Eventos
O club de billarda Troitas Bravas, da Pontenova, organiza o III Aberto A Carón da Lúa. Será na Praza dos Fornos o día 5 de xullo, sábado.
As actividades comezarán ás 16:00 horas cun obradoiro de billarda; ás 17:30 horas haberá Xogos Billardeiros e desde as 22:00 horas terá lugar o Aberto A Carón da Lúa.
Pero non só haberá billarda, anuncian os organizadores, porque ás 20:00 horas “no marco do programa Tradigalu, da Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, contaremos ca actuación do Cuarteto Tradicional Illa Pancha. Estes catro artistas agasallarannos co seu mellor repertorio de música tradicional e prometen facernos bailar ata ó esgotamento. Así que, xa sabedes, preparade o voso mellor calzado de baile que imos sacarlle brillo á Praza dos Fornos”. E tamén explican que “@s compañeir@s de A...
leer másA parroquia ribadense de Rinlo celebrará as festas na honra a San Pedro e á Virxe do Carme os días 4 e 5 de xullo, venres e sábado.
As actividades comezarán o venres ás 21:00 horas cunha churrascada que terá lugar nunha carpa cuberta. A continuación haberá festa verbena coa orquestra Salsarena.
E o sábado ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e despois procesión. Ás 14:00 horas empezará a sesión vermú coa orquestra Salsarena e con degustación gratuíta de xamón cocido. Desde as 17:30 horas haberá actos para os nenos con festa da espuma, inchables e outras actividades. E a partir das 22:00 horas a verbena estará amenizada pola orquestra Salsarena e o dúo La Hora Bruja.
Ribadeo renovou a súa páxina web turística, na que está recollida a esencia deste concello e todo o seu legado. Na presentación participaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Turismo, Marta Saiz.
O rexedor contou que “Ribadeo presenta a súa páxina web renovada, onde hai espazo para aqueles iconos que temos en Ribadeo. Un espazo dedicado para As Catedrais: autorizacións das visitas, como chegar, as mareas, as xeorrutas, visitas guiadas. Os consellos que se dan para cando se visita a praia das Catedrais, desde un punto de vista da seguridade, tamén a historia, a xeoloxía, a flora, a fauna e as figuras todas de protección”.
Vega seguiu a relatar: “tamén temos un espazo dedicado ao Ribadeo Indiano. O Ribadeo Indiano, ten tamén o seu propio espazo dentro da páxina web, vaise poder consultar o programa, todo...
leer másDo 29 de xuño ao 6 de xullo terán lugar as antevésperas e as vésperas do X Ribadeo Indiano, que inclúen teatro, música e presentacións de libros.
A concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, anunciou que “a décima edición do Ribadeo Indiano está a punto de comezar. Este domingo, 29 de xuño, ás oito e media da tarde no auditorio municipal teremos a antevéspera. Poderemos gozar da representación teatral Boa sorte, mala fama, coa fantástica compañía Tarabela Creativa”.
A edil ribadense contou que “a fin de semana seguinte teremos tres cousas importantes: o venres 4 de xullo a presentación do libro O rey de los Jíbaros, a cargo do autor Suso Martínez ás oito e media na biblioteca; o sábado 5 de xullo haberá un concerto da Banda Filarmónica de Lugo ás oito e media no auditorio; e o domingo 6 de xullo...
leer másO Concello de Barreiros, de cara a favorecer a conciliación familiar e a participación social da mocidade, pon en marcha o programa +Mocidade Barreiros, unha proposta pensada para a rapazada. O programa está dirixido a crianzas nadas do 01/01/2012 ao 31/12/2009 e desenvolverase en dous períodos: do 14 ao 18 de xullo e do venres 8 ao xoves 14 de agosto.
Os prazos de inscrición estarán abertos desde o luns 30 de xuño ata o 3 de xullo e deberá formalizarse nas oficinas municipais ou a través da sede electrónica do Concello.
