

Daniel García destacou “a tenacidade das gandeiras e gandeiros...

leer más
Etiquetas:
19/06/2025

O Vicedo celebrará as festas na honra a Nosa Señora do Carme os días 21, 22 e 23 de xuño.

As actividades comezarán este sábado, día 21, ás 12:00 horas, con misa solemne na igrexa parroquial. A continuación farase unha procesión coa imaxe da Virxe do Carme ata o campo da festa acompañada pola Banda Naval de Viveiro. Ás 14:00 horas haberá sesión vermú a cargo do grupo Galaxia, que tamén actuará na verbena, a partir das 22:00 horas, xunto á orquestra Miramar.

O domingo 22 ás 12:00 horas celebrarase misa solemne no campo da festa e a continuación farase a tradicional procesión marítima con ofrenda floral polos náufragos e mariñeiros defuntos. Ás 14:00 horas empezará unha sesión Vermú a cargo da orquestra Fuego, que tamén amenizará a verbena, a partir das 21:30 horas, xunto ao dúo D’Caché.

E o...

leer más
18/06/2025

Os establecementos asociados a Acisa repartirán 160.000 rifas entre o 20 de xuño e o 13 de xullo, xornada na que terá lugar o sorteo dunha viaxe a México no marco do X Ribadeo Indiano. Será ao remate do concerto que Los Van Van ofrecerán na rúa San Roque.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “dende Acisa quixemos poñer os máximos recursos posibles a disposición dos nosos socios e socias para contribuír a facer o mellor Ribadeo Indiano posible e deste xeito dinamizar a economía local. E por iso neste 2025 volve o sorteo dunha viaxe para dúas persoas. Pero chega cunha novidade, xa que este ano o destino será México. Somos conscientes do éxito que tivo esta iniciativa nas edicións pasadas e consideramos que non podía faltar este ano, pero queriamos darlle un impulso. Será a quinta vez que desde Acisa enviemos ás Américas a unha...

leer más
18/06/2025

Os Concellos de Alfoz e O Valadouro organizan unha excursión ás instalacións do Laberinto de Rinlo, no concello de Ribadeo, para o día 27 de xuño, venres.

É unha actividade para nenos e nenas de 6 a 12 anos de idade. As prazas son limitadas (por orde de inscrición) e o prazo para anotarse remata o 23 de xuño.

Etiquetas:
18/06/2025

Trasbar, no concello de Cervo, celebrará o San Xoán este sábado, día 21 de xuño.

As actividades, organizadas pola Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, comezarán ás 19:30 horas con xogos tradicionais. E a partir das 22:30 horas actuará DJ OVO.

Haberá panceta, chourizos e queimada.

Etiquetas:
18/06/2025

A asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha excursión a Ceuta do 26 ao 29 de setembro para participar na 51 ª Reunión Marcha Anual de Deportistas con Veteranía. A saída desde Foz será o venres 26 ás 03:40 horas e ás 03:55 horas desde Ferreira do Valadouro.

“Participaremos en las dos rutas organizadas, además de las visitas culturales. Las rutas son para los federados, los no federados tienen visitas culturales. Nos alojaremos en el Parador de Turismo de Ceuta”, explica la asociación Os Sendeiros.

O prazo para anotarse remata este venres, día 20 de xuño, e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.

17/06/2025

O Concello de Cervo anima a veciñanza e visitantes a participar na tradicional Festa de San Xoán de A Rebolaxe, que se celebrará o luns 23 de xuño, no aparcamento do estanco da Praia do Torno, en San Ciprián, a partir das 19:30 horas.

“A festa dará comezo coa actuación dos gaiteiros de Saíñas, de Xove, que animarán a primeira parte da celebración. Tamén haberá bocadillos de panceta, chourizo e salchicha á venta para as persoas asistentes. A partir das 21:00 horas terá lugar o concerto de David y Leo e ás 23:00 horas prenderase a tradicional fogueira de San Xoán, un dos momentos máis esperados da noite”, anuncia o Concello de Cervo.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, destaca “a importancia destas celebracións populares e o traballo e a implicación do grupo A Rebolaxe, que un ano máis organiza esta festa con moito...

leer más
17/06/2025

A parroquia de Rececende, no concello da Pontenova, celebrará as festas na honra a San Xoán os días 20, 21 e 24 de xuño.

As actividades comezarán o venres 20 a partir das 22:00 horas cunha churrascada popular e seguidamente haberá verbena a cargo do dúo La hora bruja

O sábado 21 ás 13'00 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión e sesión vermú coa orquestra Dinastía, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo de música folk Asubíos da Chaira.

E o día 24 de xuño, martes, ás 13:30 horas haberá misa na honra a San Xoán.

Etiquetas:
16/06/2025

O concello de Cervo acollerá este sábado, 21 de xuño, a XVI Festa de Exaltación da Carne do Porco na Praza do Souto e tamén nos diferentes locais de hostalería de Cervo e Sargadelos.

A rexedora, Dolores García Caramés, xunto con representantes da A.C. Airiños do Xunco, presentaron o evento na Praza do Souto, que organiza este colectivo coa colaboración do Concello de Cervo.

Ese día, desde o mediodía a hostalería de Cervo e Sargadelos servirá diferentes racións cuxo denominador común será a carne de cocho.

Os locais participantes son: O Caseto de Copa, O Almacén, A Taberna de Sargadelos e A Sacabeira.

Xa ás 20:00 horas dará comezo a festa de exaltación con racións de costela, chourizo, pan e viño, a un prezo de 7 euros, na Praza do Souto. Ademais sortearase un...

leer más
Etiquetas:
16/06/2025

Rego da Ponte, na parroquia de Bravos (Ourol), celebrará as festas na honra a San Xoán esta fin de semana, sábado 21 e domingo 22 de xuño.

As actividades comezarán o sábado ás 13:00 horas, cando haberá misa solemne e procesión; e a continuación, sesión vermú amenizada polo dúo Caramelo. Ás 15:00 horas empezará o xantar popular e ás 21:00 horas comezará a cea, nas que para participar hai que reservar previamente e o prazo remata o día 17 de xuño. Seguidamente haberá baile cos dúos Caramelo e Soni2.

E o domingo celebrarase a IV Ruta Cabalar, na que para participar hai que reservar previamente e o prazo remata o 18 de xuño. Tamén haberá verbena e baile de tarde co dúo Zafiro.