Casa da Cultura

04/12/2025

O grupo teatral Os pícaros de Lagoa representará a obra Estes vellos saben moito… ou non no Valadouro este sábado, día 6 de decembro. Será na Casa da Cultura ás 19:00 horas, dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado organizado pola Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A sinopse é a seguinte: “Un asilo calquera, uns vellos con moito xenio. De súpeto a dona morre en estrañas circunstancias, ao parecer envelenada. Todos tiveron contacto cun café sospeitoso. Un sarxento da Garda Civil e o seu aprendiz (un pouco torpe) investigan o posible asasinato”.

28/11/2025

O Concello de Burela anuncia a programación da Casa da Cultura ata final de ano, que comezará este sábado, 29 de novembro, ás 20:00 horas co musical tributo a Queen e Michael Jackson titulado Leyendas. Ademais deste musical de Diverfest eventos, apto para todos os públicos, haberá representacións teatrais, concertos, espectáculos humorísticos e moito máis ata o día 30 de decembro.

A concelleira de Cultura, Lina Gómez, sinala que “a programación cultural deste mes de decembro recolle a esencia do que queremos para Burela: variedade, calidade e propostas pensadas para todas as idades. Rematamos o ano cun calendario que combina teatro, música, danza e actividades para o público infantil, ofrecendo opcións para desfrutar en familia e tamén para o público adulto”.

Gómez subliña que “dende o musical tributo...

leer más
10/07/2025

Na Sala de Exposicións da Casa da Cultura de San Ciprián (Cervo) foi inaugurada este pasado, mércores, unha mostra cos traballos realizados durante todo o curso polas persoas participantes nos talleres de Arruguiñas. No acto participou a alcaldesa cervense, Dolores García Caramés; a concelleira Mali Méndez; a directora técnico xeral da asociación Saúde Mental A Mariña, María José Novoa; e unha representación da familia deste colectivo e tamén numerosos/as alumnos/as dos talleres de Arruguiñas.

A alcaldesa afondou en que “foi un momento moi especial para compartir a creatividade, o esforzo e a ilusión de todas e todos os que fixeron posible estes proxectos e queremos darlles a nosa máis sincera noraboa polo resultado tan coidado e cheo de personalidade que agora comparten xenerosamente con todos nós na Casa da Cultura”.

... leer más
24/04/2025

O Concello do Vicedo celebrará o Día do Libro cun evento que terá lugar o vindeiro mércores, día 30 de abril, ás 17 horas na Casa da Cultura. Trátase dunha actividade de animación á lectura pertencente ao programa Ler conta moito, da Xunta de Galicia, xunto co Concello de O Vicedo. O espectáculo chámase Historias fabulosas coa maxia, a cargo da compañía 2 Minds Combined.

A entrada é gratuíta.

 

11/04/2025

Este sábado, día 12 de abril, ás 18:00 horas chega á Casa da Cultura de Burela a obra de teatro familiar titulada Facendo o indio, de Galitoon Muppets á Casa da Cultura de Burela.

O Concello de Burela anuncia que é “un espectáculo cheo de humor, música, maxia e moitas aventuras que nos fará viaxar ao salvaxe oeste sen saír da butaca”.

O prezo da entrada é 3 euros.

01/03/2025

Teatro dos Ghazafelhos presentará na Casa de Cultura de Burela a obra titulada As pitas baixo a choiva. Será o día 8 de marzo, sábado, ás 18:00 horas.

É o peza teatral para público familiar de Pepablo Patinho baseada nun relato de Ricardo Carvalho Calero.

O prezo da entrada é de 3 euros.

07/01/2025

As cancións serán protagonistas no salón de actos da Casa da Cultura da Pontenova este sábado, día 11 de xaneiro, a partir das 20:00 horas, co playback que se celebra tradicionalmente por estas datas nesta localidade.

Esta actividade, organizada polo Concello da Pontenova, conta habitualmente con moita participación e congrega a numeroso público.

 

27/12/2024

A Pontenova acollerá este domingo, día 29 de decembro, unha representación da súa Escola Municipal de Teatro, que ofrecerá a obra titulada Como está o mercado!

Será ás 19:00 horas no salón de actos da Casa da Cultura.

24/12/2024

O Concello de Valadouro organiza a proxección da película "Teddy, la Magia de la Navidad" este venres, día 27 de decembro, ás 17:30 horas, na Casa da Cultura. É unha actividade para público infantil e familiar.

O argumento da película é: “a paz do Nadal cae sobre o pequeno pobo, pero no mercado hai unha actividade frenética. Mariann descobre un oso de peluche no estante superior. Está vivo? Mariann debe conseguir o peluche como sexa...”.

19/11/2024

Trabada acollerá a proxección da película '20.000 especies de abejas' como parte das actividades para conmemorar o 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres. Esta actividade terá lugar na Casa da Cultura de Trabada ás 18:00 horas do domingo 24 de novembro.

Este filme está dirixido por Estibaliz Urresola Solaguren e foi lanzado en 2023.

O alcalde, Rubén García, sinala que “é fundamental seguir loitando contra a violencia machista en todas as súas manifestacións, para así lograr por fin erradicala da nosa sociedade. A cultura e a educación xogan un papel fundamental nesta loita para sensibilizar á poboación sobre a súa importancia polo que seguiremos impulsando actividades como esta para remar nesa dirección”.