Para máis información acerca do programa poden consultarse as bases do mesmo desde a web municipal:...
leer másO Concello de Alfoz arrinca un verán cargado de propostas lúdicas, culturais e turísticas pensadas para o goce de veciños e visitantes de todas as idades. As actividades, totalmente gratuítas, estanse a desenvolver xa dende o mes de xuño e continuarán ao longo de todo o verán.
O luns 30 de xuño dará comezo unha nova edición do Ludiverán, o programa de conciliación e lecer infantil que se desenvolverá durante os meses de xullo e agosto, con xogos, obradoiros e actividades ao aire libre para os máis pequenos.
O 1 de xullo abrirá as súas portas a Piscina Municipal de Alfoz, “un espazo moi agardado cada tempada estival, perfecto para refrescarse e compartir tempo en familia ou entre amigos”.
Dentro da oferta turística, continúa o programa Polos camiños do Mariscal, cun novo roteiro o...
leer másO Concello de Trabada organiza un Campionato de Balinera o día 19 de xullo, sábado, ás 19:30 horas no campo da festa de Abres.
“Este evento, dirixido a persoas de todas as idades, celebrarase nun ambiente lúdico e seguro. As balineras serán facilitadas pola organización, polo que non é necesario dispoñer dunha propia para participar. O campionato contará con premios para os tres primeiros clasificados: 1º, Carabina GAMO, valorada en 249 euros; 2º, Taladro EINHELL, valorado en 213 euros; e 3º, maletín de chaves IRIMO, valorado en 99 euros”, anuncia o Concello de Trabada.
A inscrición é gratuíta e pode realizarse previamente nas oficinas municipais ou no teléfono 982.135.011 ata o 15 de xullo, aínda que tamén será posible anotarse o mesmo día do evento.
O alcalde de Trabada, Rubén García,...
leer másO equipo de fútbol Rayo Ribadeo Veteranos organiza a primeira edición de A Troula Rayista, unha festa aberta a toda a veciñanza e visitantes que se celebrará no parque de San Francisco, de Ribadeo, durante os días 27, 28 e 29 de xuño. A proposta combina gastronomía, música, artesanía, actividades infantís e solidariedade, nun ambiente festivo e familiar.
O evento arrancará este venres 27 ás 19:00 horas, continuará o sábado durante todo o día ata a 1:00 da madrugada, e rematará o domingo 29 ás 17:00 horas.
Durante os tres días haberá: foodtrucks variadas, con opcións como comida mexicana, patacas asadas e moito máis; mercado artesán, con postos de produtos locais; bar, tetería e coctelería, con diferentes propostas para todas as idades; actividades infantís, con inchables e espectáculo do Mago Charly (...
leer másDo 29 de xuño ao 12 de outubro terá lugar unha nova edición do Mercado dos Domingos en Ribadeo.
A concelleira de Comercio e Promoción Económica, Marta Saiz, explicou que “como cada tempada, coa chegada do verán, retomamos o Mercado dos Domingos, que dará comezo o próximo día 29 na contorna da Praza de Abastos. Trátase dun mercado no que atoparemos produtos da nosa horta, poñendo en valor a economía máis próxima e potenciando o consumo dos produtos de tempada”.
O alcalde, Dani Vega, aludiu á importancia de atopar relevo xeracional na agricultura: “todas as administracións debemos xuntarnos para que moita mocidade observe que ser agricultor tamén pode ser un medio de vida”. O rexedor subliñou que “o Mercado dos Domingos é un axente dinamizador, que axuda e impulsa a economía local e tamén o comercio da vila”....
leer másA asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza a celebración do San Pedro, que terá lugar no Pavillón Municipal este sábado, día 28 de Xuño.
“Comezaremos as 20:30 horas e contaremos coa actuación do grupo A Subela, de Foz, que nos deleitarán coa nosa fermosa música tradicional. Pasaremos unhas horas de ledicia, con boa música e boa comida”, anuncia a asociación O Picato.