Deportes
O concelleiro de Deportes, Ramiro Fernández, mantivo no día de hoxe unha xuntanza na Deputación Provincial de Lugo co responsable da Área de Deportes, Pablo Rivera. A ese encontro tamén asistiu o presidente do club ciclista Cerezo Bikes, Jaime Seijas, para falar da I Ruta de Enduro Monte Castelo, que se vai celebrar na localidade os días 27 e 28 de maio.
Fernández Rey explicou que “o obxectivo da reunión foi trasladarlle ao responsable provincial a celebración deste evento, que está auspiciado pola Federación Galega de Ciclismo e que será puntuable para o campionato da modalidade. Tamén quixemos ver a posibilidade que dende a Deputación de Lugo se apoiase a celebración deste evento. A reunión tivo un resultado moi positivo e a institución provincial vai valorar a organización desta proba por parte do Club Cerezo Bikes de cara ás achegas...
leer másSatisfacción no Concello pola designación de Burela como unha das tres sedes do Campionato de España de Baloncesto de Clubs na categoría Junior Femenina. Viveiro, San Ciprián e Burela acollerán este nacional entre os días 7 e 13 maio. O concelleiro de Deportes e Turismo, Ramiro Fernández Rey, subliña a repercusión económica que terá para Burela a celebración deste evento deportivo.
O edil burelés dixo: “esta é unha noticia estupenda para Burela. Estamos diante dun campionato de baloncesto de nivel moi alto, que pensamos que terá unha repercusión económica moi importante no noso pobo. Estamos a falar dunhas 500 persoas entre xogadoras e corpos técnicos e mais os seus acompañantes, en total unhas 1.500 persoas se moverán eses días por esta zona. Agardamos para eses días unha ocupación hoteleira do 100% e o sector hostaleiro e da...
leer másCervo acollerá a VIII Ruta de Enduro Medela MTB o 5 de marzo. O percorrido será duns 35 quilómetros.
O Concello de Cervo, acolleu a presentación da VIII edición da Ruta de Enduro Medela MTB, que terá lugar o vindeiro domingo 5 de marzo.
No acto estiveron presentes o edil delegado de Deportes, José Ramón Soto, ademais de varios membros do Club Medela; o Presidente, David Riera, Abel Ordás e Víctor Riera; que sinalaron que “a proba comezará ás 9:30 horas, nas inmediacións da piscina de Lieiro, en San Cibrao, realizando, primeiramente, un percorrido non competitivo por varias zonas do municipio, concretamente por Lieiro, a zona do Faro, Galdin e Gondrás”.
A continuación, os participantes porán rumbo ao Monte Medela. Riera sinalou que “levamos moitos meses traballando xa na posta a punto dos camiños, e preparando tramos especiais de enduro, para o día da competición”.
A proba, de dificultade media-alta, será...
A asociación de sendeirismo Terras de Lourenzá organiza unha andaina por Taramundi o 18 de febreiro.
Trátase da Ruta da Auga (PR-AS17) cun percorrido circular que dará a oportunidade de visitar conxuntos etnográficos, pequenas aldeas restauradas e ata unha fervenza agochada entre árbores autóctonas. Ten unha distancia de 14 quilómetros cunha dificultade media-baixa. Os organizadores recomendan levar botas, bastóns e chubasqueiro.
A saída será ás 8:00 horas do Cantón de Vilanova e o xantar será no Restaurante Casa Paulino de Taramundi.
As inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do xoves 16 de febreiro, por correo electrónico en terraslourenza@gmail.com, ou por teléfono no 647 06 70 54 (Javier) e no 686 77 11 13 (Emilio Celeirao). Os...
leer másRibadeo acollerá a segunda edición da Heroican Race o vindeiro 7 de maio. O evento, que organiza o Grupo Serviocio/BeOne co que colabora o Concello, foi presentado esta tarde.
Na súa intervención o concelleiro de Deportes, David Rivas, sinalou que “despois do éxito que tivo o ano pasado a primeira edición, desde o Concello sentimos a satisfacción de presentar hoxe esta 2ª Heroican Race, unha carreira que o ano pasado xuntou en Ribadeo a máis de 1000 persoas entre participantes e acompañantes e que dinamizou enormemente a vida da vila”.
O edil nacionalista manifestou: “desexamos firmemente que este evento manteña unha continuidade no tempo, se asente e que se converta nunha cita ineludible para todas as persoas afeccionadas a este tipo de carreiras. Estamos convencidos de que vai ser un novo éxito de participación...
leer másA ría de Foz será escenario esta fin de semana, os días 11 e 12 de febreiro, do 1º Premio Centro Comercial Aberto de Windsurf. Trátase dunha proba clasificatoria para o Campionato de España de Windsurf nas modalidades de Formula Windsurf, Raceboard e Techno 293. Da regata sairán seleccionados os representantes galegos na Copa de España que se celebrará en Alicante en marzo.
O alcalde focense, Javier Jorge Castiñeira, relatou que “vimos de participar na presentación da regata de windsurf que organiza o Club Náutico de Foz coa colaboración do Centro Comercial Aberto, o propio Concello e a Federación Galega de Vela. A nivel autonómico é unha competición importante onde xa veremos un nivel bo e de onde sairán os representantes de Galicia para o campionato nacional”.
O rexedor dixo que “para o Concello de Foz ten un...
leer másA asociación deportiva de sendeirismo Pasada das Cabras de Burela organiza o sábado, 11 de febreiro, a 2ª etapa do Camiño do Cantábrico entre Ribadeo e Rinlo.
A etapa ten 11 quilómetros de lonxitude e a saída será ás 9:00 horas da Estación de Autobuses de Burela.
O prezo é de 20 euros para os socios e 25 para os que non o son, e inclúe autobús, comida e seguro.
Os interesados en participar teñen que anotarse en Gráficas Arfe ou no número de teléfono 982 580 504, antes do xoves 9 de febreiro ás 20:00 horas.
Esta actividade organizada pola asociación Pasada das Cabras, que conta co patrocinio do Concello de Burela.